Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 25 de setembro de 1998 Páx. 10.711

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VALDOVIÑO

ANUNCIO.

De conformidade co establecido no artigo 233.3º da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, faise pública a seguinte:

Resolución do 28 de agosto de 1998, do Concello de Valdoviño (A Coruña), referente á convocatoria para prover tres prazas de administrativo de Administración xeral por promoción interna a través de concurso-oposición.

No BOP da Coruña número 196, do 27 de agosto de 1998 publícanse integramente as bases da convocatoria realizada polo Concello de Valdoviño, para a provisión das seguintes prazas:

-Tres administrativos, funcionarios, encadradas na escala de Administración xeral, subescala administrativa, grupo C que se van prover polo sistema de concurso-oposición por promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios relacioandos con esta convocatoria publicaranse unicamente no citado BOP e no taboleiro de anuncios do concello.

Valdoviño, 28 de agosto de 1998.

José Antonio Rodríguez Fernández

Alcalde en funcións

8042