Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 28 de setembro de 1998 Páx. 10.733

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 1998 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 10 de setembro de 1998, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

O artigo 6 da Orde do 2 de maio de 1989 (DOG do 11 de xullo) establece que o xerente dos centros residenciais docentes deberá ser designado entre funcionarios de carreira dos corpos docentes.

En consecuencia, os ditos postos deben suprimirse na relación de postos de traballo da Administración da Xunta de Galicia aprobada polo acordo do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 23 de novembro de 1995 (DOG nº 227, do 27 de novembro).

Por todo isto, por proposta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, oídas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal,

ACORDA:

Primeiro.-Aproba-la modificación da vixente relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria nos termos que se sinalan no anexo do presente acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

Consellería de Educación e Ordenación

Universitaria

Na relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 227, do 27 de novembro de 1995, suprímense os seguintes postos:

Persoal funcionario:

-Na páxina 8.736, no centro de destino Centro Residencial Docente (Culleredo) o posto ED.C99.40.801.15300.001-xerente do Centro Residencial Docente.

-Na páxina 8.752, no centro de destino Centro Residencial Docente (Ourense) o posto ED.C99.40.801.32001.001-xerente do Centro Residencial Docente.

-Na páxina 8.765, no centro de destino Centro Residencial Docente (Vigo) o posto ED.C99.40.801.36560.001-xerente do Centro Residencial Docente.

8682