Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 22 de setembro de 1998 Páx. 10.583

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

Por acordo do Pleno da Corporación do día 7 de xullo de 1998, prestouse aprobación ó texto íntegro das bases xerais e específicas da convocatoria pública para a provisión de prazas vacantes, existentes no cadro de persoal e contidas na oferta de emprego público de 1998, seguintes:

Cinco de oficial conductor, encadrada na escala de Administración especial, subescala servicios especiais, clase persoal de oficios e integrada no grupo D.

Unha de encargado de almacén, encadrada na escala de Administración especial, subescala servicios especiais, clase persoal de oficios e integrada no grupo D.

Unha de encargado electricista, encadrada na escala de Administración especial, subescala servicios especiais, clase persoal de oficios e integrada no grupo D.

Unha de encargado de vías e obras, encadrada na escala de Administración especial, subescala servicios especiais, clase persoal de oficios e integrada no grupo D.

Unha de encargado de xardinería, encadrada na escala de Administración especial, subescala servicios especiais, clase persoal de oficios e integrada no grupo D.

Unha de encargado de xeral, encadrada na escala de Administración especial, subescala servicios especiais, clase persoal de oficios e integrada no grupo D.

Unha de oficial electricista, encadrada na escala de Administración especial, subescala servicios especiais, clase persoal de oficios e integrada no grupo D.

Unha de auxiliar de Administración especial, encadrada na excala de Administración especial, subescala auxiliar, clase auxiliar e integrada no grupo D.

Unha de operador de ordenador, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico auxiliar e integrada no grupo C.

As probas selectivas convocadas rexeranse polas bases xerais e específicas nas que se especifican os requisitos necesarios para o ingreso e os procedementos de selección, texto que se publicou, no BOP nº 141, correspondente ó día 24 de xullo, computándose o prazo de

20 días naturais para a presentación de instancias a partir da publicación da convocatoria no BOE.

O que se fai público para xeral coñecemento e efectos legais pertinentes.

Poio, 17 de agosto de 1998.

O alcalde

Rubricado

8056