Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 22 de setembro de 1998 Páx. 10.581

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 15 de setembro de 1998, adoptou o seguinte acordo:

Punto primeiro: contestación das alegacións do expediente de ocupación directa, dos bens e dereitos cualificados como sistemas xerais adscritos á área de reparto AR2, e que deben facer efectivos os seus

dereitos no polígono 2 e no polígono 3 delimitados na modificación puntual dos sectores urbanos SU-31 zonas 5 e 6, SU-32 zona 2 e SU-3 rede viaria.

1. Rexéitase en parte a alegación de Manuel Fernández Novoa por non corresponderse cos datos constatados no expediente, de conformidade co informe do que se lle debe dar traslado ó interesado.

2. Rexéitase a alegación presentada por José Rodríguez Elías por no resultar probada a súa condición de arrendatario, de conformidade co informe do que se lle debe dar traslado ó interesado.

3. Préstase a información solicitada por Ramón Blanco González, de conformidade co informe do que se lle debe dar traslado ó interesado.

4. Rexéitase a alegación presentada por Rogelia Valeiras Domínguez e Juan López Agromayor por non ser conforme a dereito, de conformidade co informe do que se lle debe dar traslado ó interesado.

5. Rexéitase a alegación presentada por Elvira Fernández Pérez, por non ser conforme a dereito, de conformidade co informe do que se lle debe dar traslado ó interesado.

6. Acéptase a alegación presentada polo Banco Pastor, S.A., de conformidade co informe do que se debe dar traslado ó interesado.

7. Rexéitase a alegación presentada por Dosinda Novoa Martínez, segundo o informe técnico e por non ser conforme a dereito, garántese o dereito de realoxo, de conformidade co informe do que se lle debe dar traslado ó interesado.

8. Rexéitase segundo o informe técnico a alegación presentada por Aurora Conde Martínez, garántese o dereito de realoxo, de conformidade co informe do que se lle debe dar traslado ó interesado.

9. Rexéitase segundo o informe técnico a alegación presentada por Carmen Albina Fernández González, garántese o dereito de realoxo, de conformidade co informe do que se lle debe dar traslado ó interesado.

10. Acéptase a alegación presentada por Sofalco, S.L., por ser conforme a dereito, de conformidade co informe do que se lle debe dar traslado ó interesado.

11. Préstase a información solicitada por Celia Vázquez Castro, Elisa Vázquez Castro, Rosalía Vázquez Castro e Mª del Carmen Vázquez Castro.

12. Segundo o informe técnico rexéitase a alegación presentada por Pedro González, garántese o dereito de realoxo, de conformidade co informe do que se lle debe dar traslado ó interesado.

Punto segundo: aprobación definitiva do expediente de ocupación directa dos bens e dereitos cualificados como sistemas xerais adscritos á área de reparto AR 2 e que deben facer efectivos os seus dereitos no polígono 2 e no polígono 3 delimitados na modificación puntual dos sectores urbanos SU-31 zonas 5 e 6 SU-32 zona 2 e SU-3 rede viaria.

Punto terceiro: por non comparecer no expediente e non poder practica-la notificación oportuna conforme o artigo 154 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, a Lisardo Fonseca López, continuaranse as actuacións co Ministerio Fiscal.

Punto cuarto: conforme o disposto na D.A: 4ª do Real decreto lei 1/1992, do 26 de xuño, para facer efectivo o dereito de realoxo dos interesados que así o solicitaron, aféctanse as seguintes vivendas en propiedade ou aluguer segundo proceda, pertencentes ó grupo Virxe de Covadonga, propiedade do Concello de Ourense.

Afectada: Dosinda Novoa Martínez.

Bloque: III.

Piso: baixo A.

Superficie: 89,84.

Dormitorios: 4.

Praza de garaxe: 19.

Rocho: 18.

Afectado: Pedro González González.

Bloque: III.

Piso: baixo B.

Superficie: 89,84.

Dormitorios: 4.

Praza de garaxe: 20.

Rocho: 1.

Afectada: Carmen Albina Fernández González.

Bloque: IIB.

Piso: 1º A.

Superficie: 73,27.

Dormitorios: 3.

Praza de garaxe: 74.

Rocho: 12.

Afectada: Aurora Conde Martínez.

Bloque: IV.

Piso: 1º A.

Superficie: 73,27.

Dormitorios: 3.

Praza de garaxe: 3.

Rocho: 11.

Acórdase, dado o contido das alegacións, e en canto que as edificacións se valoran no expediente e forman parte das cargas de urbanización do polígono ó que se adscriben integrando o patrimonio do seu titular.

1º. Que os arrendatarios paguen a mesma renda que viñan satisfacendo.

2º. Ofrecerlles ós propietarios que teñen dereito de realoxo a posibilidade de adquiriren a vivenda en propiedade ou ben alugárena por unha renda de 15.000 ptas. mensuais ata o momento que poidan materializa-los seus dereitos urbanísticos.

Punto quinto: o pagamento das indemnizacións ós arrendatarios e a acta de ocupación terá lugar o día 25 de setembro de 1998 ás 12 horas no salón de actos do Concello de Ourense.

Punto sexto: o presente acordo publicarase no DOG, nun xornal dos de maior circulación da provincia e será obxecto de notificación individual. O presente acordo esgota a vía administrativa, polo que é potestativo a interposición do recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción competente no prazo de dous meses, que comezará a partir do día seguinte á presente notificación. Non obstante o recurso indicado, poderá utilizar

outros que así crese conveniente, e sen prexuízo de conferirlle un prazo de vinte días, contado a partir do seguinte a presente notificación, durante a cal poderán manifestar por escrito ó Concello de Ourense a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado. O Concello de Ourense, en tal caso daralle traslado do expediente e da folla impugnada o xurado de expropiación forzosa que teña competencia no ámbito territorial a que o expediente se refire.

Este anuncio suple as circunstancias que puidesen concorrer no disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 16 de setembro de 1998.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde

8049