Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 21 de setembro de 1998 Páx. 10.528

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL COMARCAL DA BARBANZA

ACORDO do Padroado da Fundación Pública Hospital da Barbanza polo que se nomea director da fundación.

O Padroado da Fundación Pública Hospital da Barbanza, con domicilio no lugar de Salmón, Oleiros, Ribeira (A Coruña), na súa reunión celebrada o día un de outubro de mil novecentos noventa e sete, en uso das competencias que lle atribúe o artigo 11 f) e 15 dos seus estatutos, aprobados polo Consello da Xunta de Galicia do día vintecinco de agosto de mil novecentos noventa e sete, acordou resolve-la convocatoria pública para o nomeamento do director da fundación, órgano superior unipersoal de xestión desta, anunciada no Diario Oficial de Galicia nº 178, correspondente ó día 16 de setembro de 1997.

En consecuencia, de conformidade co previsto na base cuarta da dita convocatoria, fáise público o seguinte acordo:

Nomear director da Fundación Pública Hospital de Barbanza a Rubén Sanz Cartagena.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 1997.

Manuel Ariza López

Vicepresidente do Padroado da Fundación Pública Hospital da Barbanza