Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 25 de setembro de 1998 Páx. 10.710

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (165/1998).

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria do día 23 de xullo de 1998, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Desestima-las alegacións na súa totalidade por non estaren fundadas en dereito.

2. Aprobar definitivamente os proxectos de estatutos, bases de actuación, proxecto de compensación e proxecto de urbanización a accesos a centro comercial de Ourense, na zona 9 do SU-27, por instancia de Aser Óscar Sánchez Ruído, en representación da comisión xestora para o desenvolvemento do equipamento comercial Ponte Vella.

Esta resolución esgota a vía administrativa, polo que é potestativo a interposición do recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción competente no prazo de dous meses, que comezará a partir do día seguinte ó da presente publicación.

Non obstante o recurso indicado, poderá utilizar outros se así crese conveniente.

Este anuncio suple as circunstancias que puidesen concorrer no disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 20 de agosto de 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

8684