Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.
Enderezo social: Marqués de Valladares 23,2º oficina 2, 36201 Vigo.
Denominación: reforma c. protección e Sec. e C.T. na rúa Primo de Rivera.
Situación: Salvaterra de Miño.
Descricións técnicas: reforma centro protección e seccionamento, con tensión de alimentación a 20 kV, tomando a subministración da L.M.T. Oleiros-Salvaterra, na rúa Primo de Rivera, concello de Sal
vaterra de Miño. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-220/380 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 9 de xullo de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
6981