O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 189, do 25 de setembro), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información
pública durante 30 días hábiles mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, na súa virtude
RESOLVO:
Someter a información pública polo prazo de trinta días hábiles contados a partir da publicación da presente resolución o estudio de impacto ambiental de implantación dun autoclave por vapor para o tratamento de residuos, no Hospital de Conxo en Santiago de Compostela (A Coruña).
Para os efectos informativos poranse a disposición dos administrados que o soliciten, un exemplar do estudio para a súa consulta, nas oficinas da División de Recursos Económicos, e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado, nas mesmas oficinas.
Santiago de Compostela, 8 de setembro de 1998.
P.D. (Orde 21-4-1998. DOG nº 88, do 11 de maio)
Manuel Antonio Silva Romero
Secretario xeral do Servicio Galego de Saúde
7692