Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 25 de setembro de 1998 Páx. 10.710

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADAVIA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, na súa sesión extraordinaria urxente celebrada o pasado día 14 de setembro de 1998, acordou:

Primeiro.-Aprobar con carácter definitivo o plan parcial do parque empresarial do concello de Ribadavia.

Segundo.-Proceder á publicación da aprobación definitiva no DOG e o texto íntegro da normativa no BOP, en cumprimento do disposto no artigo 48.2ª da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra o acordo que se publica poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso)

no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, logo da comunicación a esta Administración pública.

Ribadavia, 18 de setembro de 1998.

Jaime Dávila Sánchez

Alcalde

8290