Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 18 de setembro de 1998 Páx. 10.491

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia un concurso público de subministración sucesiva para a adquisición de medicamentos.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998, convoca o seguinte concurso público nº 19/1998 para a adquisición de medicamentos.

1. Nome e enderezo do servicio.

Complexo Hospitalario Xeral-Cíes. Departamento de Contratación Administrativa.Pizarro nº 22, 36204 Vigo. Teléfono 986 81 60 23. Fax 986 81 60 65.

2. Modalidade da adxudicación: concurso público.

3. a) Lugar da entrega da subministración: Complexo Hospitalario Xeral-Cíes.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deben subministrar: medicamentos.

Cun orzamento total de catrocentas noventa e sete millóns cincocentas nove mil novecentas vintetrés pesetas. (497.509.923 pesetas).

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por parte ou polo conxunto das subministracións requiridas: ver prego de cláusulas administrativas.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: ver folla de especificacións.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectua-la solicitude: 19 de outubro de 1998.

6. a) Data límite da recepción das ofertas: 26 de outubro de 1998.

b) Enderezo á que deben dirixirse: ver punto nº1.

c) Lingua o linguas nas que se deben redactar: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: 8.30 horas, sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes.

8. Fianzas e garantías esixidas:

Provisional 2% do orzamento de cada un dos lotes ós que se licite.

Definitiva 4% do importe máximo de licitación.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver prego de cláusulas administrativas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura de proposicións.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de cláusulas administrativas.

14. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas.

15. Data do envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 2 de setembro de 1998.

16. Anuncios: o importe da presente resolución en prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.

Vigo, 19 de agosto de 1998.

P.A.

Ignacio Acosta

Director médico

8203