Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 28 de setembro de 1998 Páx. 10.733

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 5 de setembro de 1998 pola que se convoca o premio Eugenio Montero Ríos de Investigación Social e o premio para Investigadores Mozos (área de ciencias sociais), correspondentes ós Premios Galicia de Investigación 1998.

Advertido erro na devandita orde, publicada no DOG nº 181 do 17 de setembro de 1998, cómpre efectua-la seguinte rectificación:

-Na páxina 10.407, na base segunda do artigo 2º onde di: «sempre que non transcorresen máis de sete anos desde a presentación da súa tese de doutoramento»; debe dicir: «sempre que non transcorresen máis de seis anos desde a presentación da súa tese de doutoramento».

8669