Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 22 de setembro de 1998 Páx. 10.580

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARIÑO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora:

a) organismo: Concello de Cariño.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Nº de expediente: 24/98.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: centro socio-cultural. Edificio de servicios múltiples marítimos e terrestres de Cariño.

b) Lugar de execución: Concello de Cariño.

c) Prazo de execución (meses): doce.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: cento trinta e seis millóns oitocentas trinta e sete mil cento sesenta pesetas (136.837.160), IVE incluído.

5. Garantías:

Provisional: 2.736.743.

Definitiva: 5.473.486 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de Cariño.

Enderezo: praza da Pulida, s/n.

Localidade e código postal: 15360 Cariño.

Teléfono: 981 40 50 64.

Fax: 981 40 50 29.

7. Clasificación do contratista:

A especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 13 días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, en horario das 9 ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a documentación presentarase en tres sobres pechados.

Sobre A, subtitulado Oferta económica, conterá a proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que figura como anexo II no prego de cláusulas administrativas particulares.

Sobre B, subtitulado Documentación xeral, conterá a documentación esixida na cláusula 11.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Sobre C, subtitulado Referencias técnicas, conterá a documentación esixida na cláusula 11.3 e as referencias técnicas necesarias para acredita-los extremos que se van valorar dentro dos criterios de selección contidos na cláusula 14 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: Concello de Cariño (rexistro xeral).

2º Enderezo: praza Pulida, s/n.

3º Localidade e código postal: 15360 Cariño.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados desde a apertura das proposicións (Art. 90 LCAP).

9. Apertura de ofertas:

a) Data: o quinto día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións. No caso de cadrar en sábado, trasladarase ó luns seguinte.

b) Hora: ás 12 horas.

10. Criterios de adxudicación do concurso:

Os regulados na cláusula 14 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios:

Os gastos correspondentes ós anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

12. Exposición dos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas:

Poderanse examinar na Secretaría do Concello, e presentar alegacións no prazo de 8 días hábiles contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG, de conformidade co previsto no artigo 122.1º do R.D. lexislativo 781/1986, do 18 de abril, aprazándose a licitación, cando resulte necesario, no caso de que se formulasen reclamacións contra eles.

Cariño, 14 de setembro de 1998.

Fernando Tallón Cabana

Alcalde

8584