Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 18 de setembro de 1998 Páx. 10.491

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a subministración sucesiva de gasóleo C para este complexo hospitalario. (Expediente 9/1998).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 8 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) convoca o seguinte concurso:

Expediente: 9/1998:

1. Obxecto: subministración sucesiva de gasóleo C.

2. Orzamento: 20.500.000 pesetas, IVE incluído.

3. Prazo de execución: 6 meses desde a data de formalización do contrato.

4. Admisión de variantes: non se admitirán variantes.

5. Garantía provisional: 410.000 pesetas.

6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación ordinaria.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio. BOE nº 119, do 19 de maio).

9. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, dos contratos das administracións públicas (BOE nº 119, do 19 de maio).

10. Criterios de adxudicación:

-Valoración económica: ata 5 puntos.

-Capacidade e medios de distribución: ata 3 puntos.

-Melloras adicionais nas prestacións requiridas: ata 2 puntos.

11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria pódese solicitar no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22, 36204 Vigo, en días laborales desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono: 986 81 60 23 e fax: 986 81 60 65.

12. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partires do seguinte o da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no PCAP.

14. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas realizaraa a mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral, ás 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

15. Anuncios: o importe do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 19 de agosto de 1998.

P.A.

Ignacio Acosta Crespo

Director médico

7765