Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 21 de setembro de 1998 Páx. 10.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO.

No BOP de Lugo, número 187, do 17 de agosto de 1998, publícanse integramente as bases xerais rexedoras das convocatorias para a selección de persoal funcionario e laboral fixo do Concello de Viveiro, e as bases específicas para a cobertura en propiedade das seguintes prazas do cadro de persoal da corporación, incluídas na oferta de emprego do concello para o ano 1998:

Funcionarios de carreira (quenda libre).

Denominación: garda da policía local.Grupo D. Titulación esixida: graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente. Procedemento: oposición. Número: unha.

Denominación: enxeñeiro de camiños, canles e portos. Grupo A. Titulación esixida: licenciado en enxeñería de camiños, canles e portos. Procedemento: oposición: Número: unha.

Denominación: técnico de urbanismo e contratación. Grupo A. Titulación esixida. licenciado en dereito. Procedemento: concurso. Número: unha.

Denominación: técnico de xestión económico-financeira. Grupo A. Titulación esixida: licenciado en dereito, ciencias económicas ou empresariais. Procedemento: concurso-oposición. Número: unha.

Persoal laboral fixo.

Denominación: secretario do Conservatorio de Música e Escola de Idiomas. Titulación esixida: graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente. Procedemento: oposición. Número: unha.

0 prazo de presentación de instancias é de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con estas probas publicaranse no BOP de Lugo e no taboleiro de anuncios do concello.

Viveiro, 27 de agosto de 1998.

O alcalde

Rubricado

8110