Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 25 de setembro de 1998 Páx. 10.709

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEAÑO

ANUNCIO.

Aprobada pola Comisión de Goberno, en sesión do 31 de agosto de 1998, a contratación, mediante concurso por procedemento aberto, da obra de pavimentación de camiños en Paradela e outros, incluída no Programa de Acción Municipal 1998/1999, polo presente anuncio faise pública a súa convocatoria de licitación.

Obxecto: adxudicación da obra de pavimentación de camiños en Paradela e outros. Prazo de execución: tres meses desde a data de formalización do contrato. Tipo de licitación: 8.000.000 de pesetas, IVE incluído. Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría a. Garantías: provisoria: 160.000 pesetas. Definitiva: 320.000 pesetas. Entidade adxudicataria: Concello de Meaño. Tramitación ordinaria, procedemento aberto. Forma: concurso. Obtención de documentación e información: Concello de Meaño (As Covas, nº 20, Meaño), C.P. 36968. Teléfono: 986 74 71 02. Presentación de proposicións: lugar e prazo: no rexistro xeral do concello, en horario de 9 a 14 horas, no prazo de 26 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP. Documentación: a esixida na cláusula 9 e seguindo as formalidades deste. Apertura de proposicións: ás 13 horas do martes, xoves ou venres inmediatamente seguintes ó da data de remate de presentación de proposicións. Modelo de

proposición: Don/Dona..., maior de idade, con domicilio en ..., con DNI nº..., en nome propio ou en representación de..., conforme acredito, informado/a do concurso tramitado para adxudicar, mediante procedemento aberto, a obra:..., comprométese a exec

tala atendendo ó proxecto técnico, prego de cláusulas administrativas e ós criterios obxectivos de adxudicación nas seguintes condicións:

En..., ... de... de 1998.

Gastos de publicación: serán por conta do adxudicatario.

Meaño, 2 de setembro de 1998.

Jorge Domínguez Rosal

Alcalde

8108