Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 21 de setembro de 1998 Páx. 10.516

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/58-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Enderezo social: Marqués de Valladares 23,2º oficina 2, 36201 Vigo.

Denominación: reforma L.M.T. Corzáns-Tramo L.M.T. Ponteareas a L.M.T. Fiolledo.

Situación: Salvaterra de Miño.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 1.767 metros de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos, desde a L.M.T. existente Corzáns onde entronca a L.M.T. Salvaterra-Ponteareas ata o entroncamento da L.M.T. Fiolledo-As Chans, en Pesqueiras, concello de Salvaterra de Miño.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 13 de xullo de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

6981