Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 18 de setembro de 1998 Páx. 10.489

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 18 de agosto de 1998, da Área Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución do expediente de desafiuzamento P-100/97, a Rafael Arriba-Silva Jiménez.

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, comunícase que o 11 de xuño de 1998 procedeu o delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda en Pontevedra, a dicta-las seguinte resolución:

Vistas as actuacións practicadas relativas ó expediente de desafiuzamento administrativo tramitado contra Rafael Arriba-Silva Jiménez.

Antecedentes de feito.

1. O 10 de outubro de 1997, por orde superior do director xeral do IGVS, dictouse o acordo de iniciación do expediente de desafiuzamento admi

nistrativo por ocupación sen título da vivenda sita na Avda. de Galicia, 65, bloq. 12, 2º D, da cidade de Vigo, contra Rafael Arriba-Silva Jiménez baseándose no establecido no artigo 30 do Real decreto 2960/1978, do 12 de novembro, texto refundido da lexislación de vivendas de VPO, e no artigo 138.2º e 4º do Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, Regulamento de VPO.

2. Non consta no expediente o aviso de recibo que se achegaba coa notificación, cursada por correo certificado do acordo de iniciación de expediente de desafiuzamento ó interesado. A dita notificación non foi devolta polo servicio de correos.

3. Con data do 18 de novembro o interesado presentou escrito de alegacións, polo que produce efecto a notificación a partir desa data por dispoñelo así o artigo 58.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do RXPA, e no dito escrito facíase constar en síntese:

-Que a vivenda foi abandonada polo seu adxudicatario que lla cedeu a cambio dunha cantidade de diñeiro.

-Que aboa a renda polo aluguer da vivenda así como subministracións dos servicios individuais de que desfruta, ademais dos gastos comúns da comunidade.

-Que mantén a vivenda asegurada e en perfecto estado de conservación.

4. En datas diversas presentan escritos a asociación de veciños Nosa Señora das Neves do barrio de Teis, en Vigo, a comunidade de propietarios do edificio onde está radicada a vivenda e de Mª del Carmen Diéguez Freijido, nos que denuncian actos delictivos protagonizados polos membros da unidade familiar do interesado, así como deterioracións graves na vivenda e no inmoble.

A citada asociación veciñal achega co seu escrito de denuncia certificación expedida polo Concello de Vigo na que, baseándose nun informe do médico titular do distrito 12 do dito concello, se fai constar que a vivenda ocupada por Rafael Arriba-Silva Jiménez e a súa familia non reúne condicións hixiénico-sanitarias para ser habitada.

Xunto coa orde superior de inicio de expediente de desafiuzamento achégase acta emitida por inspectores de vivendas adscritas ó IGVS onde se constata que o interesado non aboa os recibos dos gastos de comunidade, destroza sistematicamente aparellos elevadores e elementos comúns do edificio e ten comportamento incívico e agresivo que ocasiona problemas de convivencia, segundo manifestacións de veciños do inmoble que se negan a identificarse por medo a represalias.

5. Con data do 27 de febreiro do ano en que andamos o órgano instructor dictou proposta de resolución, notificada ós interesados, na que se propón o lanzamento de Rafael Arriba-Silva Jiménez da vivenda que ocupa.

6. Con data do 16 de marzo o interesado presentou escrito de alegacións ó abeiro do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora no que alegaba non estar probados os feitos expostos na proposta de resolución.

Feitos probados.

Das actuacións previas realizadas e dos antecedentes de feitos expostos derívase a efectiva ocupación sen título legal de Rafael Arriba-Silva Jiménez da vivenda situada na Avda. de Galicia, 65, bloq. 12, 2º D de Vigo, do expediente PO-83/440, conta: 78.

Da documentación que consta no expediente pódense comproba-las deterioracións graves cau

sadas no inmoble e que a vivenda non reúne condicións hixiénico-sanitarias para a súa habitabilidade.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para resolve-lo presente expediente o delegado provincial de acordo co disposto no Decreto 1929/1976, do 2 de abril, orde ministerial do 2 de decembro de 1978 e circular nº 3/91 do IGVS.

2. Os indicados feitos probados constitúen causa legal suficiente de desafiuzamento ó abeiro do artigo 30.2º do texto refundido da lexislación de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e do artigo 138.2º e 4º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

3. Na tramitación do expediente observáronse as normas vixentes contidas nos artigos 138 e 144 do Regulamento de VPO -Decreto 2114/1968, do 24 de xullo-, artigo 30 do texto refundido de VPO -Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro-, Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, real decreto 1398/1993, do 4 de agosto e artigo 87.2º da Lei orgánica do poder xudicial.

RESOLVO:

1. Acorda-lo lanzamento de Rafael Arriba-Silva Jiménez da vivenda que ocupa, na Avda. de Galicia, 65, bloq. 12, 2º D de Vigo.

2. O dito lanzamento será executado por representante da entidade colaboradora Hnos. Alonso Garrán, S.L., con credencial para o efecto asinada polo delegado provincial e coa preceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución forzosa de actos da Administración, incorporada ó expediente e co auxilio das forzas de seguridade do Estado, autonómicas e locais.

Fronte á dita resolución, que non pon fin á vía administrativa, pode interpoñer recurso ordinario de conformidade co establecido nos artigos 107.1º e 114 a 117 da LRXPAC, ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da recepción da presente notificación.

Pontevedra, 18 de agosto de 1998.

Marta Fernández Torquemada

Secretaria das actuacións

8197