Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 25 de setembro de 1998 Páx. 10.708

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FORCAREI

EDICTO de suspensión do procedemento de outorgamento de licencias.

O Pleno do Concello de Forcarei, na sesión do día 6 de agosto de 1998, acordou expoñer ó público o documento do avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal, e na sesión plenaria do día 28 de agosto de 1998 acordou a suspensión do procedemento de outorgamento de licencias en determinados ámbitos do termo municipal. Concretamente a suspensión afecta ás seguintes zonas e rúas do municipio:

-Tódolos ámbitos clasificados como solo apto para urbanizar(SAU).

-Rúa Regueira, desde o centro de servicios sociais ata o límite norte do solo urbano (Forcarei).

-Rúa I (Forcarei).

-Rúa Chano Piñeiro (Forcarei).

-Rúa da Senra (Forcarei).

-Rúa Alfredo González Barros (Soutelo de Montes).

A dita suspensión extinguirase, en todo caso, no prazo dun ano. Se dentro deste prazo se producise o acordo de aprobación inicial, a suspensión manterase para as áreas nas que as novas determinacións de planeamento supoñan modificación da ordenación urbanística, e os seus efectos extinguiranse definitivamente transcorrido un ano desde a adopción do acordo de aprobación inicial. Se esta se produce unha vez transcorrido o prazo do ano, a suspensión derivada desta aprobación inicial terá tamén a duración máxima dun ano.

Forcarei, 1 de setembro de 1998.

David Raposeiras Correa

Alcalde en funcións

8384