Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 25 de setembro de 1998 Páx. 10.710

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

EDICTO.

Aprobado definitivamente polo Pleno da Corporación, en sesión do 28 de xullo de 1998, a modificación puntual nº 7 do Plan Xeral de Ordenación Urbana, coas modificacións que figuran no expediente e que consisten na reclasificación dunha superficie de 27.130 m de solo urbano de núcleo rural (Ordenanza 7 do PXOU) como solo urbano comercial (Ordenanza 16), faise público este de conformidade co establecido no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e cos efectos previstos no artigo 6 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, e na Lei 30/1992.

Tui, 14 de setembro de 1998.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde

8231