Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 23 de setembro de 1998 Páx. 10.612

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, dos anexos do convenio colectivo da empresa Hermasa, S.A.

Visto o escrito presentado, nesta delegación provincial con data do 30 de xullo de 1998, polo comité de empresa de Hermasa, S.A., no que se acorda a modificación do artigo 19 (referido ás saídas, axudas de custo e viaxes) do seu convenio colectivo publicado no BOP nº 67, do 8 de abril de 1998 e no DOG nº 73, do 17 de abril de 1998 e se establece o calendario de vacacións, en relación co artigo 7 do devandito convenio, esta autoridade laboral, ó abeiro do disposto nos artigos 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, o Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e o Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia, como anexos 1 e 2 do convenio colectivo da citada empresa.

Vigo, 5 de agosto de 1998.

Fco. Ramón Hermo Rey

Delegado provincial en funcións de Pontevedra

O comité de empresa acorda a modificación do artigo 19, referido ás saídas, axudas de custo e viaxes, e establecer un calendario de vacacións para a empresa Hermanos Rodríguez Gómez, S.A., que se xunta como anexos 1 e 2 do convenio colectivo da citada empresa.

Polos traballadores:

Modesto Riveiro Otero, DNI 36.035.461.

Constantino Rodríguez Cruz, DNI 35.972.772.

Eugenio Domínguez Álvarez, DNI 36.009.219.

José Ángel Martínez Álvarez, DNI 36.021.338.

Manuel Pérez Vázquez, DNI 35.996.910.

Pola empresa:

Cándido Rodríguez Miranda, DNI 35.913.532K.

ANEXO 1

Modificación do artigo 19, referido a saídas, axudas de custo e viaxes.

Queda redactado da seguinte maneira:

Para todo o persoal que por necesidade da empresa teña que efectuar viaxes ou desprazamentos que lle impidan realizar comidas ou pernoctacións no seu domicilio habitual, a empresa correrá cos gastos de locomoción, estadía e manutención.

Se o desprazamento tivese unha duración inferior a 5 días (catro noites), o persoal percibirá, ademais da remuneración que lle corresponda polas horas extraordinarias efectivamente traballadas, unha axuda de custo de:

CategoríaNacionalEstranxeiro

Peón1.3002.500

Especialista1.3002.500

Oficial 3ª1.3002.500

Oficial 2ª1.3002.500

Oficial 1ª1.3002.500

Se o desprazamento durase máis de 5 días (cinco ou máis noites) non se devengará nada polas horas extraordinarias aínda que se realicen, pero si se devengará unha axuda de custo de:

CategoríaNacionalEstranxeiro

Peón5.3006.500

Especialista5.3006.500

Oficial 3ª5.3006.500

Oficial 2ª6.5008.000

Oficial 1ª6.5008.000

En ámbolos casos, a axuda de custo correspondente ó día de regreso só se devengara se este se efectúa en día non laborable ou, sendo laborable, se a chegada a Vigo é posterior ás 15 horas.

ANEXO 2

1. En relación co artigo 7, referido ás vacacións, establécese o seguinte calendario:

Meses

Total

días

Días

traballados

Sábados

Domingos

Festivos

Días

vacacións

Días

ponte

Horas

Traball.

Xaneiro3118542144
Febreiro282044160
Marzo3121452162
Abril3020442160
Maio3120551160
Xuño302244176
Xullo3123441184
Agosto311552Do 1 ó 308
Setembro302244176
Outubro3121541168
Novembro302145168
Decembro311544324, 28, 29, 30 e 31120
Totais3652245252141.792

8643