Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 17 de setembro de 1998 Páx. 10.437

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 1998 pola que se somete á información pública o estudio de impacto ambiental do autoclave por vapor para o tratamento de residuos, no Hospital Juan Canalejo da Coruña.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 189, do 25 de setembro), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública durante 30 días hábiles mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, na súa virtude

RESOLVO:

Someter a información pública polo prazo de trinta días hábiles contados a partir da publicación da presente resolución o estudio de impacto ambiental de implantación dun autoclave por vapor para o tratamento de residuos, no Hospital de Juan Canalejo da Coruña.

Para os efectos informativos poranse a disposición dos administrados que o soliciten, un exemplar do estudio para a súa consulta, nas oficinas da División de Recursos Económicos, e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado, nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 1998.

P.D. (Orde 21-4-1998. DOG nº 88, do 11 de maio)

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral do Servicio Galego de Saúde

8436