Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 25 de setembro de 1998 Páx. 10.691

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 16 de setembro de 1998, do tribunal que xulgará as probas selectivas para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de finanzas, polo que se fai público o lugar de exposición da relación de aspirantes que superaron o primeiro exercicio da fase de oposición e o lugar, a data e a hora de celebración do segundo exercicio da fase de oposición.

Primeiro: as listas de aspirantes aprobados no primeiro exercicio están expostas nos taboleiros de anuncios das consellerías de Economía e Facenda e da Presidencia e Administración Pública e nas súas respectivas delegacións. Así mesmo, publicaranse no taboleiro de anuncios da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela e poderán consultarse a través do teléfono 902 12 00 12 de atención e información ó cidadán.

Segundo: o exercicio celebrarase o día 17 de outubro de 1998, ás 9 horas, na Facultade de Dereito de Santiago de Compostela, aula 6.

Convócanse os aspirantes que, de acordo coa base II.1.2 da Orde do 30 de outubro de 1997, teñan

superado o primeiro exercicio xa sexa na presente convocatoria ou na convocatoria anterior (Orde do 26 de novembro de 1993, DOG número 240, do 15 de decembro).

Así mesmo, de acordo coa base II.1.1 da Orde do 30 de outubro de 1997, quedan convocados o mesmo día e hora os aspirantes de promoción interna.

Terceiro: poderase levar ó exame o seguinte material:

-Calculadora non programable.

-Plan Xeral de Contabilidade e textos legais, ámbolos dous sen comentarios.

Os aspirantes deberán comparecer no lugar indicado unha hora antes da sinalada para o comezo do exercicio, provistos do DNI.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 1998.

María Casais Mira

Presidenta do tribunal

8679