Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 25 de setembro de 1998 Páx. 10.704

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto denominado: Planta de tratamento de residuos oleosos Marpol tipo C e aceites lubricantes usados procedentes de buques e a súa transformación en combustible ecolóxico enviroil (S,G), promovido pola empresa Portvigo, S.L.

O Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, establece a obriga de formular declaración de impacto ambiental, con carácter previo á resolución administrativa que se adopte para a realización, ou, se é o caso, a autorización da obra, instalación ou actividade, das abranguidas no anexo da devandita disposición.

En virtude do establecido no artigo 5.2º do mencionado decreto, someteuse ó trámite de información pública, polo prazo de 30 días, o estudio de impacto ambiental mediante Resolución do 20 de abril de 1998, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 81 do 29 de abril de 1998.

Así mesmo, solicítase informe sobre o proxecto á Dirección Xeral de Montes e Medioambiente Natural e á Dirección Xeral de Saúde Pública. O resume dos informes recóllese no anexo II.

No citado trámite de información pública non se presentaron alegacións ó estudio de impacto ambiental.

No anexo I inclúese un resumo do proxecto. No anexo II inclúese o resumo dos informes das direccións xerais consultadas.

Unha vez avaliado o estudio de impacto ambiental e a documentación relacionada co proxecto, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no exercicio das súas competencias, formula a declaración de impacto ambiental (DIA) do proxecto denominado: Planta de tratamento de residuos oleosos

Marpol tipo C e aceites lubricantes usados procedentes de buques e a súa transformación en combustible ecolóxico Enviroil (S,G), promovido pola empresa Portvigo, S.L.

O órgano substantivo para este proxecto é a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, e o órgano ambiental a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Xunta de Galicia.

Declaración de impacto ambiental.

Examinada a documentación presentada, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental establece pola presente declaración de impacto ambiental, co fin de que a realización do proxecto poida considerarse ambientalmente viable, as seguintes condicións, ademais das incluídas no estudio de impacto ambiental, de forma que se asegure a minorización dos posibles efectos negativos:

1. Consideracións preliminares.

O proxecto promovido por Portvigo, S.L. ten como obxecto o tratamento e transformación de inicialmente 10.000 T/ano de residuos oleosos Marpol tipo C e lubricantes usados procedentes de barcos, nun combustible asimilable a gasóleo para ser empregado en motores de combustión interna tipo diésel para a obtención de enerxía eléctrica.

1.1. A presente declaración de impacto ambiental refírese en exclusiva a planta de tratamento de residuos oleosos Marpol tipo C e aceites lubricantes usados procedentes de buques e a súa transformación en combustible ecolóxico Enviroil (S,G), promovido pola empresa Portvigo, S.L., que se vai instalar dentro do Polígono Industrial das Somozas, no concello das Somozas (A Coruña).

Para o desenvolvemento desta actividade en calquera outro lugar ou para o tratamento de residuos oleosos ou aceites de orixe distinta ó indicado no parágrafo anterior será necesaria unha nova declaración de impacto ambiental.

1.2. O promotor para proceder ó desenvolvemento do proxecto, deberá te-la autorización de xestor de residuos tóxicos e perigosos, así como utilizar vehículos autorizados para o transporte de tales residuos segundo o Regulamento de transporte de mercadorías perigosas por estrada (TPC). A identificación dos residuos realizarase do xeito indicado no R.D. 833/1988 e R.D. 952/1997.

1.3. O promotor terá que se ater ó disposto polo Real decreto 833/1988, do 20 de xullo, o Real decreto 952/1997, do 20 de xuño, polo que se modifica o anterior e pola Lei 10/1998, de 21 de abril, de residuos.

2. Condicións xerais e específicas.

2.1. Sobre o nivel sonoro ambiental.

Tanto na fase de realización das obras como na de funcionamento, haberá que se ater ó disposto na Lei 7/1997, de protección contra a contaminación

acústica da Xunta de Galicia (DOG do 28 de agosto de 1997).

Na fase de funcionamento, tomaranse as medidas de illamento descritas no proxecto co fin de que a presión sonora no exterior do edificio non supere os 55 dB(A).

2.2. Sobre a calidade do aire (emisión de olores e gases).

En canto ós olores que se poden producir tralo almacenamento-proceso 1, manteranse sempre a un nivel axeitado mediante o medidor-rexistrador instalado para regula-la bomba volumétrica de alimentación de aditivos.

Esta instalación deberá realizar comprobación, por unha empresa colaboradora da Administración, de que cumpre cos parámetros de emisión impostos nesta declaración. Neste sentido, deberán presentarse programas de autocontrol para a medida dos parámetros de emisión á atmosfera en cada un dos focos de emisión (no destructor térmico de gases, nas chemineas de saída de gases dos motores e na cheminea de saída de gases da caldeira) que deberán ser aprobados pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. Estes programas realizaranse con periodicidade trimestral o primeiro ano de funcionamento da instalación e cada seis meses a partir do segundo ano de funcionamento.

Os parámetros de emisión que hai que medir e os seus valores máximos en cada un dos focos, así como a súa periodicidade son os que seguen:

a) No destructor térmico de gases. Realizarase trimestralmente, durante o primeiro ano de explotación, unha análise dos parámetros deste foco; e semestralmente despois do primeiro ano de explotación.

Parámetros: valores máximos.

Partículas sólidas: 150 mg/mN.

Opacidade: 2 (Escala de Bacharach)

1 (Escala Ringelmann).

Monóxido de carbono: 500 ppm.

Dióxido de xofre: 850 mg/mN.

Óxidos de nitróxeno: 300 ppm.

Compostos inorgánicos de cloro (como HCl): 100 mg/mN.

Compostos inorgánicos de flúor (como HF): 5 mg/mN.

Metais pesados:

Cd: 5 mg/mN.

Ni: 1 mg/mN.

Cr, Cu, V; (como grupo): 1,5 mg/mN.

Pb: 5,0 mg/mN.

b) Nas chemineas de saída de gases dos motores. Neste caso, as análises faranse sucesivamente en

5 chemineas cada trimestre non poderán coincidir ó seguinte as mesmas chemineas analizadas nos trimestres anteriores. A partir do primeiro ano estas análises realizaranse semestralmente.

Parámetros: valores máximos.

Opacidade: 2 (Escala de Bacharach).

1 (Escala Ringelmann).

Monóxido de carbono: 500 ppm.

Dióxido de xofre: 850 mg/mN.

c) Na cheminea de saída de gases da caldeira. Realizarase trimestralmente, durante o primeiro ano de explotación, unha análise dos parámetros deste foco; e semestralmente despois do primeiro ano de explotación.

Parámetros: valores máximos.

Opacidade: 2 (Escala de Bacharach).

1 (Escala Ringelmann).

Monóxido de carbono: 500 ppm.

Dióxido de xofre: 850 mg/mN.

Paralelamente á realización destas mostraxes, realizarase unha analítica do combustible empregado nese momento, así como un rexistro das condicións de funcionamento, co fin de valora-la súa incidencia nos niveis de emisión.

2.3. Sobre as augas e o solo.

Non se poderá depositar nin acumular no lugar nin en terreos adxacentes ningún tipo de residuos sólidos diferentes dos entullos xerados nas obras. E en calquera caso os materiais sobrantes das escavacións, excedentes de terra e outros residuos, serán recollidos, levados e depositados en vertedoiros autorizados e axeitados para tal fin.

As tarefas de mantemento de equipos e maquinaria faranse fóra da zona de obras, en instalacións axeitadas para tal fin. A xestión dos aceites provenientes destes equipos e maquinaria durante a fase de obras deberán ser recollidos en contedores axeitados e entregados a un xestor autorizado.

Os diferentes tanques e depósitos de almacenamento de gasóleo e aceites deberán cumpri-la normativa de seguridade industrial que lles sexa de aplicación. Estes tanques e depósitos deberán disporse sobre cubeto estanco, convenientemente dimensionado, para a recollida das posibles fugas ou derramas.

Deberá instalarse un sistema de captación e canalización para as posibles fugas das conduccións de efluentes líquidos. Periodicamente supervisarase o estado das cubetas de depósitos e reactores.

As augas pluviais evacuaranse independentemente das residuais. Ademais, deberán diferenciarse a rede de augas fecais da rede de augas industriais.

As augas industriais deberán pasar por un tratamento axeitado antes de ser evacuadas ó colector

xeral do Polígono Industrial das Somozas, debendo contar coa correspondente autorización. Neste sentido, deberá instalarse a recollida contemplada na documentación presentada, e na súa saída instalaranse os depósitos onde se leven a cabo as análises correspondentes logo de vertido das augas depuradas. As augas tralo sistema de depuración deberán axustarse ás condicións establecidas e cumpri-los parámetros estipulados de vertido á rede do Polígono Industrial das Somozas, onde está situada a planta, e a aqueles planos que tamén poidan afectar, neste sentido, ós parámetros e valores do vertido a rede das augas de saída da planta, antes de pasar pola depuradora de augas residuais (EDAR) do Polígono Industrial das Somozas, son os que seguen:

Parámetros condicións de vertido concentración efl. Mg/l.

pH: 8,85.

D.Q.O. (tras eliminación de cloruros): 120.

Temperatura: 20ºC.

Sólidos en suspensión: 400.

Aceite-graxa: <10.

Cianuros: <1.

Sulfuros: <0,1.

Fenois: <5.

Cd (ppm): 0,4.

Zn (ppm): 1.

Fe (ppm): 2.

Ni (ppm): 1,9.

Cu (ppm): 0,8.

Pb (ppm): 0,1.

Cr (ppm) (total): 0,4.

Cr (ppm) (hexavalente): <0,1.

As (ppm): 0,1.

Hg (ppm): <0,1.

2.4. Sobre a producción de residuos.

As lamas procedentes de tódalas etapas de transformación e/ou manipulación do residuos deberán ser recollidas en contedores axeitados (tanques) e enviados a xestor autorizado de residuos perigosos.

3. Programa de vixilancia e seguimento ambiental (PVSA).

O obxecto deste programa é garantir ó longo do tempo, o cumprimento das medidas protectoras e correctoras recollidas no estudio de impacto ambiental e do condicionado xeral e específico da presente declaración. O programa pode permitir detectar e corrixir diferentes alteracións que non se puidesen prever no estudio ou no condicionado da declaración,

permitindo determinar ou cuantificar impactos non previsibles e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

3.1. Condicións xerais e específicas (PVSA).

O programa de vixilancia que se expón ten carácter troncal respecto ó proposto, se é o caso, no ESIA. O seu obxectivo é procurar incorporar na maior medida, os procedementos de autocontrol por parte do promotor.

As condicións e informes que se deberán presentar son as que seguen:

3.1.1. Ós tres meses de ser notificada a presente declaración, presentarse os programas de autocontrol de emisións á atmosfera, nos que se indiquen os puntos de control para cada trimestre.

Así mesmo, enviarase resultado da analítica dos residuos que se van tratar así como da analítica prevista dos residuos ó sair do tratamento. En ámbolos casos poderase establecer un intervalo para cada un dos parámetros.

3.1.2. Logo do inicio das obras: presentarase informe, menos un mes antes do inicio dos traballos, compredendo, polo menos: a) cronograma das obras con incorporación das medidas protectoras ou correctoras de carácter ambiental; b) cartografía a escala 1:1.000 ou maior detalle onde aparezan tódolos elementos que se van construír e as medidas correctoras e protectoras previstas.

3.1.3. Informe de seguimento ambiental (tipo A): con periodicidade trimestral contado a partir do inicio da explotación, durante o primeiro ano, presentarase informe que conteña: a) As análises realizadas para o efecto (tal como se recolle no punto 2.2. desta declaración) por unha ECA segundo os programas de autocontrol presentados, para cada un dos focos de emisión, para o control periódico dos parámetros de emisión á atmosfera e, se é o caso, as medidas correctoras tomadas e a súa eficacia, ademais, co fin de valora-la súa incidencia nos niveis de emisión, presentaranse conxuntamente os resultados da analítica do combustible empregado nese momento, así como un informe das condicións de funcionamento; con periocidade semestral, tamén durante o primeiro ano, presentarase: b) Resultados dos controis periódicos do nivel equivalente de ruído nas inmediacións das instalacións, indicando os puntos de toma de mostras, e, se é o caso, as medidas correctoras que haxa que adoptar no caso de

que se superen os niveis establecidos; c) Resultados das análises efectuadas nos depósitos de recollida de augas depuradas para o control dos parámetros de vertido á rede do polígono industrial; d) Incidencias ou problemas detectados no período de explotación inicial.

3.1.4. Seguimento ambiental (tipo B): presentarase con periodicidade semestral, a partir do primeiro

ano da explotación, para as análises dos parámetros de emisión á atmosfera e dos parámetros de vertido das augas; e con periodicidade anual para os controis do nivel de ruído e o informe de incidencias; en ámbolos casos este informe terá os mesmos contidos que o informe tipo A descrito anteriormente.

3.1.5. Informe ambiental previo ó abandono: presentarase nun prazo de seis meses previos á finalización da explotación da infraestructura que conteña as accións previstas para o efecto.

3.1.6. Informe posterior ó abandono: nun prazo máximo de dous meses contados a partir da fin das accións para o desmantelamento da instalación, enviarase informe que conteña a descrición detallada das accións de desmantelamento que teñan carácter ambiental.

4.Condicións adicionais.

As condicións sinaladas nesta declaración de impacto ambiental (DIA), son de cumprimento obrigatorio para o promotor. Sen embargo, o promotor poderalle solicitar ó órgano ambiental a revisión das medidas sinaladas co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves deficiencias para a súa implantación ou implicasen modificacións importantes na actividade, e sempre e cando as novas medidas propostas, permitan alcanza-los obxectivos e fins que se indican na presente declaración. Nesta circunstancia, o promotor solicitaralle á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, achegando a documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Estas solicitudes remitiranse tres meses despois de ser enviada a presente declaración. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental avaliaraas, e comunicaralle ó promotor a resolución adoptada.

O órgano ambiental, por iniciativa propia poderá dictar, en calquera momento e para os únicos efectos ambientais, condicionados adicionais á presente declaración en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como do funcionamento, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non previsto actualmente.

Se unha vez emitida esta declaración, se manifestase algún outro tipo de impacto severo ou crítico sobre o medio ambiente, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e ata que se corrixan estas.

En cumprimento do estipulado no Decreto 455/96, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental fixará unha fianza, previamente ó inicio das obras, para lles facer fronte ós posibles danos ós diversos

elementos do ambiente causados pola execución do proxecto, e que ascenderá ó catro por cento do investimento total previsto nel.

A presente resolución, adoptada por esta dirección xeral, non exime o promotor de solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes, para levar a cabo a actividade ou modificacións nela.

O promotor queda obrigado a cumprir tódalas disposicións que se dicten con posterioridade, en relación con este tipo de actividade.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1998.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO I

Resumo do proxecto.

O proxecto promovido por Portvigo, S.L. ten como obxecto o tratamento e transformación de inicialmente 10.000 T/ano de residuos oleosos Marpol tipo C e lubricantes usados procedentes de barcos, nun combustible asimilable a gasóleo para ser empregado en motores de combustión interna tipo diésel para a obtención de enerxía eléctrica.

A planta vaise situar nunha parcela de 12.000 m no polígono industrial das Somozas. A superficie total edificada é de 3.129 m, contabilizando os dous edificios e o cubeto de tanques.

As instalacións e edificios que forman parte da planta agrúpanse dependendo das súas funcións en:

1. Recepción e almacenamento de aceite. O aceite recíbese na planta mediante camións cisterna que se descargan nunha zona preparada para o efecto. Este aceite almacénase en tanques cilíndricos verticais instalados nun cubeto.

2. Tratamento de aceites. O procesado realízase nunhas instalacións situadas nunha nave de 1.100 m de superficie. Unha vez tratado, o producto almacénase en tanques instalados nun cubeto. Nesta nave tamén se sitúan os despachos, sala de control, laboratorio, aseos, vestiarios e o taller-almacén.

3. Producción de enerxía. O combustible xerado pola planta de refino de aceite usado bombéase a uns depósitos para alimentar 20 grupos motor-xerador, cunha potencia mecánica de 1.050 kW. Esta planta tamén está instalada na nave anterior.

4. Centro de transformación. O excedente de enerxía producida polos alternadores expórtase á rede a través dun centro de transformación de intemperie equipado cunha potencia total de transformación de 25 MVA e os equipos necesarios de medida e protección.

5. Instalacións auxiliares. Constituídas por un sistema de refrixeración de motores, un sistema de ven

tilación, un sistema de combustible para motores, un sistema de aire comprimido, un sistema de aceite de lubrificación de motores, un sistema de protección contra incendios, sistemas de recollida de derramas, augas pluviais e augas fecais e balsa separadora de aceites.

ANEXO II

Resumo dos informes dos organismos consultados.

A Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural emite informe no que indica que non ve inconveniente na execución do proxecto sempre e cando se adopten as medidas precisas para evita-las potenciais fugas de líquidos axustándose á lexislación vixente; neste sentido:

Tomaranse as medidas necesarias para que as potenciais fugas de líquidos, contaminantes ou non, da planta non alcancen ningún leito.

Instalarase un sistema de captación e canalización de posibles fugas de efluentes líquidos.

Os contidos de monóxido de carbono, óxidos de nitróxeno e dióxido de xofre das emisións que se farán á atmosfera estarán por debaixo dos límites establecidos na lexislación vixente.

A Dirección Xeral de Saúde Pública emite informe favorable á avaliación de impacto ambiental.

8361