Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 21 de setembro de 1998 Páx. 10.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 1998 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, mediante poxa, da obra de beirarrúas e pluviais da estrada provincial Arcade-Amoedo (Soutomaior).

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante poxa, da referida obra, por importe de 8.000.000 pesetas, IVE incluído.

Fianzas: provisional do 2% do tipo de licitación. Definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no pazo provincial, ás 12 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación de Pontevedra. Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 27 de agosto de 1998.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado

8402