Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 18 de setembro de 1998 Páx. 10.486

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 1 de setembro de 1998 pola que se declara extinguida a concesión da batea denominada Este, correspondente á cuadrícula número 24, do polígono Cambados I, titularidade de Parques do Mar de Arousa, S.L.

Visto o expediente iniciado a Parque do Mar de Arousa, S.L. con CIF B-36.013.928 na súa condición de titular do seguinte establecemento:

Tipo de establecemento: viveiro, tipo batea.

Especies autorizadas: ostra (ostrea edulis).

Localización: cuadrícula nº 24 do polígono Cambados I.

Orde de outorgamento: O.M. de 7-6-1979 nº 48/79 (BOE nº 180).

Orde de cambio de dominio: 27-6-1985 (DOG nº 154, do 13-8-1985).

Vixencia: 28-7-1989.

Resultando que con data do 2-5-1997 a Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Pontevedra en Vigo acordou o inicio do expediente de caducidade da citada concesión polas seguintes causas:

-Vencemento do prazo de outorgamento sen que se solicitase a prórroga,

-Aluga-la concesión sen autorización,

-Incorrer nun cambio de cultivo sen autorización,

-Non figura-la batea Este incluída nas bases de revisión dos polígonos A, B, C, D, E, F, G, H e I do distrito marítimo de Cambados,

Resultando que o citado acordo de incoación de expediente de caducidade lles foi remitido ós interesados con data 12-5-1997 para que se formulasen alegacións dentro do prazo establecido,

Resultando que as alegacións formuladas non desvirtúan as causas de caducidade recollidas no artigo 72 c) e) e h) da Lei 6/1993, do 11 de pesca de Galicia,

Considerando que o expediente foi tramitado conforme a dereito,

Vistas a Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia; Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común Lei 22/1988, do 29 de xullo, de costas; Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvemento da Lei de costas e demais disposicións aplicables ó caso,

Esta consellería, á vista da proposta de resolución emitida polo instructor do expediente, no exercicio das súas atribucións e competencias

RESOLVE:

Extingui-la concesión que a continuación se relaciona, outorgada a Parques del Mar de Arousa, S.L. con CIF B-36.013.928:

Tipo de establecemento: viveiro, tipo batea.

Especies autorizadas: ostra (ostrea edulis).

Localización: cuadrícula nº 24 do Polígono Cambados I.

Orde de outorgamento: O.M. do 7-6-1979 nº 48/79 (BOE nº 180).

Orde de cambio de dominio: 27-6-1985 (DOG nº 154, do 13-8-1985).

Vixencia: 28-7-1989.

A presente resolución esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na forma e prazos previstos no artigo 57 e seguintes da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa de 27 de decembro de 1956.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 1998.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

8190