Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 18 de setembro de 1998 Páx. 10.487

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 1 de setembro de 1998 pola que se declara extinguida a concesión administrativa de granxa mariña sita en Cee, distrito marítimo de Corcubión, titularidade de Industrial Ballenera, S.A.

Visto o expediente de caducidade instruído á licencia e concesión administrativa da granxa mariña sita en Caneliñas-Cee, distrito marítimo de Corcubión, da que é titular Industrial Ballenera, S.A.,

Resultando que con data do 11-9-1996 foi ordenado pola Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Coruña o inicio do expediente de caducidade da antedita licencia e concesión por incumpri-las normas que regulan o título habilitante e por levar inactiva a granxa un tempo superior a dous anos,

Resultando que o acordo de inicio do expediente de caducidade e o nomeamento de instructror e secretario do dito expediente foi remitido ó interesado con data do 18-9-1996, e devolta polo servicio de correos,

Resultando que foi publicada no DOG do 15-10-1996. e con data do 3-10-1996 exposta no taboleiro de anuncios do concello do último domicilio coñecido da sociedade Industrial Ballenera, S.A., a iniciación do expediente de caducidade e o nomeamento de instructor e secretario no dito expediente, sen que se formulasen alegacións dentro do prazo establecido para iso,

Resultando que a proposta de resolución lle foi remitida ó interesado o 18-12-1996 e posteriormente devolta polo servicio de correos,

Resultando que con data do 30-5-1997 foi publicada no DOG e con data do 5-5-1997 exposta no taboleiro de anuncios do concello do último domicilio coñecido da citada sociedade, a proposta de resolución, sen que se formulasen alegacións dentro do prazo establecido para iso,

Considerando que segundo informe do 10-7-1996, dos inspectores da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, no lugar previsto para a construcción do establecemento de que se trata non existía construcción ningunha con destino a granxa mariña,

Resultando que o expediente foi tramitado conforme a dereito, segundo informe emitido pola xefa do Servicio Técnico-Xurídico,

Vistas a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; o Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas; Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e demais disposicións de pertinente aplicación,

Esta consellería, á vista da proposta de resolución emitida pola instructora do expediente, acorda, no exercicio das súas atribucións e competencias, extingui-la licencia e concesión administrativa da granxa mariña titularidade de Industrial Ballenera, S.A., que ten as seguintes características:

Establecemento: granxa mariña.

Localización: Caneliñas-Cee, distrito marítimo de Corcubión.

Especies: rodaballo.

Ocupación de dominio Ppblico: 348 m.

Orde de outorgamento: 22-11-1989 (DOG nº 42/90).

Fin da vixencia: 28-2-2000.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo na forma e prazos previstos no artigo 57 e seguintes da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa de 27 de decembro de 1956.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 1998.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

8198