Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 25 de setembro de 1998 Páx. 10.691

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 9 de setembro de 1998 pola que se resolve parcialmente a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior, anunciados pola Orde do 10 de xullo de 1998.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior, por Orde do 10 de xullo de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 137, do 17 de xullo), de conformidade co disposto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da referida lei.

Esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver parcialmente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior, anunciados pola Orde do 10 de xullo de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 137, do 17 de xullo).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, e selecciona-lo funcionario que se relaciona no anexo I da presente orde.

Terceiro.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias que, se é o caso, lles fosen concedidas ós interesados. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no número anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto.-Contra a presente orde, que lle pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo da comunicación a esta consellería da vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO I

NRP/DNI: 3325077813 A 2060.

Apelidos e nome: Gamallo Aller, Jesús María.

Grupo: A.

Código: PR.P09.00.002.15770.001.

Denominación do posto de traballo: subdirector xeral de Acción Exterior.

Centro directivo: Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: superior de Administración da Xunta de Galicia.

Nivel: 30.

Específico: 2.275.968.

8724