Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 25 de setembro de 1998 Páx. 10.709

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-287).

O Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 28 de maio do 1998, acordou aprobar definitivamente o plan especial de reforma interior da U.E. Nº 18, en Perillo.

Contra ese acordo que pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte a aquel en que reciba a presente notificación. De interpoñelo, advírteselle que o artigo 110.3º da lei, require a comunicación previa ó órgano que dictou o acto impugnado. Tamén poderá interpo-lo recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, polo que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no número 2 do mesmo artigo 118. Todo isto,

sen prexuízo do dereito dos interesados a formula-la solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da citada lei.

Oleiros, 20 de agosto do 1998.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

8363