Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 25 de setembro de 1998 Páx. 10.703

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 1 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifican resolucións de expedientes sancionadores incoados por infracción administrativa na orde social (511/97 e outros).

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos ó resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (artigo 59 da Lei de procedemento administrativo de 1992) pola presente cédula notifícanselles ás empresas relacionadas no anexo as resolucións na orde social.

Fáiselles saber ós interesados que poden formular recurso ordinario por conducto desta delegación perante a directora xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro; advírteselles que de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberán aboa-la multa imposta na conta: Cta. de recadación de multas e sancións nº 04045001063-3 de Caixavigo, oficina praza Berbés de Vigo, xa que noutro caso se incoará o procedemento de constrinximento ante a delegación de Facenda correspondente.

Na Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de Pontevedra en Vigo, séguense os expedientes de sanción que de seguido se relacionan, referidos ás empresas que así mesmo se sinalan, sendo os seus encabezamentos e partes dispositivas do seguinte teor literal:

Preceptos

EmpresaDomicilio

Localidade

Número ou

expediente

Data Resol.

Deleg. Prov.

InfrinxidosSancionadoresSanción

imposta

Cnes. de Pontevedra S. Coop.Michelena, 20-3º,

Pontevedra

511/97

1009/98 (AI)

12-5-1998Arts. 196, 206, 221 e 242 da ordenanza laboralArts. 46.4º, 49.b) e 49.4º Lei 31/199550.001 ptas.

Instituto Politécnico EuropeoVía Norte, 32, Vigo110/98

205/98 (AI)

11-6-1998ObstrucciónArts. 36.1º, 37 e 49 Lei 8/198850.001 ptas.

Cnes. San Blas, S.L.Porta do Sol, 2 B 2º, Vigo115/98

1997/97 (AI)

11-6-1998Arts. 17.1º e 17.2º Lei 31/1995 e 39, 40 e 43 da OXSHTArts. 46.2º, 46.4º e 47.16º.b) Lei 31/19953.555.000 ptas.

Agarvi Obras y Cnes., S.L.Porta do Sol, 8 B, Vigo115/98

1997/97 (AI)

11-6-1998Arts. 17.1º e 17.2º Lei 31/1995 e 39, 40 e 43 da OXSHTArts. 46.2º, 46.4º e 47.16º.b) Lei 31/19953.555.000 ptas.

Cnes. San Blas, S.L.Porta do Sol, 2 B 2º, Vigo116/98

1998/97 (AI)

11-6-1998ObstrucciónArts. 36.1º e 49.1º Lei 8/1988500.000 ptas.

Mintucal, S.L.Av. Beiramar, 179,

Bouzas, Vigo

135/98

270/98 (AI)

6-7-1998Arts. 14 e 17.2º Lei 31/1995 e Art. 6 RD 773/1997Arts. 47.16º e 49.3º Lei 31/1995250.001 ptas.

Mintucal, S.L.Av. Beiramar, 179,

Bouzas, Vigo

143/98

310/98 (AI)

22-6-1998Arts. 14, 17 e 24.3º Lei 31/1995Arts. 45.4º e 49.1º Lei 31/199550.001 ptas.

Instal Vigo, S.L.San Tomé de Freixeiro, Vigo158/98

1806/97 (AI)

15-6-1998Arts. 22 e 45 Lei 31/1995Arts. 47.2º e 49 Lei 31/1995251.000 ptas.

Cnes. San Blas, S.L.Areal, 18 Of. 8, Vigo265/98

242/98 (AI)

28-7-1998Arts. 17.1º.2 e 45

Lei 31/1995 e 51 da OXSHT

Arts. 47.16º.b.f e 49.1º.a) Lei 31/19951.150.001 ptas.

E para a súa inclusión no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para que lles sirva de notificación en forma ós interesados, actualmente en paradoiro descoñecido, facéndolles sabe-lo dereito que os asiste para presentaren recurso ordinario por conducto desta delegación, perante a directora xeral de Relacións Laborais, no termo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación.

Vigo, 1 de setembro de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

8246