Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 18 de setembro de 1998 Páx. 10.492

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUDIÑA

ANUNCIO.

Anuncio de convocatoria coas bases, exercicios e programas para cubrir en propiedade unha praza de auxiliar de Administración xeral, correspondente á oferta de emprego público do ano 1998.

Unha vez aprobada polo Pleno do Concello a oferta de emprego público do ano 1998, así como a convocatoria e as bases para a provisión en propiedade por concurso-oposición libre, dunha praza de auxiliar da escala de Administración xeral, e publicada no Boletín Oficial del Estado a oferta de emprego público, procédese á publicación da convocatoria da referida praza, e das bases polas que se rexerá esta.

Bases, exercicios e programas.

1. Obxecto da convocatoria.

O obxecto da convocatoria é a provisión en propiedade polo procedemento de concurso-oposición dunha praza de auxiliar administrativo, vacante no cadro de persoal deste concello e de acordo coa oferta de emprego do ano actual.

2. A para que se convoca figura no cadro de persoal deste concello, incluída no grupo D), nivel 15, dotada no orzamento coas retribucións correspondentes segundo a lexislación vixente.

3. Condicións e requisitos que cumprirán os aspirantes para poder ser admitidos nas probas selectivas:

a) Ser español.

b) Ter cumpridos dezaoito anos de idade, e que non excedan daquela na que falten menos de dez anos para a xubilación forzosa por idade.

c) Estar en posesión do título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

d) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impidan o desempeño das funcións que corresponden ó posto de traballo.

e) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio do Estado, comunidades autónomas, ou das entidades locais, nin acharse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

Tódolos requisitos e condicións deberán posuílos no momento de remata-lo prazo de presentación das instancias e gozar destes durante o período selectivo.

4. Os aspirantes que desexen tomar parte nas probas selectivas, deberán presenta-la instancia na que manifesten que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos na base terceira, e que se compromenten a prestar xuramento ou promesa na toma de posesión legalmente establecida, xuntando á instancia os méritos que desexen que lles sexan valorados, de conformidade co previsto na base 9.1.

5. Prazo de presentación de instancias.

As instancias irán dirixidas ó presidente da corporación: o prazo de presentación será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria e das bases no BOE, admitíndose calquera forma de presentación na que se acredite con exactitude a data de presentación no prazo establecido.

6. Publicación da convocatoria e bases.

Estas bases e a convocatoria do concurso-oposición, así como os correspondentes edictos posteriores que conteñan a relación de admitidos e excluídos, composición do tribunal e fixación da data e lugar de comezo das probas, publicaranse integramente no BOP e no taboleiro de anuncios do concello. Unicamente as bases e convocatoria se publicarán igualmente no Diario Oficial de Galicia. Feita a convocatoria no BOP e no DOG procederase á publicación dun extracto mediante un edicto no BOE con indicacións do BOP e DOG no que se publican as bases e a convocatoria.

Os edictos posteriores, relacionados neste concurso-oposición, publicaranse unicamente no BOP de Ourense e no taboleiro de anuncios do concello.

7. Admisión de aspirantes.

Rematado o prazo de admisión de instancias, a alcaldía dictará resolución no prazo dun mes, para declarar aprobada a relación de admitidos e excluídos.

A devandita resolución será exposta no taboleiro de anuncios e publicada no BOP, indicándose o nome, apelidos e DNI dos admitidos e excluídos: tamén se indicará, de se-lo caso, as causas de exclusión, coa concesión dun prazo de dez días para emenda-las deficiencias de conformidade co previsto no artigo 71 da Lei 30/1992, do procedemento administrativo común. Na mesma resolución da alcaldía, determinarase o lugar, a data e a hora do comezo dos exercicios e a orde de actuación dos opositores non exercicios que non puidesen facerse de maneira conxunta, así como a composición do tribunal cualificador.

Entra a publicación da convocatoria no BOE e o comezo das probas, terá que transcorrer un período mínimo de dous meses.

8. Xurado cualificador.

Composición: o xurado cualificador estará composto, de acordo co disposto no artigo 4 do R.D. 896/1991, do 7 de xuño, polos seguintes membros.

Presidente: o da corporación ou concelleiro en quen delegue.

Secretario: o da corporación.

Vocais: un representante da Comunidade Autónoma. Tres funcionarios da Administración local con titulación superior é esixida para a convocatoria, nomeados pola alcaldía.

Abstención e recusación. Os membros do xurado deberán absterse de formar parte del cando concorran as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notificándollo á autoridade convocante. Os aspirantes poderán rexeitalos polas razóns sinaladas nas disposicións vixentes.

Os órganos ós que corresponda nomea-los membros do xurado, nomearán titulares e suplentes.

O xurado non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia como mínimo de tres dos seus membros titulares ou suplentes, debendo de estar presentes o presidente e o secretario. A actuación do xurado axustarase estrictamente ás bases da convocatoria: nembargantes queda facultado para resolve-las dúbidas que aparezan na súa aplicación e poderá toma-los acordos que correspondan para aqueles supostos non previstos nas bases.

A resolucións do xurado vincularán a Administración convocante, sen prexuízo de que esta, se é o caso, poida proceder á revisión das resolucións do xurado, conforme o previsto no capítulo I, do título VII da Lei 230/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

9. Proceso selectivo.

A selección comporase da fase de concurso e da fase de oposición.

9.1. Fase de concurso: será previa á fase de oposición, non terá carácter eliminatorio nin poderá terse en conta para super-las probas da fase de oposición.

Valoración de méritos na fase de concurso:

a) Polos servicios prestados no Concello da Gudiña, que acrediten experiencia en relación coa praza convocada, a razón de 0,15 puntos por mes de servicios, ata un máximo de 4 puntos.

O prazo para o cómputo rematará na mesma data que finalice o prazo para a presentación de solicitudes.

A súa xustificación farase certificación específica dos servicios prestados.

b) Por estar en posesión de título/s académicos superiores ós esixidos pola convocatoria:

-Por estar en posesión de título de bacharelato superior ou formación profesional de 2º grao: 1 punto.

-Por estar en posesión de título de licenciado universitario: 3 puntos.

-Por acreditar especialización no nivel de licenciatura universitaria en arquivística e biblioteconomía: 2 puntos.

c) Por coñecemento do idioma galego:

-Estar en posesión do curso de iniciación: 0,25 puntos.

-Estar en posesión do curso de perfeccionamento: 0,50 puntos.

O xurado avaliará os méritos dos aspirantes e decidirá a puntuación que a cada un deles corresponde na fase de concurso, de conformidade cos méritos puntuables establecidos nestas bases.

As listas coas puntuacións asinadas ós aspirantes na fase de concurso farase pública no taboleiro de anuncios do concello con anterioridade á data de realización do primeiro exercicio na fase de oposición.

9.2. Fase de oposición: a fase de oposición contará de 3 exercicios, todos eles de carácter obrigatorio, aínda que só os dous primeiros terán carácter eliminatorio.

-Primeiro exercicio: de carácter práctico, comporase de dúas partes que se farán nunha mesma sesión.

Primeira parte: consistirá en copiar a máquina non eléctrica durante dez minutos, un texto facilitado polo tribunal a unha velocidade de 250 pulsacións por minuto. Avaliarase a velocidade, limpeza, presentación e corrección do escrito. Para a práctica desta fase, os opositores deberán presentarse con máquina de escribir non eléctrica.

Segunda parte: consistirá en resolver nun tempo máximo de media hora, un suposto práctico, proposto polo xurado, relacionado coa xestión informática do padrón municipal de habitantes.

Os opositores realizarán o devandito suposto práctico co equipo informático do concello.

As súas características son: modelo Pentium 150 Mh. sistema operativo MS-DOS 6.2. Programa ABSIS.

A orde de actuación dos opositores será establecida polo tribunal.

-Segundo exercicio: que realizarán os opositores que superen o primeiro exercicio, consistirá en desenvolver por escrito, nun prazo máximo de duas horas, un tema da parte xeral e outro da parte específica, que aparece no programa anexo, elixido polo opositor de entre dous de cada parte (xeral e especifica) do programa anexo elixidos polo xurado.

-Terceiro exercicio: rematado o prazo de celebración do 2º exercicio, e na mesma sesión, procederase á celebración do 3º exercicio, que terá carácter obrigatorio, pero non eliminatorio, e consistirá na traducción ó galego, nun prazo máximo de quince minutos e sen elementos auxiliares, dun texto en castelán proposto polo xurado.

10. Cualificación dos exercicios na fase de oposición.

Os exercicios na fase de oposición cualificaranse como segue:

-Primeiro exercicio: cualificarase ata un máximo de dez puntos, ponderándose en cinco puntos cada unha das partes; sendo necesario obter unha puntuación mínima de cinco puntos no total da cualificación do exercicio para superalo.

-Segundo exercicio: cualificarase ata un máximo de dez puntos, sendo necesario obter unha puntuación mínima de cinco puntos para supera-lo exercicio.

Terceiro exercicio: de carácter non eliminatorio, cualificarase con un máximo de tres puntos.

A puntuación obterase da media aritmética de puntos que a cada opositor lle outorguen cada un dos membros do xurado que teña voz e voto.

A cualificación ou puntuación final na fase de oposición obterase sumando as puntuacións parciais de cada un dos dous exercicios eliminatorios superados polo opositor. A esta suma engadirase a cualificación acadada no terceiro exercicio.

11. Cualificación final do concurso-oposición.

A cualificación acadada polos opositores non exercicios da fase de oposición, sumaráselle-la puntuación que cada un dos opositores acadou na fase de concurso, de conformidade cos méritos puntuables que se especifican na base 9.1. O resultado acadado constituirá a puntuación final do concurso-oposición, e será o aspirante que acade a maior puntuación o que se declara aprobado polo xurado.

12. Calendario de realización das probas.

O lugar, data e hora de realización dos exercicios das probas selectivas fixaranse na resolución da alcaldía na que se declare a admisión ou exclusión dos aspirantes á que se refire a base sétima.

Os aspirantes serán convocados de forma conxunta ó primeiro exercicio da oposición a través da publicación no BOP e no taboleiro de anuncios da resolución á que se refire a base sétima; acudirán ó chamamento único ó lugar, hora e data que estableza a resolución, provistos de DNI. A non presentación dun aspirante a calquera dos exercicios, dará lugar á exclusión automática, e perderá os dereitos para participar a partir dese momento na práctica dos exercicios.

Unha vez comezada as probas selectivas, os sucesivos anuncios sobre as restantes probas farao públicos o mesmo xurado nos locais onde se realizaron as probas e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

13. Relación de aprobados e presentación de documentación.

Rematada a cualificación final do concurso-oposición, o xurado publicará no taboleiro de anuncios a relación de aprobados.

O xurado non poderá aprobar nin declarar que aprobaron as probas selectivas un número de aspirantes superior ó de prazas convocadas. Simultaneamente á súa publicación, o xurado elevará relación expresada a alcaldía e proporá o nomeamento correspondente. Ó mesmo tempo remitiralle a citada autoridade e acta da derradeira sesión.

O aspirante que resulte proposto, presentará ante a Administración municipal, dentro do prazo de vinte días naturais desde que se faga pública a cualificación, os documentos acreditativos das condicións necesarias para tomar parte na oposición, que se esixen na base terceira:

a) Fotocopia compulsada do DNI e cédula de nacemento en extracto.

b) Copia compulsada do título.

c) Certificado acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal exercicio da función que vai desempeñar.

d) Declaración subscrita polo interesado, acreditativa de non estar separado, mediante expediente disciplinario, do servicio do Estado, das comunidades autónomas ou das entidades locais, nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas por sentencia firma.

e) Declaración susbcrita polo interesado acreditativa de non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade, específica ou incompatibilidade conforme a Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ó servicio das administración públicas.

Quen dentro do prazo indicado, e salvo causas de forma maior, non presentase a documentación

esixida, non poderá ser nomeado, quedando anuladas tódalas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que puidese incorrer.

14. Nomeamento e toma de posesión.

Rematado o proceso selectivo e presentada a documentación a que se refire a base anterior, o alcalde, de acordo coa proposta do xurado cualificador, procederá ó nomeamento do funcionario de carreira que terá que exerce-la praza convocada, séndolle notificado o nomeamento ó interesado de forma regulamentaria, tomará posesión no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó que lle sexa notificado o nomeamento.

Na acta de toma de posesión deberá facerse referencia ó cumprimento da dilixencia de prestar xuramento ou promesa de cumprir fielmente as obrigas do cargo, con lealdade a El-Rei, e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Quen sen causa xustificada non tome posesión no prazo sinalado, caerá en situación cesante, con perda de tódolos dereitos derivados da convocatoria e nomeamento conferido.

15. Dereito supletorio e normas de aplicación.

Para todo o non previsto nestas bases, ou naquilo en que puidesen estar en contradicción coa lexislación que se cita, e salvo, sempre a facultade de interpretación do xurado, serán de aplicación a Lei 7/1985, do 2 de abril; a Lei 5/1997, do 22 de xullo de Administración local de Galicia; o Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril; a Lei 30/1984, do 2 de agosto, e o Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos ós que debe axustarse o procedemento de selección de funcionarios da Administración local.

16. Recursos.

Contra o acto de aprobación das presentes bases, que esgotan a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o seguinte o da publicación do seu extracto no BOE segundo se recolle na base sexta, diante da sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Temario.

a) Materias comúns:

Tema 1. A Constitución española de 1978. Principios xerais.

Tema 2. Dereitos e deberes fundamentais dos españois.

Tema 3. A Coroa. O poder lexislativo.

Tema 4. O Goberno e a Administración do Estado.

Tema 5. O poder xudicial.

Tema 6. Organización territorial do Estado. O Estatuto de autonomía.

Tema 7. A Administración pública no ordenamento español. Administración do Estado. Administracións autónomas. Administración local. Administración institucional e corporativa.

Tema 8. Principios de actuación da Administración pública: eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación.

Tema 9. Sometemento da Administración á lei e ó dereito: fontes do dereito público.

Tema 10. O administrado. Colaboración e participación dos cidadáns nas funcións administrativas.

Tema 11. O acto administrativo. Principios xerais do procedemento administrativo.

Tema 12. Fases do procedemento administrativo xeral.

Tema 13. Formas de acción administrativa. Fomento. Policía. Servicio público.

Tema 14. O dominio público. O patrimonio privado da Administración.

Tema 15. A responsabilidade da Administración.

b) Materias específicas:

Tema 1. Réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica.

Tema 2. A provincia no réxime local. Organización provincial. Competencias.

Tema 3. O municipio. O termo municipal. A poboación. O empadroamento.

Tema 4. Organización municipal. Competencias.

Tema 5. Outras entidades locais. Mancomunidades, agrupacións, entidades locais menores.

Tema 6. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación.

Tema 7. Relacións entre entes territoriais. Autonomía municipal e tutela.

Tema 8. A función pública local e a súa organización.

Tema 9. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Dereito de sindicación. Seguridade Social.

Tema 10. Os bens das entidades locais.

Tema 11. Os contratos administrativos na esfera local. A selección de contratistas.

Tema 12. Intervención administrativa local na actividade privada. Procedemento de concesión de licencias.

Tema 13. Procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos na presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 14. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Actas e certificados de acordos.

Tema 15. Facendas locais: clasificación dos ingresos. Ordenanzas fiscais.

Tema 16. Réxime xurídico do gasto público local.

Tema 17. Os orzamentos locais.

A Gudiña, 11 de agosto de 1998.

Guillermo Lago Pérez

Alcalde

7770