Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 25 de setembro de 1998 Páx. 10.708

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

O Plano da Corporación, en sesión celebrada o día 30 de xullo de 1998, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle das NN.SS. de planeamento vixentes en Arteixo, consistentes na definición da rasante das rúas que circundan o cuarteirón situado no solo urbano de Pastoriza, promovido por Manuel Figueiras Vitureira, en representación da razón social Indofi, S.L., e redactado polos arquitectos Fernando Pousada García e Ángel Ligero Martínez-Risco, que queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da aparición do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avda. do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presentando as alegacións que consideren convenientes. (Expediente 18/98. PED).

Arteixo, 24 de agosto de 1998.

Manuel Pose Miñones

Alcalde

8300