Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 17 de setembro de 1998 Páx. 10.435

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 1998, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de mantemento, conservación e reparación dos equipos e instalacións do Hospital de Conxo, mediante procedemento aberto. (Expediente 68/1998).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no

artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio de Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela. Hospital Xeral. Rúa Galeras s/n, 15705 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 05 36. Fax: 981 54 01 49.

2. Categoría do servicio e descrición: servicio de mantemento, conservación e reparación dos equipos e instalacións do Hospital de Conxo.

Importe: 198.550.008 pesetas (cento noventa e oito millóns, cincocentas cincuenta mil oito pesetas), IVE incluído.

Clasificación: grupo III, subgrupo 5 e 7, categoría C.

3. Lugar de execución: Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

4. a) Posibilidade de que, de acordo coas normas legais, regulamentarias ou administrativas, se reserve a prestación do servicio a unha determinada profesión: ver pregos de prescricións técnicas.

b) Referencia á dita norma legal, regulamentaria ou administrativa: ver pregos de prescricións técnicas.

c) Posibilidade de que as persoas xurídicas deban indica-los nomes e a cualificación profesional do persoal responsable da execución do servicio: ver pregos de prescripcións técnicas.

5. Posibilidade de que os prestadores de servicios liciten para unha parte dos servicios de que se trate: licitación á totalidade do servicio.

6. Se é o caso, prohibición de variantes: admitiranse todo tipo de propostas encamiñadas a proporcionar un mellor servicio, cinguíndose ás prescricións técnicas e obrigacións en xeral, establecidas nos correspondentes pregos, consideradas como mínimas.

7. Duración do contrato ou prazo para realiza-lo servicio: dous anos, desde o 1 de outubro de 1998 ou data da sinatura do contrato, se é posterior. Antes do seu vencemento, este contrato poderá prorrogarse nos termos que establece o artigo 199 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

8. a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse a documentación pertinente: Contratación Administrativa. Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras, s/n 15705 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 05 39. Fax: 981 54 01 49.

b) Data límite de recepción de ofertas: 14 de outubro de 1998.

9. a) Persoas admitidas a asistir á apertura de plicas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar de apertura das ofertas: sala de xuntas do Hospital Xeral de Galicia a partir das 10 horas do 26 de outubro de 1998.

10. Garantías esixidas:

a) Provisional: 2% do orzamento máximo autorizado.

b) Definitiva: 4% do orzamento máximo autorizado.

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

11. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias ás disposicións pertinentes: mensual por mensualidades vencidas, na forma que establece o punto 5.3º do prego de prescricións técnicas.

12. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicataria do contrato: as unións de empresarios poderán participar neste concurso nos termos previstos no artigo 24 da Lei 13/1995, de 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

13. Datos referentes á situación do prestador de servicios e datos e formalidades necesarias para avalia-las as condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o prestador de servicios: as condicións que se establecen no prego de cláusulas administrativas particulares e prego de prescricións técnicas.

14. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: durante tres meses, desde a data de apertura das proposicións.

15. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato e, se é posible, orde de importancia:

-Prezo e desagramento do custo: ata 3 puntos.

-Sistema de información, metodoloxía e software: ata 3 puntos.

-Programas de mantemento: ata 2 puntos.

-Empresa con certificación de calidade: ata 1 punto.

-Outras achegas (programas de formación, outras, etc.): ata 1 punto.

16. Información complementaria: calquera outra información solicitarase ó servicio que figura no punto 1.

17. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 30 de maio de 1998.

18. Data de envío do anuncio: 8 de setembro de 1998.

19. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 1998.

Manuel Ariza López

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela

8435