Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 21 de setembro de 1998 Páx. 10.527

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle do cuarteirón número 38 do PEEC. (Expediente 4908/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 21 de agosto de 1998, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle do cuarteirón nº 38 do PEEC, conforme a documentación presentada por Churruca Vilas Y Promociones S.A, redactado polo arquitecto Enrique Rodríguez Alfaro e visado polo COAG con data do 27 de xullo de 1998, así como a transferencia de edificabilidade de 418 m do soar sito en Gravina, 2, 4 e 6.

Sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, nun xornal dos de maior circulación da provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

Signifícase que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contados desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Casa do Concello.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 11 de setembro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

8131