Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 18 de setembro de 1998 Páx. 10.483

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza administrativamente, se declara de utilidade pública e se aproba o proxecto de execución da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV Foz-Magazos, nos termos municipais de Foz, Cervo, Xove e Viveiro. (Expediente 6/1997).

Vistos o escrito e a documentación presentados pola empresa Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A., con enderezo par efectos de notificación en rúa Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo, esta dirección xeral ten en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-Con data 30 de xullo de 1997 a citada empresa solicita a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV desde a subestación de Foz ata a subestación de Magazos, discorrendo polos termos municipais de Foz, Cervo, Xove e Viveiro (Lugo); xuntan o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 8 e 12 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina o artigo 52 da Lei 40/1996, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, de aplicación ó presente expediente de acordo co establecido no punto segundo da disposición transitoria segunda da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

-Liña aérea a 132 kV, de 36.307 m de lonxitude, sobre apoios metálicos de celosía galvanizados, con conductor LA-110 especial, cable de terra composto con fibras ópticas (OPGW); discorrendo polos termos municipais de Foz, 17.642 m; Cervo, 8.565 m; Xove, 5.618 m e Viveiro, 4.481 m.

Segundo.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo someteu o citado proxecto de instalacións, xunto coa relación de bens e dereitos afectados, a trámite de información pública, sendo publicado no DOG do 20-11-1997 (corrección de erros do 21-11-1997), BOP de Lugo do 11-1-1997, xornal El Progreso do 20-11-1997, nos taboleiros de anuncios das casas dos concellos de Foz, Cervo, Xove e Viveiro e na da delegación provincial; ó mesmo tempo na forma regulamentaria notificóuselle individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

Terceiro.-Durante o período no que se someteu a trámite de información pública, formuláronse as seguintes alegacións:

1. María Folgueira Fernández, titular do predio nº f-25 e Ramona Otero Piñeiroa e Teresa Folgueira Otero, titulares do predio nº f-26, manifestan que os distos predios xa están afectados por outra liña pola que non recibiron indemnización; engaden que o novo paso de liña deixará inservibles os predios, polo que solicitan que discorra por lindeiros.

2. María do Carmen Rodríguez Pérez, manifesta que o predio nº f-85 é da súa propiedade e pregunta cuestións referentes á indemnización.

3. María Pilar Caserío Ramudo, titular dos predios nº f-115 e f-115/bis, manifesta erros na titularidade dos terreos, así como nas medicións efectuadas; así mesmo manifesta a existencia dunha edificación no paso da liña.

4. María Luisa Reimude Noreña, titular do predio nº f-120, manifesta a existencia de erros na medición dos terreos.

5. Fernando Fernández Enes, titular do predio nº f-156, manifesta erros na medición dos terreos e solicita a expropiación total do terreo por considerar que o aproveitamento do predio vai ser case nulo.

6. Henrique Díaz Arias, en representación da Asociación de Veciños San Martiño, manifesta que a liña eléctrica vai discorrer por zona urbana e a 200 m dunha catedral, solicitando a desviación da liña ou a súa transformación en subterránea pola zona.

7. María Muíña Varela, titular dos predios nº f-182 e f-195, manifesta a existencia dun erro na titularidade deste último predio; así mesmo expresa a súa desconformidade coa colocación dun apoio no seu predio en tanto non se lle indemnice axeitadamente. Por último, solicita que lle sexa sinalada sobre o terreo a afección producida no predio nº f-182.

8. María do Carmen Eijo López, titular do predio nº f-262, expón que a liña eléctrica divide o seu predio en dúas metades deixándoo inservible para a producción madeireira, polo que solicita que se canalice subterraneamente.

9. Ramón Díaz López, titular do predio nº f-363, expón que nese predio existe o proxecto de construír varias naves dedicadas á cría e explotación de gando, o que sería imposible co trazado proposto para a liña eléctrica; así mesmo, expón que os predios nº f-303 e f-341 quedan atravesados pola liña na súa totalidade, polo que sofren un demérito importante. Por outra parte, engade que o predio nº f-370, propiedade da súa dona, Verísima Díaz Hermida,

resulta afectado de forma que impide a súa utilización urbanística.

10. Francisco Manuel Cajoto Díaz, expón que o trazado previsto para a liña eléctrica discorre a uns 60 m da súa vivenda, polo que solicita se desvíe o trazado a unha distancia maior co fin de evitar posibles efectos prexudiciais sobre a súa familia.

11. Manuel Paz Fraga manifesta un erro na titularidade dos predios nº c-65, c-66, c-67, c-69, c-70 e c-71, xa que podería tratarse dun monte veciñal.

12. Fermín Valle González, titular do predio nº c-82 e Alberto Fernández Eijo, titular dos predios nº c-83 e c-85, manifestan a existencia de erros na medición das afeccións.

13. Josefa Rodríguez Lozano, manifesta se-la titular do predio nº c-117.

14. Claudina Rodríguez Díaz e José María González Rodríguez, titulares respectivamente dos predios nº c-120 e c-121, solicitan a anulación da información pública realizada e se lles conceda novamente un período de alegacións.

15. Antonio Piñeiro Díaz pon de manifesto un erro na titularidade do predio nº c-125, xa que é da súa propiedade.

16. José López Pita e Bernardo Gómez Rivas, titulares respectivamente dos predios nº c-154 e c-158, solicitan o desprazamento da liña eléctrica ó lindeiro entre o predio c-154 e o monte veciñal da Medela ó longo da devasa existente e uns 250 m ó norte no predio c-158.

17. Jorge Fernández Rey expón que existe un erro na titularidade dos predios nº x-47 e x-50, xa que non lle pertencen a el en exclusiva, senón a unha comunidade de herdeiros, polo que solicita que se lles notifique a todos eles.

18. José Antonio Fernández Balsa, titular dos predios nº x-54 e x-80, solicita que a liña sexa desviada ou ben enterrada, xa que segundo o trazado proposto pasa a menos de 25 m do seu domicilio.

19. Fernando Molares Jiménez, titular dos predios nº x-109 e x-111, solicita a expropiación total do predio por considerar que coa afección producida a súa explotación resultará antieconómica.

20. Manuel Vázquez Franco e David Costa Viñas manifestan a existencia de erros na titularidade e na superficie de afección dos predios x-113, x-114, x-115, x-116, x-117 e x-117/1.

21. María Victoria Piñón Fandiño, propietaria dos predios v-4, v-6, v-20, v-26 e v-29, manifiesta erros na titularidade dos predios citados.

22. Manuel Fandiño Cora pon de manifesto erros na titularidade dos predios nº v-35, v-54 e v-58.

24. Atilano López Galdo e 20 más, titulares de predios comprendidos entre a v-14 e v-100, solicitan a realización dunha variante por camiños públicos e lindeiros, polo trazado da antiga liña de 20 kV de Aluminio Español, actualmente propiedade de BEGASA, ou subterránea á entrada na subestación de Magazos por discorrer por terreno urbano.

As alegacións foron remitidas á empresa beneficiaria para a súa contestación, sendo remitida a todos aqueles que o solicitaron, información adicional para unha correcta identificación da afección producida nos seus predios.

Carto.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola delegación provincial de Lugo, comprobándose mediante inspección sobre o terreo seguindo o trazado proposto para a instalación desta liña, que nos bens afectados, sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para efectos da servidume de paso, non se dan as limitacións previstas no artigo 56 do título IX da Lei 40/1994.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e nos seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación a elas por parte da empresa promotora e o resto da documentación que figura no expediente, queda de manifesto que:

1. A empresa beneficiaria da expropiación emendará os erros cometidos na relación de bens e dereitos, tanto no referente á extensión ou natureza da afección como á titularidade dos terreos, proseguíndose o resto das actuacións cos alegantes; non obstante, estes deberán achega-la documentación acre

ditativa dos extremos alegados durante o trámite de levantamento de actas previas á ocupación.

2. Non se toman en consideración as alegacións referidas á valoración da expropiación por non se-lo prezo xusto obxecto desta fase do expediente.

3. Non se aceptan as solicitudes de expropiación total dos predios nº f-156, x-109 e x-111, xa que os seus titulares non xustificaron suficientemente as causas concretas determinantes dos prexuízos económicos, tanto pola alteración das condicións fundamentais dos predios como das súas posibilidades de aproveitamento rendible, segundo o establecido no número 2 do artigo 23 do Regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, xa citado. Non obstante, incluirase no prezo xusto a indemnización polos prexuízos que se produzan a consecuencia da expropiación parcial dos predios.

4. Non se poden acepta-las alegacións presentadas por María Folgueira Fernández, Ramona Otero Piñeiroa e Teresa Folgueira Otero, xa que o trazado que se someteu a información pública é o que, a priori, reúne as mellores condicións técnicas para a realización da construcción da liña, discorrendo esta pola mesma traza xa existente. Por outra parte, as alegantes fan referencia a outro expediente que non garda ningunha vinculación co que se está tramitando.

5. Hai que desestima-la solicitude da variación de trazado realizada por Henrique Díaz Arias en representación da Asociación de Veciños San Martiño, xa que a traza da liña discorre a aproximadamente 700 m da citada catedral, sen que, polo tanto, quede afectada en modo ningún; por outra parte, para que a transformación da liña aérea a subterránea sexa esixible, será necesario, entre outros aspectos, que os terreos estean urbanizados, situación que non se cumpre, tal e como establece o Regulamento de liñas eléctricas aéreas de alta tensión.

6. Non se pode acepta-lo paso da liña a subterránea solicitado por María del Carmen Eijo López, xa que para poder esixir esta variación é necesario que o terreo estea urbanizado.

7. Respecto á alegación de Ramón Díaz López, cabe manifestar que non hai ningunha edificación debaixo da liña proxectada; non obstante, o Regulamento de liñas eléctricas aéreas de alta tensión permite, gardando a distancia preceptiva, construír debaixo de liñas eléctricas.

8. Hai que desestima-la solicitude de variación de trazado formulada por Francisco Manuel Cajoto Díaz, xa que a distancia entre a liña eléctrica proxectada e as edificacións existentes é superior á regulamentada.

9. Hai que desestima-la solicitude de anulación do trámite de información pública realizado, xa que este se levou a cabo cumprindo tódolos requisitos formais esixibles regulamentariamente.

10. Non se pode acepta-la solicitude de José Antonio Fernández Balsa de varia-lo trazado no sentido de afastalo da vivenda existente, xa que a distancia entre a liña eléctrica proxectada e as edificacións existentes é moi superior á establecida regulamentariamente.

11. No se poden acepta-las variacións de trazado propostas por Atilano López Galdo e outros 20 titulares de predios en Viveiro, xa que as variantes propostas superan amplamente o 10% previsto na lei, tanto en lonxitude como en orzamento, ademais de afectar a terceiros non incursos no expediente; non obstante, a empresa poderá realizar modificacións puntuais ó trazado, sempre que se conte co acordo unánime dos afectados.

Carto.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-la instalación da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV desde a subestación de Foz ata a subestación de Magazos, nos termos municipais de Foz, Cervo, Xove e Viveiro (Lugo).

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Terceiro.-Aproba-lo proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso ordinario, perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedimento administrativo común.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

8189