Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 25 de setembro de 1998 Páx. 10.678

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Grupo Copo de Industria de Poliuretano y Afines, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Grupo Copo de Industria de Poliuretano y Afines, S.A., que tivo entrada nesta delegacióin provincial o día 30-7-1998, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, o 2-7-1998. De conformidade co disposto no artigo 90.2º y 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de conveios colectivos de traballo, existente nesta delegacióin provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 4 de agosto 1998.

Ramón Hermo Rey

Delegado provincial en funcións de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa

Grupo Copo de Industria de Poliuretano

y Afines, S.A. e os traballadores

En Mos o 2 de xullo de 1998, reunidos dunha parte, Javier Gutiérrez Muñoz en nome e representación da empresa Grupo Copo Industria de Poliuretano y Afines, S.A., e doutra parte, o comite de empresa, representado legalmente polos señores Ignacio Pérez Betanzos (CIG), Ángel Rey Costas (CIG), Marcos Rodríguez González (CIG), Alfonso Hermida Couso (CIG) e Benito Rosendo Ponte Vidal (CIG).

Ámbalas dúas partes recoñécense no concepto no que interveñen, coa capacidade legal necesaria para

negocia-lo presente convenio, e para o efecto establecen o seguinte:

TÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O ámbito territorial do presente conveino é para o centro de traballo da empresa Grupo Copo Industria de Poliuretano y Afines, S.A., situada actualmente no municipio de Mos.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O presente convenio afecta ó persoal pertencente ó cadro de persoal da empresa, salvo ós que desempeñan cargos de conselleiros da empresa, e ós de alta dirección ou de alta xestión na empresa.

Coa sinatura deste convenio, todo o persoal que actualmente presta os seus servicios nesta empresa, así como aquel que ingrese no futuro, renuncia expresamente á vinculación a calquera outro convenio de empresa anterior que lle fora de aplicación.

Artigo 3º.-Vixencia.

A vixencia do presente convenio será desde o 1 de xaneiro de 1998 ó 31 de decembro de 1998, ben entendido que a dita vixencia só supón retroactividade nos conceptos económicos.

Mentres non se pacte un novo convenio, manteranse en vigor as cláusulas deste.

Artigo 4º.-Denuncia e prórroga.

As partes asinantes fan constar expresamente que o presente convenio non precisa denuncia previa para a súa total extinción o 31 de decembro de 1998.

Iniciada a negociación para a revisión do convenio, se esta se prorrogase por prazo que excedera o da súa vixencia, o contido normativo e obrigacional daquel entenderase prorrogado ata a entrada en vigor dun novo pacto.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

A empresa respectará as condicións económicas individuais que no seu conxunto anual resulten máis beneficiosas cás pactadas neste convenio, subsistindo para aqueles traballadores que as veñan desfrutando.

Artigo 6º.-Absorbilidade.

Terán o carácter de absorbibles e compensables en cómputo anual coas condicións aquí establecidas, as melloras económicas que poidan estar desfrutando os traballadores ou calquera outras que por disposición legal, durante a vixencia deste convenio, puideran establecerse.

Artigo 7º.-Comisión de seguimento e interpretación (paritaria).

Durante a vixencia do presente convenio actuará unha comisión de seguimiento e interpretación que, sen prexuízo das atribucións que en cuestión de

vixencia teñen os comités de empresa, terá por funcións:

A) Vixilancia do cumprimento do pactado.

B) Acutar como órgano de interpretación, arbitraxe e conciliación, sen prexuízo da posibilidade da reclamación ante a xurisdicción administrativa e contenciosa previstas na lexislación vixente.

a) Polos traballadores, a comisión estará composta por Ángel Rey Costas e Marcos Rodríguez González, membros do comité de empresa asinantes deste convenio, e por Javier Gutiérrez Muñoz e Rosana Vila Campo, como representantes da empresa, aceptando todos eles os seus respectivos cargos.

b) Os representantes designados tanto pola empresa como polos traballadores, poderán ser substituídos mediante comunicación á outra parte.

Por acordo de ámbalas dúas partes, poderase nomear un presidente entre os membros da comisión.

As normas de funcionamento da comisión serán as determinadas pola propia comisión.

Artigo 8º.-Vinculación á totalidade.

As condicións aquí acordadas forman un todo único e indivisible e para efectos da súa práctica serán consideradas globalmente.

TÍTULO II

Condicións laborais

Artigo 9º.-Clasificación profesional e definicións.

1.-Clasificación.

A clasificación do persoal recollida no presente convenio é simple enunciativa e non supón a obriga de ter cubertas tódalas prazas enumeradas, se as necesidades e volume da empresa non o requiren.

O persoal que preste os seus servicios na empresa clasificarase en atención á función básica que desenvolva nos seguintes grupos profesionais:

A. Técnicos e titulados.

B. Persoal de taller.

C. Persoal de laboratorios e planta piloto.

D. Persoal de oficinas técnicas e metroloxía.

E. Persoal de administración.

F. Persoal de servicios xerais.

Dentro dos grupos descritos na norma anterior quedará clasificado nas seguintes categorías:

A. Técnicos e títulados.

-Enxeñeiro superior ou licenciado.

-Enxeñeiro técnico ou titulado de grao medio.

-Técnico ou licenciado primeiro.

B. Persoal de taller.

-Responsable de taller.

-Encargado de taller.

-Oficial de 1ª fresadora.

-Oficial 1ª taller.

-Oficial de 2ª fresadora.

-Oficial de 2ª taller.

-Oficial 3ª taller.

-Auxiliar de departamento.

C. Persoal de laboratorios e planta piloto.

-Responsable de laboratorio ou planta piloto.

-Contramestre.

-Encargado de laboratorio ou planta piloto.

-Analista de laboratorio.

-Especialista de laboratorio.

-Auxiliar de laboratorio.

-Auxiliar de departamento.

D. Persoal de oficinas técnicas/metroloxía.

-Responsable de oficiña técnica/metroloxía.

-Técnico de deseño/metroloxía.

-Proxectista de deseño/metroloxía.

-Delineante de deseño/metroloxía.

-Delineante/controlador.

-Auxiliar de departamento.

E. Persoal de administración.

-Responsable de sección.

-Oficial de 1ª administrativo.

-Oficial de 2ª administrativo.

-Auxiliar administrativo.

-Auxiliar departamento.

F. Persoal de servicios xerais.

-Técnico comercial.

-Secretario/a de dirección.

-Telefonista-recepcionista.

Artigo 10º.-Confidencialidade.

Dadas as especiais características dos servicios desenvoltos na empresa, establécese, para tódolos traballadores, o deber de confidencialidade e segredo sobre e cantas investigacións, coñecementos e resultados sexan coñecedores con ocasión do desempeño do seu posto de traballo.

Artigo 11º.-Cómputo horario anual.

O cómputo horario anual de horas que se realizará en 1998 será de 1768 horas ano.

Para cumprimentalo, poderanse utilizar como días de axuste horario os seguintes días:

-2 e 5 de xaneiro de 1998.

-20 de marzo.

-28, 29, 30 e 31 de decembro.

Os días correspondentes a anos sucesivos, caso de prórroga do convenio actual, negociaranse unha vez se coñeza o calendario laboral do ano respectivo emitido pola Xunta de Galicia no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial del Estado.

Artigo 12º.-Xornada laboral e turnos.

A xornada laboral de traballo será de 40 horas semanais de acordo co seguinte cadro de horario;

-1ª quenda: de 7 horas a 15 horas de luns a venres.

-2ª quenda: de 14.30 horas a 22.30 horas de luns a venres.

-3ª quenda: de 22 horas a 6 horas de luns a venres.

-Quenda partida: de 8 horas a 14 horas e de 16 horas a 18 horas.

-Xornada continua: de 7 horas a 15 horas de luns a venres.

No caso de producción continuada as quendas serían só/as seguintes: de 6 a 14 horas; de 14 a 22 horas e de 22 a 6 horas.

O descanso destinado á comida para a quenda partida poderá oscilar, de acordo cos afectados, e en función das necesidades do posto.

Dentro das 40 horas semanais dos traballadores con xornada continuada de oito horas, están computados 17 minutos diarios por parada de bocadillo, que se desfrutarán por quendas.

A empresa, logo de comunicación ó comité de empresa e ó traballador afectado con 15 días de antelación, poderá adscribi-lo persoal a calquera das quendas anteriormente descritas, tendo en conta que os cambios de quendas deberán responder a probadas razóns, económicas, organizativas ou de producción e sendo estes cambios comunicados con antelación ó comité de empresa.

As quendas normais de traballo son as diurnas e no caso de darse o cambio a quendas de noite a empresa fará o dito cambio de acordo co comité de empresa.

Ó principio de cda ano confeccionarase un cadro de quendas por sección, que poderá ser modificado pola empresa para garanti-lo bo funcionamento do proceso productivo e en concordancia co número 2 do artigo 15º.

Para a confección do cadro de quendas ou para a súa modificación, a empresa terá en conta aqueles postos de traballo, que por motivos de seguridade é necesario que estean supervisados por outros traballadores, de maneira que se a empresa quere modifica-las quendas destes postos de traballo, iso implicará a modificación das quendas dos traballadores que se encarguen da súa supervisión.

Os descansos que correspondan por quendas que teñan que traballarse por suplencia de enfermidade ou ausencias xustificadas, retribuiranse co salario correspondente ás horas extraordinarias estructurais, no caso de que non se dispoña dunha data inmediata para a concesión de descanso ó suplente.

Os venres correspondentes ó período do 15 de xuño ó 15 de setembro, naquelas seccións con quenda partida onde o determine a empresa, establecerase unha xornada continua de 7 horas de mañá a 15 horas da tarde, ou de 8 a 16, segundo acordo entre empresa e traballador.

Para este mesmo período e sempre que a empresa o considere oportuno, en función das necesidades productivas, poderase facer xornada continua de luns a venres.

Todo traballador desprazado a outra empresa por razón de servicio, atenderá ó horario do centro de traballo de destino se ben, no caso de horarios diferentes entre a empresa de orixe e a empresa de destino para efectos do cómputo das horas traballadas durante a duración do seu desprazamento, respectaranse na súa empresa de orixe.

Artigo 13º.-Vacacións.

As vacacións serán de 30 días naturais, desfrutándose preferiblemente no período que vai do 15 de xuño ó 15 de setembro.

As vacacións para cada ano negociaranse, por seccións, en función do calendario laboral pactado, tendo en conta que en principio e salvo mellor decisión da empresa, a sección no se pode cerrar; e ademais, tendo en conta as preferencias dos traballadores e as marcadas pola lei, procurando o seu carácter rotativo no caso de conflictos, e atendento sempre ás necesidades da empresa.

Se antes do desfrute das vacacións, algún productor estivese en situación de baixa por accidente, desfrutará as vacacións desde o primeiro día da situación de alta. Se a baixa por accidente durase todo o tempo vacacional, unha vez dado de alta, poñeríase de acordo coa dirección da empresa para analiza-los días do desfrute destas.

Artigo 14º-Licencias e permisos.

Todo productor, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito á remuneración total como día efectivamente traballado, por algún dos motivos seguintes e polo tempo indicado a continuación:

1. Matrimonio: 16 días naturais.

2. Nacemento de fillo: 3 días laborables.

3. Enfermidade grave ou falecemento de parentes de 2º grao de afinidade ou consanguinidade: 5 días naturais.

4. Enfermidade grave ou falecemento de parentes de 2º grao de afinidade ou consanguinidade: 2 días laborables.

5. O mesmo que 3 e 4 con necesidade de despramento: 4 días laborables.

6. Falecemento de tío de consanguinidade ou parentes de 3º grao: 1 día laborable.

7. Traslado de domicilio: 2 días naturais.

8. Cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal: polo tempo indispensable.

9. Para realizar funcións sindicais ou de representación de persoal: nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

10. Por lactación: as traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo que poderán dividir en dúas fraccións. A traballadora pola súa vontade, poderán substituír este dereito por unha reducción da xornada normal en media hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser disfrutado indistintamente pola nai ou polo pai no caso de que os dous traballen.

11. Para estudios: segundo o artigo 23 do Estatuto dos traballadores, o traballador terá dereito ó desfrute de permisos para concorrer a exames, ou a unha preferencia para elixir quenda de traballo. A empresa concederá unha reducción da xornada non retribuída a aqueles traballadores que, logo de acreditación de cursos de formación, estudios, etc., soliciten o dito permiso. A dita reducción non excederá de dúas horas diarias.

12. Asistencia á consulta médica: cando por razón de enfermidade o traballador necesite asistir a consultorio médico en horas coincidentes coa súa xornada laboral, a empresa concederá o permiso necesario sen perda da retribución especificada ó comezo do artigo, debendo xustificarse o dito permiso co correspondente volante visado polo facultativo. Nel deberá consta-la hora de consulta, xa que sen tal requisito non se aboará ningunha cantidade.

Poderán exerce-lo dereito ó dito permiso aqueles traballadores que necesiten asistir con fillos menores de 14 anos ou maiores discapacitados, ademais de familiares directos (pais, nais, avós) maiores de 65 anos ou discapacitados.

13. Para asistencia a matrimonio de pais, fillos ou irmáns de consanguinidade: 1 día natural.

14. Coidados a menores ou a diminiuídos físicos ou psíquicos: o traballador que teña ó seu coidado directo un menor de seis anos ou un diminuído físico ou psíquico, e sempre que este non desempeñe ningunha actividade retribuída, terá dereito a unha reducción de xornada de traballo dun tercio da súa duración, coa correspondente diminución de salario.

15. Os traballadores poderán desfrutar de: cinco días de permiso non retribuídos por motivos persoais, para o que deberán solicitalo con 48 horas de antelación e debendo ser compatibles coas necesidaes da empresa.

Para efectos de aclarar conceptos utilizados nos números anteriores fanse as seguintes matizacións:

1. Considérase desprazamento todo traslado a localidade distante máis de cen quilómetros do domicilio habitural do traballador.

2. Faise extensivo o desfrute dos permisos anteriormente citados, excepto o de matrimonio, a aqueles traballadores que, estando separados ou divor

ciados legalmente, conviven maritalmente con outra persoa e acrediten a súa situación de convivencia por medio dun certificado extendido polo concello ou por medio do libro de familia:

-3. Definición de graos de consanguinidade e afinidade:

-Consanguinidade ascendente: pais 1º grao, avós 2º grao, tíos 3º grao.

-Consanguinidade descendente: fillos 1º grao, netos 2º grao, sobriños 3º grao.

-Consanguinidade colateral: irmáns 2º grao.

-Afinidade: cónxuxe 1º grao.

-Afinidade ascendente: pais políticos 1º grao, avós políticos 2º grao.

-Afinidade colateral: irmáns políticos 2º grao.

Artigo 15º.-Organización do traballo.

1. Grupo Copo Industria de Poliuretano y Afines, S.A. está estructurada en dúas ramas básicas de actividade: dunha banda, as direccións de control de xestión, comercial ou de calidade; e doutra banda o denominado centro técnico (Cetec).

Tanto as direccións como o Cetec están divididos en departamentos, a fronte dos cales se atopa un responsable de departamento. Os departamentos divídense, a súa vez, en seccións; cada unha das cales conta con persoal específico, adscrito a ela, e ó mando do correspondente responsable de sección.

A organización do traballo dentro desta estructura empresarial, e conforme o prescrito na lexislación vixente e no presente convenio, é facultade e responsabilidade da dirección da empresa. O comité de empresa terá a función de orientación e elaboración de propostas e informes no relacionado coa dita organización do traballo.

2. De conformidade coa lexislación vixente, o comité de empresa será informado pola empresa dos traslados de posto, cambios de quenda ou sección e en todo o derivado á mobilidade funcional dos traballadores dentro da estructura organizativa da empresa.

3. Os traslados ou cambios de posto non minguarán as condicións salariais dos traballadores afectados, agás os incentivos ou complementos inherentes ó posto (prima de producción e outros) que serán os estipulados para o dito novo posto.

4. Ante a implantación dun novo sistema de prima de produccióin, un novo método de traballo ou nova actividade, a empresa informará previamente o comité de empresa e estudiará os informes que este puidera emitir, co obxecto de considerar e negocia-las súas contribucións á nova implantación.

5. Cando a empresa introduza novas tecnoloxías que supoñan para os traballadores modificacións substanciais nas condicións de traballo, a empresa comunicarallas ó comité de empresa, que emitirá

un informe dando a súa opinión. A empresa, de acordo co comité, dará a información que estime necesaria en cada caso, para a formación e adaptación técnica dos traballadores afectados polas ditas tecnoloxías.

6. Os traballadores en período de descanso poderán utiliza-las instalacións de comedor ou servicios, evitando outras zonas por cuestión de seguridade e hixiene.

Artigo 16º.-Condicións dos contratos.

A contratación de traballadores axustarase ás normas legais xerais sobre colocación vixentes en cada momento e ás específicas que figuran no presente convenio, comprometéndose a empresa á utilización dos distintos modos de contratación previstos na lei de acordo coa finalidade de cada un dos contratos.

Os traballadores baixo contratos eventuais terán os mesmos dereitos que os demais traballadores do cadro de persoal, salvo as limitacións derivadas da natureza do seu contrato e do presente convenio.

A empresa poderá subscribir contratos con empresas de traballo temporal (ETT) só nos supostos de substitución por IT, vacacións e licencias, limitándose a aplicación desta modalidade de contratación ata o 31 de decembro do ano 2000.

Artigo 17º.-Técnicos e cadros.

1. Xornada laboral: será a pactada no convenio.

2. Definiranse as súas responsabilidades, funcións e obxectivos por departamentos.

3. Formación: terán dereito a unha atención preferente neste aspecto, para a posta ó día nos temas propios da súa actividade na empresa. Todo iso segundo o artigo 21º do presente convenio. Prestarase especial importancia a aspectos como formación do seu equipo, técnicas de exercicio de mando técnicas de traballo en equipo, participación na toma de decisións.

4. Información: potenciarase o nivel de información facilitada a estes colectivos para o mellor desenvolvemento da súa función.

5. Participación: promoverase un maior nivel de participación nas decicións e propostas.

Artigo 18º.-Ascensos e provisión de vacantes.

Os ascensos realizaranse de acordo co indicado no Estatuto dos traballadores, é dicir, tendo en conta a formación, coñecemento do posto de traballo, méritos, antigüidade do traballador, así como as facultades organizativas do empresario.

Os postos vacantes serán cubertos libremente a xuízo da empresa; non obstante, á hora de toma-la decisión, terase en conta o persoal das categorías inferiores. A empresa comunicaralle ó comite de empresa as necesidades de vacantes e de postos de ascenso para cubrir, e atenderá as súas consideracións ó respecto.

Tódolos ascensos consideraranse feitos a proba, confirmándose a designación no caso de cobertura

do posto de mando ós seis meses, e nos restantes ós tres meses, salvo que deste período de proba se deduza a falta de idoneidade para a vacante do elixido; neste caso, comunicaráselle ó traballador, que continuará na súa situación anterior, quedando vacante novamente a praza.

A empresa remunerará o traballador co salario correspondente á nova categorías profesional que vaia desempeñar durante todo o tempo que permaneza nela.

Os traballadores con categoría de auxiliar de departamento, unha vez cumprido un ano de servicio na empresa, ascenderán automaticamente á categoría inmediata superior. Para o cómputo deste ano, a empresa terá en conta todo o tempo de servicio que o traballador prestase nela, no caso de que este período fora interrompido e sempre que sexa para o desenvolvemento da mesma función.

Se o posto de traballo desenvolvido por este tipo de contrato ten continuidade na empresa, esta non substituirá o traballador contratado por outro nas mesmas condicións.

Artigo 19º.-Creación de emprego fixo.

Ó longo da vixencia do presente convenio, a empresa comprométese a converter en fixas a aquelas persoas que estando en situación de temporais, cumprisen o prazo establecido segundo a lexislacioín vixente e continúen traballando na empresa.

En canto ás vacantes por xubilación, invalidez ou morte que puideran xerar postos fixos, negociaranse cada ano.

Cando a empresa queira facer uso do dereito concedido no artigo 52.1º c) do Estatuto dos traballadores e conforme o procedemento establecido no artigo 53º deste texto legal, deberá entregar unha memoria explicativa que faga referencia á causa de extinción, tanto ó traballador ou traballadores afectados como ó representante ou representantes dos traballadores da empresa.

Sen prexuízo da eficacia e executividade do acordo extintivo, conforme o procedemento establecido na lei, os representantes dos traballadores emitirán informe motivado sobre a decisión empresarial e a causa extintiva alegada no prazo de catro días hábiles.

Estes informes enviaránselle á empresa para que figuren como anexo ó expediente, entendéndose que, transcorrido o prazo establecido para a súa emisión sen o facer, se desiste de tal dereito.

O procedemento establecido neste artigo non suspenderá os prazos previstos no artigo 53.1º c) do Estatuto dos traballadores.

Esta cláusula considérase para tódolos efectos de carácter obrigacional.

Artigo 20º.-Capacidade diminuída.

No suposto de incapacidade permanente parcial, o traballador afectado terá un dereito preferente para

ocupar aquel posto de traballo que poida desempeñar con eficacia suficiente no seu estado de invalidez. Abrirase un expediente no que será preceptivo un informe médico sobre e adecuación do traballador ó novo posto, de acordo coas súas condicións físicas e/ou psíquicas, que será comentado co comité de empresa.

Artigo 21º.-Formación.

Potenciarase a política de formación para posibilitar:

-Un mellor desenvolvemento profesional do posto.

-A adecuación dos recursos humanos ós cambios organizativos e tecnolóxicos.

-O desenvolvemento dun mando e unha toma de decisións máis participativa.

-A creación de novas expectativas de ascenso.

-A adaptación dos novos empregados á empresa.

1. Continuarase coa potenciacion dos cursos de formación, apliándoos sucesivamente.

A empresa consultará previamente co comité de empresa a posta en marcha dos plans de formación. Así mesmo, fomentarase a formación do persoal apropiado no concernente ó coñecemento das novas tecnoloxías que se poidan aplicar na empresa. Evitaranse novas contratacións sempre que o persoal actual poida formarse ó nivel de coñecementos técnicos requiridos pola empresa e nun prazo razoable definido por aquela.

2. A asistencia ós cursos de formación que organice e/ou contrate a empresa en horas laborables será obrigatoria para os grupos de traballadores que se determine, salvo naqueles casos nos que se estableza expresamente o seu carácter voluntario. Tanto os mandos como o comité da empresa colaborarán na difusión das accións formativas que se promovan.

En todo caso será obrigatoria a asistencia naqueles casos de convocatorias como antecedente obrigado para certas promocións, cando a necesidade de formación sexa requirida para o adecuado e seguro desenvolvemento do contido do posto de traballo.

3. A empresa estudiará as peticións de permisos extraordinarios solicitados polos traballadores que teñan como fin a formación propia ou a reciclaxe.

4. Crearase unha comisión de formación, que estará composta por dous membros do comité de empresa e dous representantes da empresa. Tódolos cursos de formación continua que sexan impartidos ou subvencionados polos organismos oficiais (Forcem, Comisión Territorial de Galicia, etc.), serán acordados pola dita comisión.

Cando os cursos se realicen fóra da xornada laboral, a empresa aboará a cantidade simbólica de 500 ptas./horas de curso, así como o importe da comida, cando o tempo transcorrido entre a fin da xornada laboral e o comezo do curso sexa inferior a dúas horas.

No caso de ter que percorrer quilómetros para asistir a un curso de formación, estes aboaranse sempre,

excepto no caso de que non se acuda ó centro de traballo e non se percorran máis de 15 km ata o lugar onde se imparte o curso, tomando como punto de saída o centro de traballo ou o domicilio do traballador.

5. En tódolos casos de asistencia a cursos recollidos nos números anteriores, a dirección da empresa poderá esixi-la presentación de certificados do centro de ensino que acrediten a asistencia do interesado.

6. Os asistentes ós cursos de formación deberán cumprir co procedemento interno en vigor, cubrindo a ficha de valoración que porá á súa disposición a empresa.

Artigos 22º.-Excedencias.

Aplicarase o establecido no Estatuto dos traballadores e leis complementarias sobre o particular.

Aquelas persoas cunha antigüidade mínima de catro anos terán dereito a solicitar unha excedencia equivalente á duración dun curso lectivo e destinada á formación do solicitante.

Así mesmo, sobre as excedencias por maternidade aplicarase o disposto na Lei 3/1989, do 3 de marzo de 1989 e demais disposicións legais de aplicación.

Artigo 23º.-Roupa de traballo.

A empresa facilitaralle roupa apropiada de traballo ó persoal seguinte:

1. Persoal de taller.

Efecuaranse tres entregas anuais da seguinte forma:

-1ª entrega: do 15 ó 31 de marzo.

-2ª entrega: do 1 ó 15 de xullo.

-3ª entrega: do 15 ó 31 de outubro.

Ó persoal de taller facilitaráselle a seguinte roupa, en cada unha das entregas:

a) Un conxunto chaqueta curta-pantalón.

b) Xogo de botas de seguridade.

c) Gorro ou gorra.

d) Lentes de plástico para repasar.

Ademais da entrega ordinaria, tamén se lles facilitará ó incorporarse ó posto de traballo un mandil de coiro, unha pantalla de soldar, unha amoladora, ademais dun kit de ferramentas.

2. Persoal da planta piloto e laboratorios.

Facilitaráselle, coincidindo coas datas sinaladas no número anterior, un conxunto de chaqueta curta e pantalón, dúas batas e o calzado apropiado, que poden ser zocos ou tenis. Todo isto sempre que sexa necesario, dadas as características do posto de traballo desempeñado.

3. Persoal de oficinas técnicas/metroloxía.

Ó persoal dos departamentos técnicos facilitaráselle unha bata ó ano, na época coincidente coa 1ª entrega do taller: do 15 ó 31 de marzo.

4. Ó persoal de nova incorporación á empresa comprendido nos grupos anteriores, facilitaráselle unha entrega dobre da roupa e/ou calzado que corresponda. A seguinte entrega será normal.

5. Se algún dos traballadores tivese a súa roupa de traballo en malas condicións, como consecuencia da actividade que desempeña, terá dereito á súa reposición, logo de xustificación.

6. Todo productor que cause baixa por enfermidade ou accidente, por un tempo de oito meses, recibirá unha soa entrega. Se a baixa fora por doce meses non terá dereito a ningunha entrega.

7. Tódalas pezas de roupa e material entregado ó persoal terá que ser homologado e revisado polo comité de seguridade e saúde laboral.

Os traballadores deberán asina-lo xustificante de recepción do mateiral posto á súa disposición no momento da entrega.

Artigo 24º.-Seguridade e saúde laboral.

Crearase o comité de seguridade e saúde laboral, que será unha comisión paritaria formada por dous membros representantes da empresa, á súa libre elección, e os dous delegados de prevención como representantes dos traballadores.

Durante a vixencia do presnte convenio colectivo aplicaranse as normas de seguridade e saúde que para tal efecto aprobe o comité de seguridade e saúde laboral.

Acórdanse ademais as seguintes cláusulas:

1. O comité de seguridade e saúde laboral fará chegar á dirección da empresa, no mes de xullo de cada ano, as súas propostas de melloras nesta materia para o seu estudio e posible inclusión no plan de investimentos do ano seguinte.

2. Concédese a cada un dos membros do comité de seguridade e saúde un día libre cada tres meses co fin de inspeccionar, xunto co secretario do dito comité as instalacións e os productos. O comité de seguridade e saúde avisará con 48 horas de antelación o responsable de sección afectada de qué persoa tomará o dito día.

O día libre para inspección tomarano os integrantes do comité de seguridade e saúde laboral dun en un. Os integrantes do comité que realicen a inspección confeccionarán un informe por escrito que se enviará a xerencia e ó comité de empresa.

3. Os integrantes do comité de seguridade e saúde laboral terán as mesmas garantías cós membros do comité de empresa en canto á apertura de expedientes contradictorios e despedimentos por sanción de acordo co exercicio da súa representación.

4. A elección dos representantes dos traballadores dentro do comité de seguridade e saúde laboral realizarase por votación entre os propios membros do comité de empresa.

5. Toda traballadora que realice o seu traballo por quendas e estea en situación xestante, realizará

o seu traballo na quenda que ela elixa sempre e cando non altere o equilibrio entre tódolas quendas, sendo, en última instancia, a comisión paritaria quen decida ó respecto.

TÍTULO III

Aspectos sociais

Artigo 25º.-Seguro de vida.

A empresa comprométese a subscribir unha póliza de seguro a favor dos traballadores da empresa, para cubrir-las seguintes indemnizacións polas seguintes causas:

Ano 1998.-Morte: 2.398.345.-Invalidez permanente absoluta: 2.398.345.-Morte por accidente: 4.796.690.-Morte por accidente de tráfico: 7.195.035.-Incapacidad profesional total e permanente: 2.398.345.

Este último seguro será custeado polas bonificacións do seguro de vida, e a diferencia ata o custo total, por achega da empresa.

A empresa poderá anticiparlle ó afectado un importe equivalente a 1.000.000 de ptas. sobre as cantidades devanditas, importe que se fará efectivo a través da comisión do fondo social.

Artigo 26º.-Fondo social.

Dotarase o fondo social con 350.000 ptas. para o ano 1998 , o cal será administrado por unha comisión formada por dous membros do comité de empresa e dous representantes da empresa.

O fin do fondo é atende-las axudas de carácter social que sexan solicitadas polo persoal ó que afecta o convenio.

O fondo social rexerase polas normas de funcionamento aprobadas polo comité de xestión do fondo social e o persoal.

Artigo 27º.-Comedor.

A empresa aboará os gastos de comidas, orixinados por necesidades dela na contía fixa de 1.567 ptas. por comida sempre que a xornada laboral se prolongue nunha hora ou máis. Queda excluído o caso do persoal contratado en réxime de quenda partida, o cal terá dereito ó cobramento da dita cantidade no caso de que realice horas extras durante o período de tempo destinado á comida.

Así mesmo, a empresa aboará a todo o persoal con quenda partida no suxeito a control de presencia, os gastos de comida na contía fixa de 1.000 ptas, diarias no ano 1998, logo de xustificación mediante a presentación da facutra correspondente expedida a nome de Grupo Copo Industria de Poliuretano y Afines, S.A.

Artigo 28º.-Anticipos.

O persoal terá dereioto ós anticipos estipulados legalmente (Art. 29 ET: anticipos sobre o xa traballado). Os anticipos extraordinarios para outros fins serán obxecto dun estudio particular por parte da empresa.

O traballador que o solicite poderá pedir un anticipo equivalente ó importe total das gratificacións extraordinarias de xullo, Nadal e beneficios, sendo en última instancia a comisión de xestión do fondo social a que dictamine sobre a súa concesión.

Artigo 29º.-Desprazamentos.

O persoal que por petición da empresa teña que desenvolve-lo seu traballo fóra dela terá dereito ó reembolso de tódolos gastos de transporte, aloxamento e comidas nas que incurra con ocasión do dito desprazamento, logo de presentación das facturas correspondentes.

A empresa anticipará diñeiro en efectivo ou facilitará tarxeta de crédito, para cubri-los gastos previstos en cada desprazamento, coa obriga de posterior xustificación e liquidación dos gastos efectivamente habidos.

1. Para desprazamentos superiores a 50 quilómetros e a curta duración, entendendo por tales os que teñan unha duración inferior a 30 días, estableceranse as seguintes condicións:

a) De 1 a 6 días ininterrómpidos, incremento do 35% da retribución diaria total para todo o tempo que dure o desprazamento, exceptuando os traballadores con categorías iguais ou superiores a responsables de sección, así com aqueles traballadores que para o normal desenvolvemento da súa actividade na empresa requiran desprazarse habitualmente.

b) De 7 a 14 días ininterrompidos, incrmento do 35% da retribución diaria total para todo o tempo que dure o desprazamento.

c) De 15 a 21 día ininterrompidos, incremento do 50% da retribución diaria total para todo o tempo que dure o desprazamento.

d) De 22 a 30 días ininterrompidos, incremento do 50% da retribución diaria total para todo o tempo que dura o desprazamento, máis un día libre retribuído.

Para estes efectos entenderase por retribución diaria a remuneración total percibida polo traballador incluíndo, de se-lo caso, as horas extras realizadas durante o desprazamento.

O desprazamento considerarase ininterrompido cando a empresa no se faga cargo dos gastos de viaxe ó seu domicilio habitual nos que poida incorre-lo traballador durante o período do desprazamento. Pola contra, considerarase interrompido cando estes gastos sexan por conta da empresa.

O cómputo dos días de duración efectiva do desprazamento calcularase do seguinte modo:

a) Tomaranse as horas desde o inicio ata a fin do desprazamento.

b) A cantidade resultante de horas dividirase entre 24.

c) O resultado redondearase por exceso sempre que sexa maior ou igual a 0,5.

2. Para os desprazamentos superiores a 50 quilómetros e de longa duración, é dicir, por tempo superior a 30 días interrompidos, e cun máximo de 90 días, aboarase un incrmento do 50% sobre a retribución diaria e concederanse dous días libres retribuídos por cada mes que dure o desprazamento.

Estes días de vacacións desfrutaranse ó regreso no domicilio de orixe do traballador.

Quedan excluídos dos artigos 29.1º e 29.2º os traballadores con categorías iguais ou superiores a responsables de departamento.

3. Seguros de vida, enfermidade e asistencia en viaxe.

A empresa concertará para tódolos seus traballadores desprazados por máis de oito días a un país da Unión Europea e a partir do primeiro día no caso de desprazarse fóra da Unión Europea, e para todo o tempo que dure o desprazamento, seguro de vida 24 horas por un importe de 15.000.000 de ptas., e seguro de enfermidade e asistencia en viaxe.

4. O traballo que presten os traballadores contratados pola empresa cando desenvolvan o seu servicio no estranxeiro someterase estrictamente á lexislación española e ó presente convenio. En consecuencia, os ditos traballadores terán como mínimo os dereitos económicos que lles corresponderían no caso de traballar en territorio español. O traballador e o empresario someterán os seus litixios á xurisdicción laboral española.

Artigo 30º.-Quilometraxe.

O importe do quilómetro para desprazamentos con vehículo propio por necesidades da empresa fíxase en 41 ptas./km brutas para o ano 1998. Inclúe tamén os desprazamentos á mutua de accidentes tanto por revisión periódica como por asistencia médica por accidente de traballo.

Artigo 31º-Axuda por fillos diminuídos.

Por petición do comité de empresa e para as persoas que se solicite, durante a vixencia do presnete convenio, a empresa aboará a cantidade mensual de 33.128 ptas. no ano 1998 por cada fillo diminuído físico ou psíquico recoñecido pola Seguridade Social e que estea a cargo do traballador.

TÍTULO IV

Aspectos sindicais

Artigo 32º.-Asembleas.

No que a esta materia se refire aplicarase o establecido no Estatuto dos traballadores sobre o dereito de reunión. A comunicación á empresa e demais requisitos efectuaranse polo menos con 48 horas de antelación.

A empresa, por petición do comité de empresa, autorizará asembleas para tratar asuntos importantes e urxentes.

Artigo 33º.-Acumulación de horas sindicais.

As horas establecidas para os membros do comité de empresa son 21 horas por membro, e poderán ser acumuladas anualmente para un ou varios membros do dito comité, sempre e cando se lle indique á dirección da empresa a distribución destas.

Artigo 34º.-Dereitos sindicais.

O comité de empresa terá dereito a ter coñecemento e control de tódolos contratos de traballo do persoal suxeito a este convenio, sempre e cando sexan solicitados por el.

O comité de empresa terá coñecemento con anterioridade de calquera sanción ou despedimento dun traballador do cadro de persoal.

Artigo 35º.-Taboleiros de anuncios.

A empresa poñerá á disposición dos traballadores tres taboleiros de anuncios que poderán ser utilizados polos seus representantes e os sindicatos máis representativos; un deles colocarase nas instalacións da planta piloto, outro no departamento de ferramenta, e o terceiro nas oficinas centrais.

TÍTULO V

Conceptos económicos

Artigo 36º.-Retribucións e masa salarial bruta.

1. Os salarios do persoal para 1998 serán os sinaldos na táboa salarial anexa.

Non obstante o disposto no parágrafo anterior os salarios e remuneracións establecidos no presente convenio teñen o carácter de mínimos, e poderán ser mellorados por concesión da empresa ou contratos individuais de trabalo.

2. Definición de masa salarial bruta.

A masa salarial bruta estará integrada polos seguintes conceptos:

a) Salario base.

b) Beneficios e pluses.

c) Incentivos e primas de producción.

d) Pagas extraordinarias.

e) Complementos de posto de traballo.

f) Retribución por horas extraordinarias.

g) Complemento persoal.

Enténdese por complemento persoal o complemento que recolle o montante de diñeiro que lle queda a un traballador unha vez descontado o importe correspondente ós seguintes conceptos: salario base, plus de asistencia, plus de puntualidade (que figuran na táboa salarial anexa), plus de antigüidade, plus de convenio 1994, retribución por horas extraordinarias e retribución por prima de producción, tendo en conta que os catro últimos conceptos se recollerán só no caso de que o traballador teña dereito a cobralos.

O complemento persoal considérase consolidable e terá, para tódolos efectos, carácter non absorbible.

Estes conceptos estarán referidos a tódolos traballadores da empresa excepto alta dirección, responsables de departamento, e aqueles con condicións individuais pactadas en contrato.

Artigo 37º.-Plus de antigüidade e plus de convenio 1994.

1. Plus de antigüidade.

O plus de antigüidade consistirá en seis trienios do 5% cada un, calculado sobre o salario mínimo interprofesional aprobado anualmente por Real decreto do Ministerio de Traballo e Seguridade Social.

37º.2. Plus de convenio 94.

O plus de convenio 94 mantense para o persoal de Grupo Copo, S.A. que o vén percibindo, sendo o seu importe o equivalente á diferencia entre o 30% do salario base da táboa salarial vixente en 1993 e ó plus de antigüidade mencionado no apartado 1 deste artigo.

Este plus de convenio terá carácter de absorbible nos anos vindeiros na mesma contía no que se incremente o plus de antigüidade.

3. Agora ben, todo traballador que o 31-12-1993, xa tivese unha antigüidade na empresa que dese lugar a un plus de antigüidade do 30%, a porcentaxe maior por aplicacion do plus de antigüidade vixente en 1993, consolidará para 1994 a porcentaxe aplicable en 1993 e incrementarase coa parte da porcentaxe que correspondese ó 31-12-1993 en función do tempo transcorrido desde o devengo do último quinquenio. Polo tanto, o seu plus de convenio será o resultado de aplica-la dita porcentaxe sobre a táboa salarial vixente en 1993, minorado polo plus de antigüidade calculado de conformidade co artigo 37º1.

Artigo 38º.-Plus de asistencia e plus de puntualidade.

O importe destes dous pluses percibiranse na contía fixa mensual que figura na táboa salarial anexa. Estes dous pluses cobraranse por día efectivo de traballo.

Os atrasos que se produzan á hora de entrada ou faltas parciais ó traballo nun día determinado, implicarán a perda da parte proporcional do plus de asistencia (sempre que o atraso sexa superior a unha hora) e do cento por cento do plus de puntualidade dese día.

Nas faltas ó traballo durante todo o día, non se pagará o importe de ámbolos pluses do dito día, exceptuando as licencias e permisos recollidas no artigo 14º do presente convenio (salvo nas que se indique o contrario), así como as saídas ó consultorio médico por razóns de enfermidade do traballador.

Artigo 39º.-Plus de toxicidade.

Este plus está integrado no salario base que figura na táboa salarial anexa e constitúe un dez por cento deste.

Artigo 40º.-Plus de nocturnidade.

Este plus será do 30% sobre tódolos conceptos salariais, pagándose o dito plus na xornada comprendida entre as 22 e as 6 horas, excepto no caso de darse a 2ª quenda de 14.30 a 22.30 horas para o grupo horario con solape, xa que neste caso a œ hora que excede das 22 horas non xerará dereito ó cobramento do plus de nocturnidade. Cando por necesidades da empresa o persoal teña que prolonga-la súa xornada laboral despois das 6 horas, para efectos do cobramento será considerado como horas nocturnas.

Artigo 41º.-Baixas por accidente.

Nas baixas por accidente garánteselle ó traballador afectado o cento por cento da súa retribución, incluíndo a prima de producción se estivera suxeito a ela. Para o cálculo desta, tomarase como base o importe/hora que se obteña no mes correspondente, excluíndo as horas de baixa por accidente para o seu cálculo.

Artigo 42º.-Baixas por enfermidade.

Nas baixas por enfermidade, sempre e cando o afectado necesite hospitalización, a retribución do traballador será do cento por cento da base de cotización do mes anterior, só durante o período de hospitalización e sempre que o dito período non supere os oitenta días. No resto de baixas por enfermidade cobrarase a razón do seguinte:

Os 3 primeiros días da baixa aplicarase o disposto na lexislación vixente ou normas concordantes.

70% da base tarifa do mes anterior desde o 4º día ata o 20º día.

90% da base tarifa do mes anterior a partir do día 21 de baixa.

Estudiaranse aquelas baixas de enfermidade que, logo do informe médico, e de acordo coas súas características, puidesen ser merecedoras do cobramento do 100% da súa retribución.

Artigo 43º.-Gratificacións extraordinarias.

1. As gratificacións extraordinarias de xullo, Nadal e beneficios serán aboadas, para todo o persoal, na contía fixa dunha mensualidade do salario base, plus de asistencia e puntualidade da táboa salarial anexa, así como a antigüidade, plus de convenio 1994 e complemento persoal correspondentes.

As datas de pagamento das gratificacións de xullo e Nadal serán efectivas os días 15 de xullo e 15 de decembro respectivamente, sendo a de beneficios o 25 de xaneiro do ano seguinte. No caso de que algún día dos fixados coincidise cun día inhábil, pagaríanse o primeiro día hábil seguinte.

Artigo 44º.-Prima de producción.

O método de cálculo recóllese como anexo ó convenio.

Artigo 45º.-Horas extraordinarias.

A empresa e o comité acordan a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable as horas extraordinarias de acordo cos seguintes criterios:

1º. Horas extraordinarias habituais.

Suspensión.

2. Horas extraordinarias motivadas por forza maior.

Enténdense como tales as que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, así como no caso de risco de perda de materias primas: realización.

3. Horas extraordinarias estructurais.

Co fin de clarificar este concepto, entenderanse como tales as necesrias por períodos punta de producción, pedidos imprevistos, cambios de quenda, ausencias imprevistas, substitución de horas sindicais ou outras circunstancias de carácter estructural como avarías ou mentemento urxente, todo isto sempre que non poidan ser substituídas por contratacións temporais ou a tempo parcial previstas na lei.

A dirección da empresa entregará ó comité de empresa copia do rexistro mensual de tódalas horas extraordinarias, indicando o nome do traballador, sección onde se realizarán, causas delas e número delas. Así mesmo, e en funcion desta informaión e cos criterios sinalados anteriormente, a empresa e o comité determinarán o carácter e natureza das horas.

Por razóns de tipo operativo a comunicación a cada traballador das horas extraordinarias realizadas por el mesmo, será mensual.

As horas extraordinarias realizadas por causas de forza maior e as estructurais non terán cargo nas cotizacións á Seguridade Social a que se refire o Real decreto 201/1983, do 28 xullo e ós reais decretos 1858/1981, do 20 de agosto e 1/1985, do 5 de xaneiro.

TÍTULO VI

Conceptos legais

Artigo 46º.-Lexislación aplicable.

No referente ó que non estea expresamente disposto neste convenio, observarase o que determine o Estatuto dos traballadores, e demais disposicións concordantes.

Artigo 47º.-Comisión negociadora.

Está constituída por Javier Gutiérrez Muñoz, en nome e representación da empresa Grupo Copo de Industrias de Poliuretano y Afines, S.A. e o comité de empresa, representante legal dos traballadores.

O representante da empresaO comité de empresa

ANEXO I

Táboa salarial ano 1998

Hora extra

Grupo profesional

Salario

base

Plus

asistencia

Plus

puntualidade

Total

mes

Ano

Día

hábil

Día

inhábil

Prima

producción

A) Técnicos e titulados
Enxeñeiro superior ou licenciado130.78512.94012.941156.6662.349.990Non
Enxeñeiro técnico ou titulado de grao medio111.94911.4029.982133.3332.000.000Non
Técnico ou licenciado (1 ano)90.0005.0005.000100.0001.500.000Non

B) Persoal de taller
Responsable de taller163.65024.84224.842213.3343.200.000Non
Encargado de taller158.11014.27814.279186.6672.800.0002.5723.344Non
Oficial de 1ª fresadora148.73012.30212.302173.3342.600.0002.5723.344Si
Oficial de 1ª taller123.93511.36611.366146.6672.200.0002.3143.008Si
Oficial de 2ª fresadora123.93511.36611.366146.6672.200.0002.3143.008Si
Oficial de 2ª taller121.4958.4198.419138.3332.075.0002.0582.676Si
Oficial de 3ª taller96.6676.0006.000108.6671.630.0002.0582.676Si
Auxiliar departamento90.0005.0005.000100.0001.500.0002.0582.676Si

C) Persoal de laboratorio e planta piloto
Responsable de laboratorio207.66629.66629.335266.6674.000.000Non
Contramestre201.12824.91824.586250.6323.759.4802.6473.441Non
Encargado de laboratorio188.59723.90623.575236.0783.541.1702.6473.441Non
Analista de laboratorio164.99217.69315.040197.7252.965.8752.5303.289Non
Especialista de laboratorio158.11016.97414.424189.5082.842.6202.5303.289Non
Auxiliar de laboratorio120.41612.30210.378143.0962.146.4402.0582.676Non
Auxiliar departamento90.0005.0005.000100.0001.500.0002.0582.676Non

D) Persoal de oficina técnica/metroloxía
Responsable oficina técnica/metroloxía163.65024.84224.842213.3343.200.000Non
Técnico de deseño/metroloxía158.11014.27814.279186.6672.800.0002.6473.440Non
Proxectista de deseño/metroloxía148.7308.9688.968166.6662.500.0002.4003.120Non
Delineante de deseño/metroloxía125.9358.6998.699143.3332.150.0002.1582.805Non
Delineante/controlador114.6676.0006.000126.6671.900.0002.1582.805Non
Auxiliar departamento90.0005.0005.000100.0001.500.0002.0582.676Non

E) Persoal de administración
Responsable de sección147.60119.53319.533186.6672.800.000Non
Oficial de 1ª administrativo130.78512.94012.941156.6662.349.9902.1582.805Non
Oficial de 2ª administrativo125.0008.5438.544142.0872.131.3052.0582.676Non
Auxiliar administrativo114.6676.0006.000126.6671.900.0002.0582.676Non
Auxiliar departamento90.0005.0005.000100.0001.500.0002.0582.676Non

F) Persoal de servicios xerais
Técnico comercial111.94911.4029.982133.3332.000.000Non
Secretario/a de dirección111.94911.4029.982133.3332.000.000Non
Telefonista/recepcionista94.0005.0005.000104.0001.560.000Non

Prima de producción.

1. Método de cálculo da prima de producción.

1.1. Nivel de actividade (NA).

O nivel de actividade é o parámetro que determina o valor da hora correspondente á prima. O responsable do departamento de ferramentas xunto co responsable do taller establecen os valores monetarios que correspondan a cada nivel de actividade. Os niveis van desde un mínimo de 100 ata un máximo de 140.

1.2. Nivel de actividade proposto (NP).

O nivel de actividade proposto son as horas máximas outorgadas para cada traballo; establéceo o responsable do departamento de ferramentas, tendo en conta a súa dificultade, prazo de entrega, oferta, etc.

1.3. Cálculo da prima de producción (P).

O nivel de actividade determinará a prima segundo as seguintes fórmulas:

NP*100=NA

H

NP= nivel de actividade proposto (horas).

H= tempo real de execución do traballo (horas).

NA= nivel de actividade.

P=p*H

P= prima (ptas.).

p= prima/hora (ptas.).

H= tempo real de execución do traballo (horas).

Os traballos nos que non se determine o nivel de actividade proposto tomarase un nivel de actividade de 100, agás nas modificacións, para as que o nivel de actividade será de 120.

2. Cadro da prima de producción:

Nivel de

actividade

Ptas.

RD/AD

Ptas.

AT/RT/MOD.

10043,7543,75
10143,847
10243,950
10344,553
1044556
10545,559
1064663
10746,7566
10847,569
10948,572
11049,575
11150,2578
1125281
11353,584,5
1145588
11556,591
1165894
11759,597
11861100
11963103

Nivel de

actividade

Ptas.

RD/AD

Ptas.

AT/RT/MOD.

12065106
12168,5109
12272112
12377115
12482118
12588120
12694122
127101124
128108126
129115127,5
130122129
131124130,5
132126132
133128133
134130134
135131,5135
136133136
137134,5136,5
138136137
139136,75137,25
140137,5137,5

Calendario laboral grupo Copo de Ind. de Pol. y Afines, S.A. 1998

DíasXaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuñoXulloAgostoSetembroOutubroNovembroDecembro

1FN/LFN/LFN/LFN/LFN/L, VFN/L

2AHFN/LFN/L, V

3FN/LFN/LV, VFN/L

4FN/LFN/LFN/LV, VFN/L

5AHFN/LFN/LV, VFN/LFN/L

6FN/LFN/LVV, VFN/LFN/L

7FN/LFN/LFN/LVV, VFN/LFN/L

8FN/LFN/LVFN/L, V, VFN/LFN/L

9FN/LFN/LVFN/L, V, V

10FN/LFN/LFN/LVV, VFN/L

11FN/LFN/LFN/L, VV, VFN/L

12FN/LFN/L, VV, VFN/LFN/LFN/L

13FN/LVV, VFN/LFN/L

14FN/LFN/LFN/LVV, VFN/L

15FN/LFN/LFN/LVFN/L, V, VFN/L

16FN/LVFN/L, V, V

17FN/LFN/LVVFN/L

18FN/LFN/LFN/L, VVFN/L

19FN/LFN/LFN/L, VVFN/LFN/L

20AHFN/LV, VVFN/LFN/L

21FN/LFN/LFN/LV, VVFN/L

22FN/LFN/LV, VFN/L, VFN/L

23FN/LV, VFN/L, VV, V

24FN/LFN/LV, VVFN/LV, V

25FN/LFN/LFN/L, V, VVFN/LFN/L

26FN/LFN/L, V, VVFN/LFN/L

27FN/LV, VVFN/LFN/L

28FN/LFN/LFN/LV, VVFN/LAH

29FN/LV, VVFN/LAH

30FN/LV, VVAH

31FN/LFN/LV, VFN/LAH

FN/L: festas nacionais e locais.

AH: axuste horario.

V: vacacións 1 quenda planta piloto, Lab.

V: vacacións 1 quenda taller.

V: vacacións 2º quenda+resto personal.

8548