Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 25 de setembro de 1998 Páx. 10.711

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VEREA

EDICTO.

A Comisión de Goberno, en sesión extraordinaria celebrada o día 18 de agosto de 1998, acordou adxudicar definitivamente o contrato das obras que a seguir se relacionan:

Denominación obra; plan; adxudicatario; prezo.

1. Rede de sumidoiros en Portela e Vieiro; Fondo de Cooperación coas Entidades Locais de 1998, nº 384-3 e Plan de Comarcas de Acción Especial de 1998, nº 55/11/1998; Maobral S.L.; 10.200 pesetas IVE incluído e a mellora da obra segundo a proposta formulada polo adxudicatario.

2. Pavimentación pista Laceiras; Fondo de Cooperación coas Entidades Locais de 1998, nº 384-2 e Plan de Comarcas de Acción Especial de 1998, nº 106/11/1998; Excavaciones y Construcciones José Yáñez Sanjuán; 5.000.000 de pesetas IVE incluído e a mellora da obra segundo a proposta formulada polo adxudicatario.

3. Pavimentación e beirarrúas en Carballo; Fondo de Cooperación coas Entidades Locais de 1998, nº 384-1 e Plan Base de 1998, nº 38/1/1998; Excavaciones y Construcciones José Yáñez Sanjuán; 11.500.000 ptas. IVE incluído e a mellora da obra segundo a proposta formulada polo adxudicatario.

4. Pavimentación accesos a Ganzal-Carballo e Orille; Fondo de Cooperación coas Entidades Locais de 1998, nº 384-4; Excavaciones y Construcciones José Yáñez Sanjuán; 3.009.125 pesetas IVE incluído e a mellora da obra segundo a proposta formulada polo adxudicatario.

5. Rede de sumidoiros en Pitelos; Fondo de Cooperación coas Entidades Locais de 1998, nº 384-5; Excavaciones y Construcciones José Yáñez Sanjuán; 5.335.884 pesetas IVE incluído e a mellora da obra segundo a proposta formulada polo adxudicatario.

O que se fai público para lle dar cumprimento ó disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Verea, 20 de agosto de 1998.

O alcalde

Rubricado

8109