Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 17 de setembro de 1998 Páx. 10.414

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Hijos de Rivera, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia da empresa Hijos de Rivera, S.A., que se suscribiu coa data do 2 de xullo de 1998, entre a representación da empresa e dos traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

En Santiago de Compostela, 28 de xullo de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

Convenio colectivo da empresa

Hijos de Rivera, S.A.

Capítulo I

Disposicións xerais

Sección primeira

Ámbito do convenio

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio é de aplicación nos centros de traballo da empresa Hijos de Rivera, S.A., propietaria da fábrica de cervexa La Estrella de Galicia actualmente existentes e naqueles que, durante a vixencia do presente convenio colectivo, puidesen establecerse calquera que fora súa localización territorial.

Artigo 2º.-Ámbito funcional.

Obriga, única e exclusivamente as unidades de explotación da empresa Hijos de Rivera, S.A., propietaria da fábrica de cervexa La Estrella de Galicia.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

O presente convenio será de aplicación a todo o persoal da empresa Hijos de Rivera, S.A. que presten os seus servicios en centros de traballo establecidos

ou que se establezan no futuro, quedando excluídos os que presten servicio de transporte, distribución e mantemento das instalacións propiedade da empresa con carácter autónomo ou por conta doutra entidade.

Sección segunda

Vixencia, prórroga, revisión e rescisión.

Artigo 4º.-Vixencia.

Este convenio colectivo entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1998, para tódolos efectos, incluso os económicos. A súa duración será de dous anos, vencendo polo tanto o 31 de decembro de 1999.

Artigo 5º.-Prórroga.

Este convenio colectivo entenderase prorrogado por anos sucesivos se non fose denunciado por algunha das partes, con antelación mínima dun mes á data de expiración.

Artigo 6º.-Revisión e rescisión.

1. Se a evolución do índice de prezos ó consumo (IPC) durante o ano 1998 fose superior ó 3,00%, efectuarase unha revisión salarial de tódolos conceptos retributivos establecidos no capítulo II deste convenio.

A revisión terá efectos desde o 1 de xaneiro de 1998 e a porcentaxe para revisar será a diferencia entre o IPC establecido polo Instituto Nacional de Estatística e o 3,00%.

2. A cantidade resultante aboaráselle a cada traballador independentemente da modalidade do seu contrato, dunha soa vez, durante o primeiro trimestre de 1999. No caso de contratacións parciais, a cantidade que se aboará será a parte proporcional correspondente ós meses traballados.

3. Haberá unha revisión salarial a partir do 1 de xaneiro de 1999, que se fará de mutuo acordo polas partes. Para calcula-la dita revisión salarial teranse por base os conceptos retributivos correspondentes a 1998 incrementados coa recuperación, se procede, obxecto deste artigo.

4. Denunciado en tempo e forma este convenio colectivo e vencido o termo da súa vixencia, seguirase aplicando non obstante nos seus propios termos, ata que se pacte o novo convenio colectivo que o substitúa ou sexa dictado por quen corresponda a resolución procedente.

Sección terceira

Organización do traballo

Artigo 7º.-Organización do traballo.

Ámbalas partes conveñen en seguir aplicando as técnicas de racionalización do traballo en tódolos servicios da empresa que esta coide oportunos, logo de consulta e informe non vinculante do comité de empresa, e coinciden na conveniencia de aplica-los sistemas de mecanización, automatización e modernización de equipos que se consideren necesarios

para consegui-lo máis adecuado emprego e rendibilidade dos factores da producción.

Capítulo II

Clasificación do persoal

Artigo 8º.-Carácter das enumeracións e definicións comprendidas neste capítulo.

1. As categorías profesionais e cargos de mando que se detallan no presente convenio son simplemente enunciativas e non supoñen a obriga de ter provistas tódalas categorías e cargos que se mencionan, podendo existir outras non definidas se as necesidades da empresa así o esixen.

2. En xeral establécese o principio de que as funcións deben ser interpretadas con amplitude, nunca en sentido restrictivo, pois todo traballador está obrigado a executar cantas tarefas lle ordenen os seus superiores dentro dos cometidos xerais propios da súa capacidade, formación e competencia.

Artigo 9º.-Posto de traballo, grupo profesional, cargo de mando e categoría profesional.

1. Posto de traballo. É un conxunto de tarefas, deberes e responsabilidades que, no marco de certas condicións de traballo e dentro da organización específica da empresa, constitúe unha unidade que pode ser desempeñada por unha persoa dentro da xornada laboral.

2. Grupo profesional. É o que agrupa unitariamente as aptitudes profesionais, titulacións e contido xeral da prestación, e poderá incluír tanto diversas categorías profesionais como distintas funcións ou especialidades profesionais. Estes grupos son:

- Directivo.

- Técnico.

- Administrativo.

- Comercial.

- Especialistas de oficio.

- Subalterno.

3. Cargo de mando. É o posto de traballo ó cal, ademais das tarefas, deberes, e responsabilidades correspondentes a el, se lle asignaron determinadas funcións de mando dentro dos límites que a dirección da empresa sinale ó delegar estas.

4. Categoría profesional. Expresa o grao de instrucción, destreza e experiencia alcanzado por un traballador na súa profesión, oficio, especialidade ou tarefa, recoñecido pola dirección da empresa.

1. Grupo directivo.

2. Grupo técnico:

2.1. Director técnico.

2.2. Mestre cervexeiro.

2.3. Xefe de mantemento.

2.4. Xefe de primeira.

2.5. Xefe de segunda.

2.6. Oficial de primeira.

2.7. Oficial de segunda.

2.8. Axudante de laboratorio

2.9. Auxiliar.

3. Grupo administrativo:

3.1. Director administrativo.

3.2. Xefe de contabilidade.

3.3. Xefe de proceso de datos.

3.4. Xefe de primeira.

3.5. Xefe de segunda.

3.6. Oficial de primeira.

3.7. Oficial de segunda.

3.8. Auxiliar.

4.Grupo comercial:

4.1. Director comercial.

4.2. Xefe de primeira.

4.3. Xefe de segunda.

4.4. Inspector de primeira.

4.5. Inspector de segunda.

4.6. Promotor de vendas.

4.7. Prevendista.

5. Especialistas de oficio:

5.1. Oficial de primeira, xefe de equipo.

5.2. Oficial de primeira.

5.3. Oficial de segunda.

5.4. Axudante.

5.5. Auxiliar de primeira.

5.6. Auxiliar de segunda.

6. Grupo subalterno:

6.1. Subalterno de primeira, xefe de equipo.

6.2. Subalterno de primeira.

6.3. Subalterno de segunda.

6.4. Limpador.

Artigo 10º.-Definición de categorías profesionais.

A) Categorías correspondentes ó grupo directivo. A empresa, segundo o seu volume e extensión, determinará no seu organigrama as categorías que se van crear neste grupo e as funcións que se lles encomenden, segundo estime necesario para o normal desenvolvemento das súas actividades.

B) Categorías comúns ós grupos técnico, administrativo e comercial.

Director: é o empregado que, estando en posesión dun título académico adecuado e dilatada experien

cia profesional, asume a dirección e responsabilidade das funcións do seu departamento, no seu máis amplo sentido, planificando, organizando, dirixindo e coordinando as diversas actividades; elaborando a política de utilización máis eficaz dos recursos humanos e os aspectos materiais; establecendo, mantendo e mellorando as estructuras productivas das grandes ramas ou departamentos en que se divide para o seu goberno, a empresa, podendo por tanto, pertencer ó grupo técnico, administrativo ou ó comercial, segundo a adscrición de funcións que teña encomendadas.

Xefe de primeira: é o empregado con suficientes coñecementos teórico-prácticos sobre as actividades que están baixo a súa xurisdicción, dotes de organización e de mando, así como a experiencia precisa. Estas condicións e requisitos deberá posuílos en grao suficiente apreciado discrecionalmente pola dirección da empresa, de forma tal que o faculten para dirixir, ás ordes do superior que se lle asigne, unha ou varias seccións, nas cales imprimirá unidade á acción do persoal, instruíndoo e orientándoo sobre os seus cometidos, controlando o seu rendemento, seguridade, puntualidade, asistencia e disciplina. A súa autoridade e xurisdicción serán as que a dirección da empresa lle delegue e determine. A súa adscrición funcional ó departamento técnico, administrativo ou comercial determinará o seu encadramento no grupo correspondente.

Xefe de segunda: é o empregado con coñecementos teórico-prácticos sobre as actividades que estean baixo a súa xurisdicción, dotes de organización e de mando, así como a experiencia precisa. Estas condicións e requisitos deberá posuílos en grao inferior ó esixible ó xefe de primeira (ás ordes do cal actuará, se o houbera, ou, en caso contrario, do superior que se lle asigne), pero que haberán de ser suficientes, a xuízo da dirección da empresa, para poder realizar persoalmente traballos superiores ós da categoría de oficial de primeira, xefe de equipo, dirixir e unifica-lo esforzo dun número variable de productores de inferior categoría, os cales desenvolvan tarefas que, agrupadas, teñan volume suficiente para precisar esta función orientadora e coordinadora, exercendo sobre o dito persoal as funcións de mando que lle sexan delegadas ó delimita-la súa xurisdicción, sendo responsable do seu rendemento, puntualidade, asistencia e disciplina. A súa adscrición funcional ó departamento

técnico, administrativo ou comercial determinará o seu encadramento no grupo correspondente.

C) Categorías comúns ós grupos técnico e administrativo.

Oficial de primeira: é o empregado con coñecementos teórico-prácticos e experiencia suficientes, que está capacitado para realizar, con alta perfección, no só os traballos xerais propios da especialidade a que corresponda, senón tamén aquelles que requiran maior empeño e delicadeza, estando restrinxida a súa iniciativa e responsabilidade ás tarefas

que teña encomendadas. Pode ter baixo a súa orientación outros productores. A súa adscrición funcional ó departamento técnico ou administrativo determinará o seu encadramento no grupo correspondente.

Oficial de segunda: é o empregado con coñecementos teórico-prácticos e experiencia suficientes que está capacitado para realizar con suficiente corrección os traballos xerais propios da especialidade a que corresponda a súa categoría, sen alcanza-lo grao de perfección esixible ó oficial de primeira. A súa iniciativa e responsabilidade serán as correspondentes ós traballos que teña ó seu cargo. A súa adscrición ó departamento técnico ou administrativo determinará o seu encadramento no grupo correspondente.

Auxiliar: é o empregado con coñecementos teórico-prácticos elementais nas funcións a que se dedique, que está capacitado para executar tarefas sinxelas que requiran práctica mecánica ou cálculos pouco complicados, sempre baixo a dirección dos seus superiores inmediatos, limitándose a súa responsabilidade ós traballos encomendados. A súa adscrición á rama ou departamento técnico ou administrativo determinará o seu encadramento no grupo correspondente.

D) Categorías especificas do grupo técnico.

Mestre cervexeiro: é o empregado que, estando en posesión dun título académico adecuado, realizou os estudios específicos en tecnoloxía cervexeira e foi contratado pola dirección da empresa en virtude do referido título e para que exerza as actividades que requiran ser desempeñadas por persoas que acadasen os coñecementos que se acreditan pola súa posesión.

Xefe de mantemento: é o empregado que, estando en posesión dun título académico adecuado e con ampla preparación tanto teórica como práctica, a xuízo da dirección da empresa, realiza as súas funcións con capacidade suficiente para afrontar e resolver tódolos incidentes de tipo técnico que se poden producir nos distintos departamentos, planificando, organizando, dirixindo e coordinando os traballos de conservación e mantemento de todo tipo de máquinas e instalacións.

Axudante de laboratorio: é o empregado con coñecementos teórico-prácticos e experiencia suficiente que está capacitado para realizar con suficiente corrección os traballos xerais propios do centro de control de calidade e laboratorio. A súa iniciativa e responsabilidad serán as correspondentes ós traballos que teña ó seu cargo.

E) Categorías especificas do grupo administrativo.

Xefe de contabilidade: é o empregado que, estando en posesión dun título académico adecuado e con ampla preparación tanto teórica como práctica, a xuízo da dirección da empresa, con iniciativa e plena responsabilidade, desenvolve as funcións administrativas, financeiro-económicas ou comerciais de

elevada especialización, tales como intervención xeral, inspección administrativa, administración orzamentaria e contable, pagadoría e nóminas, expedientes, relacións laborais, arquivos, estudios e análises contables e estatísticas, e estará ó seu cargo a orde e disciplina do persoal que teña asignado, así como a súa eficacia individual e de conxunto.

Xefe de proceso de datos: é o empregado que, estando en posesión dun título académico adecuado e con ampla preparación teórica-práctica, a xuízo da dirección da empresa, con iniciativa e plena responsabilidade, ten ó seu cargo a planificación dos sistemas informáticos, de acordo cos obxectivos da empresa, planificando, organizando e dirixindo o traballo de análise, programación e desenvolvemento das aplicacións de xestión susceptibles de ser tratadas no centro informático, e estará ó seu cargo a orde e disciplina do persoal que teña asignado, así como a súa eficacia individual e de conxunto.

F) Categorías específicas do grupo comercial.

Inspector de primeira: é o empregado que, posuíndo unha capacitación destacada de cultura, técnica de vendas e sentido de organización apreciada pola empresa, ten asignados, entre outros, os seguintes cometidos: control de vendas; prospección e captación de futuros clientes; inspección do estado xeral do mercado asignado ó seu sector; bo estado das rutas e dos distribuidores; control da boa marcha dos pagamentos; atención a morosos; presentación de suxestións; informe diario e anual sobre os resultados, así como proxectos de mellora para o ano inmediato; formación de distribuidores; visitas a clientes, e, en xeral, calquera outra misión comercial ou estatística concreta que lle determine o seu inmediato superior.

Inspector de segunda: é o empregado que, posuíndo cualidades suficientes de cultura, sentido de organización e técnicas de vendas, apreciadas pola empresa, realiza entre outras, con suficiente corrección e rendemento, as seguintes funcións: visitas e servicios especiais a clientes; enlace, información e control de distribuidores; atención a pagamentos, envases ou morosos; resolución de reclamacións, e, en xeral, calquera outra misión comercial ou estatística concreta que lle determine o seu inmediato superior.

Promotor de vendas: é o empregado que, posuíndo cualidades suficientes de cultura, sentido de organización e técnica de vendas, realiza, entre outras, con suficiente corrección e rendemento, as suficientes funcións: prospección de mercados e promoción dos productos que se comercializan; visitas e servicios ordinarios a distribuidores e clientes; seguimento do consumo e rotación por variedades e formatos dos artigos comercializados; execución de accións comerciais especiais na súa zona de influencia; elaboración dos partes informativos necesarios; control de envases e de morosos; resolución de reclamacións, en xeral, calquera outra misión comercial

ou estatística concreta que lle determine o seu inmediato superior.

Prevendista: é o empregado que, posuíndo cualidades suficientes de cultura, sentido de organización e técnica de vendas, realiza labores de captación de clientes e leva a cabo a venda dos productos que se comercializan, nas zonas previamente asignadas, recollendo os pedidos dos clientes que posteriormente serán atendidas polo servicio correspondente; vixiando estreitamente o consumo e rotación dos productos para conseguir que o cliente teña surtido de tódalas variedades e formatos dos artigos que ten encomendado vender. Controlará o envase e efectuará o cobramento da mercadoría vendida se así se establece, facendo un especial seguimento dos créditos atrasados, e, en xeral, efectuará calquera outra misión comercial que, dentro das súas limitacións, lle determine o seu inmediato superior.

G) Categorías específicas do grupo especialistas de oficio.

Oficial de primeira, xefe de equipo: é o productor que, estando en posesión da categoría de oficial de primeira obreiro, realiza tarefas propias dela e, a xuízo da empresa, está capacitado para asumir ó propio tempo de forma continuada ou habitual o control dun grupo de traballadores en número non inferior a cinco, exercendo as facultades de mando que lle sexan delegadas ó delimita-las súas funcións; as súas facultades serán sempre máis limitadas que as atribuídas ós xefes de segunda, estando baixo a dependencia do superior que lle corresponda dentro da organización específica da empresa.

Oficial de primeira: é o productor que, con suficiente dominio dos coñecementos teórico-prácticos do oficio de que se trate, se encontra capacitado para practicalo con tal grao de perfección que poida levar a cabo traballos xerais del, así como aqueloutros que esixan especial empeño e delicadeza, orientando ó propio tempo o labor dos oficiais de segunda, axudantes e auxiliares.

Oficial de segunda: é o productor que acreditou posuí-los coñecementos xerais do oficio de que se trate, adquiridos mediante unha formación sistemática ou por unha práctica eficiente e continuada, polo que se encontra capacitado para realiza-los traballos correspondentes ó seu oficio coa suficiente corrección e rendemento.

Axudante: é o productor que, procedendo das categorías de auxiliares obreiros, ten acreditado posuí-los coñecementos xerais do oficio de que se trate e está capacitado para auxilia-los oficiais na execución dos traballos propios destes, así como para efectuar illadamente outros de menor importancia.

Auxiliar de primeira: é o operario que se encontra capacitado para realizar funcións concretas e determinadas que, non constituíndo oficio, esixen, sen embargo, certa práctica equivalente á adquirida nun período de tempo non inferior a cento cincuenta días

de traballo e unha especialidade e atención superior a tarefas simplemente manuais.

Auxiliar de segunda: é o operario que executa labores para a realización dos cales se require predominantemente un esforzo físico e tan só unha elemental instrucción sobre a práctica operatoria que se vaia empregar.

H) Categorías especificas do grupo subalterno.

Subalterno de primeira, xefe de equipo: é o empregado que, estando en posesión da categoría de subalterno de primeira, realiza tarefas propias dela e está capacitado, a xuízo da dirección da empresa, para asumir ó propio tempo de forma continuada e habitual o control inmediato do traballo dun número de empregados non inferior a cinco pertencentes ó seu grupo, exercendo as facultades de mando que lle sexan delegadas ó delimita-las súas funcións, baixo a dependencia do superior que lle corresponda, dentro da organización específica da empresa.

Subalterno de primeira: é o empregado que, a xuízo da dirección da empresa, ten acreditada a súa capacidade para exercer funcións propias do grupo a que pertence e que leva aparellada unha responsabilidade específica de control de mercadorías, documentos ou diñeiro, tendo encomendadas na empresa tarefas deste tipo. Pertencen a esta categoría os cobradores, auxiliares de caixa, basculeiros, contadores ou controladores, almaceneiros e telefonistas recepcionistas.

Subalterno de segunda: é o empregado que, a xuízo da dirección da empresa, ten acreditada a súa capacidade para exercer funcións propias deste grupo e que leva aparellada unha responsabilidade menor que a asignada ós subalternos de primeira, en relación cos servicios de vixilancia de edificios ou mercadorías así como de enlace dentro e fóra dos locais da empresa, tendo encomendada nesta algunha das tarefas. Pertencen a esta categoría os vixilantes, gardas xurados, porteiros, ordenanzas, telefonistas e enfermeiros.

Limpadores: son os traballadores que se ocupan do aseo e limpeza dos locais da empresa.

Artigo 11º.-Cargos de mando.

Consideraranse cargos de mando os correspondentes ás categorías que a continuación se relacionan, salvo que a dirección da empresa non lles asigne este carácter:

1. Director técnico, administrativo ou comercial.

2. Mestre cervexeiro.

3. Xefe de mantemento.

4. Xefe de contabilidade.

5. Xefe de proceso de datos.

6. Xefe de primeira técnico, administrativo ou comercial .

7. Xefe de segunda técnico, administrativo ou comercial

8. Oficial de primeira , xefe de equipo.

9. Subalterno de primeira, xefe de equipo.

Capítulo III

Disposicións económicas

Sección primeira

Salario base

Artigo 12º.-Salario base.

1. Os salarios base para as distintas categorías profesionais serán os seguintes:

Pesetas

mensuais

Salario base

anual

Técnicos

Director técnico181.4322.177.184
Mestre cervexeiro162.1501.945.800
Xefe de mantemento162.1501.945.800
Xefe de primeira142.8701.714.440
Xefe de segunda133.2251.598.700
Oficial de primeira123.5871.483.044
Oficial de segunda118.7661.425.192
Axudante de laboratorio103.8641.246.368
Auxiliar99.4851.193.820

Administrativos

Director administrativo181.4322.177.184
Xefe de contabilidade162.1501.945.800
Xefe de proceso de datos162.1501.945.800
Xefe de primeira142.8701.714.440
Xefe de segunda133.2251.598.700
Oficial de primeira123.5871.483.044
Oficial de segunda118.7661.425.192
Auxiliar99.4851.193.820

Comerciais

Director comercial181.4322.177.184
Xefe de primeira142.8701.714.440
Xefe de segunda133.2251.598.700
Inspector de primeira125.9941.511.928
Inspector de segunda121.1771.454.124
Promotor de vendas116.9531.403.436
Prevendista112.7271.352.724

Subalternos

Subalterno de primeira, xefe de equipo103.8641.246.368
Subalterno de primeira97.3481.168.176
Subalterno de segunda95.2571.143.084
Limpador90.8011.089.612

PesetasSalario

diariasbase anual

Especialistas de oficio

Oficial de primeira, xefe de equipo3.5301.288.450

Oficial de primeira3.2891.200.485

Oficial de segunda3.2151.173.475

Axudante3.1441.147.560

Auxiliar de primeira3.0681.119.820

Auxiliar de segunda2.9981.094.270

2. Ademais dos salarios que se especifican na táboa que antecede, os traballadores percibirán as pagas extraordinarias e demais complementos que se referencian nos artigos seguintes deste convenio.

Sección segunda

Complementos salariais

Artigo 13º.-Plus de convenio.

Establécese un plus de convenio sobre os salarios do artigo anterior, por un importe de 30.686 pesetas mensuais e sen distinción de categorías profesionais. Este plus terase en conta para tódalas pagas extraordinarias, pero non para efectos de antigüidade e horas extras.

Artigo 14º.-Plus de antigüidade.

Os traballadores fixos desfrutarán dos bienios que lles correspondan en razón da súa antigüidade na empresa, ata un límite de doce bienios, computándose os seus anos de servicio desde a data de ingreso no cadro de persoal fixo da empresa.

O importe da antigüidade calcularase sobre as retribucións consignadas no artigo 12º que antecede, e aboaráselles ós interesados de acordo coa categoría

de cada un e coa porcentaxe dun 5% cada bienio, sen perde-la antigüidade por ascenso dunha categoría a outra, pasándose a paga-la totalidade desta sobre o soldo de nova categoría.

Artigo 15º.-Plus de asistencia.

Co fin de mellora-la economía do persoal comprendido neste convenio, así como para estimulalo no cumprimento dos seus deberes, establécese un plus de asistencia de 825 pesetas, por cada día traballado, laborable ou non laborable, para tódolos traballadores calquera que sexa a súa categoría.

Artigo 16º.-Limitacións ó plus de asistencia.

O plus de asistencia devengarase polos días efectivamente traballados, sexan laborables ou non. Tendo en conta que o plus antes citado terá carácter de estímulo á asistencia e puntualidade, sen prexuízo da sanción regulamentaria que corresponda, poderá ser suprimido, e por tanto deixará de percibirse os días que o productor cometa faltas de asistencia temporal ó traballo, e tamén nos casos de falta reiterada de puntualidade, ou abandono de traballo. A determinación da reiteración e o número de días de privación do repetido plus por falta de puntualidade, o abandono de traballo, farase nun expediente no que deberá constar necesariamente o informe do comité de empresa.

Artigo 17º.-Pagas extraordinarias.

Ademais das pagas extraordinarias establecidas regulamentariamente en xullo e decembro, o persoal percibirá nos meses de maio e outubro de cada ano, unha gratificación extraordinaria polo importe dunha mensualidade ou a parte proporcional que lle corresponde se o persoal é de novo ingreso ou cesa antes de termina-lo ano.

O persoal que presta servicio por horas, xornada reducida ou quenda de traballo, terá dereito a iguais gratificacións, na parte que lle corresponda, polos salarios percibidos.

As ditas gratificacións calcularanse sobre o salario base, máis os pluses de convenio e antigüidade, previstos nos artigos 12º, 13º e 14º que anteceden.

As dúas pagas extraordinarias anteriores e as establecidas regulamentariamente devengaranse por sextas partes mensuais nos períodos seguintes:

a) A paga de maio devengarase desde o 1 de novembro anterior ó 30 de abril, ambos inclusive. Farase efectiva o 5 de maio ou o seguinte hábil se este coincide en festivo.

b) A paga de xullo devengarase desde o 1 de xaneiro anterior ó 30 de xuño, ambos inclusive. Farase efectiva o 15 de xullo ou o seguinte hábil, se este coincide en festivo.

c) A paga de outubro devengarase desde o 1 de maio anterior ó 31 de outubro, ambos inclusive. Farase efectiva o 5 de outubro ou o seguinte hábil, se este coincide en festivo.

d) A paga de Nadal devengarase desde o 1 de xullo anterior ó 31 de decembro, ambos inclusive. Farase efectiva o 20 de decembro ou o seguinte hábil, se este coincide en festivo.

As fraccións de mes traballadas computaranse como meses completos para efectos do seu devengo.

Artigo 18º.-Gratificación por asistencia e productividade extraordinaria.

O persoal en activo que durante os tres meses anteriores non fose baixa na empresa por causa ningunha percibirá no mes de setembro de cada ano, unha gratificación extraordinaria por asistencia e productividade, con independencia do plus regulado nos artigos 14º e 15º que anteceden. Farase efectiva o 15 de setembro ou o seguinte hábil se este coincide en festivo.

A dita gratificación será igual a unha mensualidade, calculada sobre o salario base, máis os pluses de convenio e antigüidade, previstos nos artigos 12º, 13º e 14º deste convenio.

Exceptúase do requisito esixido no parágrafo primeiro deste artigo o persoal que fose baixa por causa de accidente laboral, ou desfrute de vacacións ou licencias autorizadas pola dirección da empresa, que, non obstante, terá dereito en tal caso á gratificación por asistencia e productividade extraordinaria.

Artigo 19º.-Traballos en festivos.

O persoal que por imperativos da producción traballe en día festivo, desfrutará o seu descanso en día laborable e ademais, en compensación, percibirá un plus, cun importe do 150% do seu salario base e plus de antigüidade diarios, previstos nos artigos 12º e 14º que anteceden.

Artigo 20º.-Plus de traballo nocturno.

1. O persoal que traballe entre as 22 e as 6 horas percibirá un suplemento por traballo nocturno equivalente ó 35% do salario base establecido en convenio para a súa categoría laboral ou a superior que estivese desempeñando.

2. Hai que distingui-los seguintes supostos:

2.1. Quen traballe dentro do período indicado polo tempo que non exceda de catro horas percibirá o plus soamente sobre as horas traballadas entre as 22 e as 6.

2.2. Se as horas traballadas no período nocturno exceden de catro, o plus que se establece percibirase polo total da xornada realizada.

Artigo 21º.-Horas extraordinarias.

O persoal da empresa realizará as horas extraordinarias necesarias, a xuízo da dirección da empresa, sempre que o número delas non exceda dos límites legais.

Sen embargo, ante a grave situación de paso existente, e co obxecto de favorace-la creación de emprego, ámbalas partes acordan a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable as horas extraordinarias de acordo cos seguintes criterios:

1. Horas extraordinarias habituais: supresión.

2. Horas extraordinarias que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros datos extraordinarios ou urxentes, así como en caso de risco de perda de materias primas: realización.

3. Horas extraordinarias por pedidos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quendas ou outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza de que se trate: mantemento, sempre que non caiba a utilización das distintas modalidades de contratación temporal ou parcial previstas na lei.

O traballador poderá optar entre cobra-las horas extraordinarias na contía que no parágrafo seguinte se sinala ou compensalas en tempo equivalente de descanso retribuído.

A contía da hora extraordinaria, en día laborable ou festivo, será o resultado de dividir entre 1.800 horas o salario base, plus de antigüidade, e pagas extraordinarias previstas nos artigos 12º, 14º, e 17º que anteceden; ó seu resultado aplicarase o 75% de recarga.

Artigo 22º.-Axudas de custo.

A partir da entrada en vigor do presente convenio, o persoal que viña percibindo axudas de custo polo

desempeño das súas funcións fóra do termo municipal do seu centro de traballo, pasará a cobralas nas seguintes contías:

Inspectores e promotores de vendas:

Axuda de custo completa: 5.400 pesetas.

Media axuda de custo: 2.700 pesetas.

Prevendistas, persoal de reparto e/ou mantemento:

Axuda de custo completa: 3.325 pesetas.

Media axuda de custo: 1.100 pesetas.

Os directores e xefes de departamento e sección viaxarán con gastos que deberán xustificar.

Artigo 23º.-Comisións e compensación por reparto.

Enténdese por comisións aquelas cantidades que percibe o persoal de distribución e/ou reparto en compensación á posible prolongación da xornada de traballo e en función da calidade do servicio prestado.

A partir da entrada en vigor do presente convenio, as referidas comisións son as que a continuación se indican:

Cervexa:

Barril de 50 litros: 85,80 pesetas.

Barril de 30 litros: 51,70 pesetas.

Caixa de 1/3: 12,00 pesetas.

Caixa de 1/5: 10,20 pesetas.

Caixa de 1/4: 8,65 pesetas.

Caixas de latas 1906 e HR (24 unidades): 12,00 pesetas.

Caixas de 1906 e HR (12 unidades): 6,00 pesetas.

Auga:

Caixa de 1œ (PET): 12,00 pesetas.

Caixa de 1/2, 1/3, e 1/4 (PET): 8,65 pesetas.

Caixa de 1/1 (cristal): 12,00 pesetas.

Caixa de 1/2 e 1/3 (cristal) 10,20 pesetas.

Os importes anteriores aboaranse por cada barril e/ou caixa de cervexa e auga vendida e percibiraos ó 100% o vendedor-repartidor cando realice a ruta el só. Se comparte a ruta con outra persoa ou se realiza prevenda, o vendedor-repartidor percibirá o 50% e o acompañante ou prevendista o outro 50%.

Capítulo IV

Melloras sociais

Artigo 24º.-Complementos de indemnización.

1. Todo o persoal da cadro de persoal fixo percibirá en caso de incapacidade temporal e ata o esgotamento das prestacións da Seguridade Social, a diferencia entre o que lle corresponde percibir polo réxime de Seguridad Social e a retribución base máis antigüidade e plus de convenio que tivese asignada

ó tempo de contrae-la enfermidade ou sufri-lo accidente.

2. Así mesmo, o persoal de cadro de persoal fixo da empresa, percibirá durante a prórroga especial da incapacidade temporal (de 18 a 30 meses) a cantidad de 12.154 pesetas mensuais.

3. En caso de que algún traballador que realice xornada completa, pertencente ó cadro de persoal fixo da empresa, sexa declarado por resolución firme e definitiva en situación de incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, a empresa aboaralle mensualmente e mentres permaneza nalgunha das situacións anteriores, unha porcentaxe sobre o complemento de xubilación regulado no artigo 26º deste convenio colectivo, en función dos anos de servicio como traballador fixo de cadro de persoal e da categoría laboral que tivese na data de baixa por esgotamento das prestacións da Seguridad Social, de acordo coa escala que se detalla a continuación. Este complemento de indemnización poderá ser suprimido pola empresa sen outro requisito, se o beneficiario exercese actividades remuneratorias, ben por conta propia ou por conta allea.

Para ter dereito a este complemento de indemnización, o traballador deberá ter acreditada unha antigüidad de catro anos como mínimo no cadro de persoal fixo. Este período computarase desde a data de alta do traballador no cadro de persoal fixo da empresa ata a data de baixa del por esgotamento de prestacións da Seguridade Social ou accidente que comporte a declaración do traballador en calquera das situacións de incapacidade anteriormente mencionadas.

O persoal que presta servicio por horas, xornada reducida ou quenda de traballo, terá dereito a este complemento de indemnización, na parte que corresponda, polos salarios percibidos.

Anos de servicio como traballadorPorcentaxe sobre o comple-

fixo do cadro de persoal na empresa mento de xubilación vixente

425%

630%

835%

1040%

1245%

1450%

1655%

1860%

2065%

2270%

2475%

2680%

2885%

3090%

3295%

34100%

Artigo 25º.-Comprobación de situación.

Durante o transcurso da situación de incapacidade temporal, a empresa poderá comproba-la evolución dela e, se se apreciara que o traballador dado de baixa non observa as normas prescritas para a súa curación ou fai simulación orientada a prolongar indebidamente a situación de baixa, será privado dos beneficios que se establecen no artigo anterior, todo iso sen prexuízo da responsabilidade doutra orde en que poida estar incurso.

Artigo 26º.-Xubilación.

A empresa queda facultada para xubilar ó persoal ó cumpri-los sesenta e cinco anos de idade, co consentimento do traballador. O traballador que acceda á súa xubilación ó cumpri-los sesenta e cinco anos de idade e realice xornada completa, percibirá unha asignación mensual con cargo á empresa, con independencia da prestación da Seguridade Social, que estará en función da categoría laboral que tivese acreditada no momento de xubilarse, conforme a siguiente escala:

Pesetas

mensuais

-Director técnico, administrativo

ou comercial50.349

-Mestre cervexeiro, xefe de mantemento,

xefe de contabilidade ou de

proceso de datos44.812

-Xefe de primeira técnico, administrativo

ou comercial39.526

-Xefe de segunda técnico, administrativo

ou comercial37.006

-Inspector de primeira comercial34.994

-Oficial de primeira técnico ou administrativo34.238

-Inspector de segunda comercial33.484

-Oficial de segunda técnico ou administrativo32.980

-Promotor de vendas comercial32.980

-Prevendista comercial31.216

-Oficial de primeira obreiro xefe de equipo29.706

-Axudante de laboratorio ou subalterno

de primeira xefe de equipo28.700

-Auxiliar técnico ou administrativo

e oficial de primeira obreiro27.693

-Oficial de segunda obreiro ou subalterno

de primeira26.938

-Axudante obreiro ou subalterno de segunda26.433

-Auxiliar de primeira obreiro25.680

-Auxiliar de segunda obreiro ou limpador25.174

Establécese a posibilidade de xubilación anticipada ós traballadores maiores de 60 anos coas mesmas condicións de beneficios que ós que se xubilan ós 65 anos; naquel caso, a empresa aboaralles ata o momento de cumpriren os 65 un complemento mensual adicional ó indicado no parágrafo anterior. Este complemento poderá ser substituído por unha cantidade a prezo axustado que se lle fará efectiva ó traballador no momento de causa-la baixa por xubilación. En ámbolos supostos as cantidades resultantes estarán en función da categoría laboral do productor e dos anos de servicio na empresa.

A referida xubilación anticipada será de libre ofrecemento e aceptación tanto por parte da empresa como polo traballador; poderanse amortiza-las vacantes producidas por estes supostos.

O persoal que presta servicio por horas, xornada reducida ou quenda de traballo, terá dereito ós beneficios que se regulamentan no presente artigo, na parte que corresponda, polos salarios percibidos.

Para ter dereito ós complementos descritos anteriormente, a xubilación debe producirse unha vez cumpridos os 60 anos de idade e ata os 65 como máximo. Se as idades mínimas de xubilación fosen modificadas por disposición legal, as presentes normas modificaranse automaticamente, en canto á idade se refiere, substituíndo os 60 e 65 anos actuais pola idade que se implante.

O devengo dos beneficios que se establecen no presente artigo cesará ó falece-lo beneficiario. A dirección da empresa poderá esixi-la presentación de certificación de vida do titular da pensión, cando o pagamento non se lle realice directamente ó interesado.

Artigo 27º.-Seguro colectivo de vida e invalidez.

Complementado o sistema de previsión obrigatoria e con carácter voluntario, Hijos de Rivera, S.A. subscribirá cunha entidade aseguradora da súa libre designación, unha póliza de seguro colectivo de vida e invalidez, para garantir un capital para caso de morte ou invalidez absoluta e permanente a cada un dos compoñentes do colectivo asegurado, nas condicións que figuren na póliza subscrita para o efecto, sempre que pertenza ó cadro de persoal fixo da empresa en activo, e fosen aceptados na póliza pola compañía aseguradora, tendo en conta o seu estado actual de saúde.

Capitais asegurados:

-Morte por causas naturais: 1.500.000 pesetas.

-Morte por accidente: 3.000.000 de pesetas.

-Morte por accidente de circulación: 4.500.000 pesetas.

-Invalidez permanente absoluta e gran invalidez, por calquera causa: 1.500.000 pesetas.

Artigo 28º.-Premio de antigüidade.

Pagamento dunha mensualidade de salario base máis antigüidade e plus de convenio, no mes de cumprir vinte anos de servicio na empresa e outra mensualidade da mesma contía ós trinta anos de servicio, mensualidade que se entende no momento de percibi-los premios.

Artigo 29º.-Gratificación por festividade da patrona.

Establécese unha gratificación de 21.650 pesetas para todo o persoal, sen distinción de categoría profesional, que se fará efectiva o día 9 de setembro de cada ano.

Artigo 30º.-Equipos de traballo.

A empresa entregaralles ós traballadores que presten servicios nas seccións que detallan o seguinte equipo de traballo:

SecciónCantidade/equipoPeríodoCor

Cocemento e envasado2 cazadoras e 2 pantalóns ou 2 fundasanualverde
2 camisasbianualverde
1 par de calzado adaptado ó posto de traballopara solicitar
1 par de botaspara solicitar

Carretistas2 cazadoras e 2 pantalóns ou 2 fundasanualverde
2 camisasbianualverde
1 par de zapatospara solicitar
1 par de luvas de abrigoanual
1 chaqueta de abrigobianual

Bodegas2 cazadoras e 2 pantalóns ou 2 fundasanualverde
2 camisasbianualverde
1 xerseianualazul
1 par de calzado adaptado ó posto de traballopara solicitar
1 par de botaspara solicitar

Sala de máquinas2 fundasanualverde
2 camisasbianualverde
1 par de calzado adaptado ó posto de traballopara solicitar
1 par de botaspara solicitar

Laboratorio2 batasanualblanco

Carga e descarga (subalternos)1 batapara solicitarazul

Reparto, garaxe e mantemento1 cazadoraanualmarrón
2 pantalónsanualmarrón
2 camisasanualbeige
1 garavatapara solicitarverde
1 anorakbianualverde

A entrega dos equipos enumerados anteriormente efectuarase no transcurso do primero semestre, coa excepción do anorak, que se entregará no terceiro trimestre.

Artigo 31º.-Entrega de cervexa.

Os traballadores poderán retirar da empresa cervexa para consumo exclusivo no seu domicilio, ata 60 caixas anuais de calquera tipo de cervexa, ó prezo que se facture ós establecementos da praza onde radique a fábrica, cunha reducción do 30 por 100. A partir do 1 de xaneiro de 1999, a reducción será do 50 por 100.

Capítulo V

Ingresos, cesamentos e ascensos

Artigo 32º.-Ingresos de persoal fixo.

Os ingresos do persoal fixo axustaranse ó disposto no Estatuto dos traballadores, así como nas leis vixentes en materia de colocación axustándose no posible ás seguintes normas:

1. No suposto de que a vacante que se vaia cubrir sexa un cargo de mando, subalternos, oficial de 1ª e 2ª, técnicos e administrativos, promotores de venda e prevendistas, a dirección da empresa designará libremente a persoa que ha de ser admitida para ocupa-la praza.

2. Para cubri-las restantes vacantes e unha vez esgotado o trámite de selección entre o persoal da empresa, de acordo co artigo 36º deste convenio, a dirección poderá cubrilas con persoal alleo á empresa.

3. As prazas auxiliares de 2ª obreiro fixo de cadro de persoal, quedarán reservadas para o persoal da dita categoría, proveniente da escala de persoal que preste servicios en traballos que teñan o carácter de fixo-descontinuo, que accederán ás ditas prazas por rigorosa orde de antigüidade.

Artigo 33º.-Ingreso e cesamento do persoal que presta servicios en traballos que teñan o carácter de fixos-descontinuos.

O ingreso na escala de persoal que preste servicios en traballos que teñan o carácter de fixo-descontinuo axustarase ó disposto na lexislación laboral vixente en cada momento.

Cando na escala do dito persoal se produzan vacantes na categoría de auxiliares de segunda obreiros, os fillos de empregados terán preferencia para ocupa-las ditas vacantes nun 50%.

Os traballadores incluídos na expresada escala deberán ser chamados cada vez que se leven a cabo os traballos fixos e periódicos na actividade da empresa, pero de carácter descontinuo, levándose a cabo o chamamento por rigorosa orde de antigüidade dentro de cada categoría.

Os ditos traballadores pasarán a ser fixos de cadro de persoal se prestan servicios na empresa de forma continuada máis de 270 días naturais dentro do ano civil.

A condición de traballador fixo de cadro de persoal adquiriraa o traballador que preste servicios en traballos que teñan o carácter de fixo-descontinuo, por rigorosa orde de antigüidade, sempre que sexa para cubri-las vacantes correspondentes á categoría de auxiliar de segunda obreiro.

Este persoal percibirá ó cesar, e en concepto de indemnización, o importe de 7 días do salario percibido en xornada normal, incrementándose a dita indemnización nun día máis por cada mes ou fracción de mes que exceda dos tres primeros traballados dentro de cada chamamento.

Para a reducción ou destitución de quen preste servicios en traballos que teñan o carácter de fixos-descontinuos comezarase polos traballadores máis modernos da escala e comunicarase no taboleiro de anuncios con 8 días naturais de anticipación, polo menos.

Artigo 34º.-Ingreso e cesamento do persoal eventual e interino.

A contratación e cesamento do persoal eventual e interino e a regulación desta relación axustarase ó disposto na lexislación laboral vixente en cada momento.

Salvando a liberdade de contratación que ten a empresa para este tipo de contratos e non renunciando a ese dereito, procurarase darlles preferencia ós fillos de empregados para ocupa-lo 50% das prazas que se convoquen para ocupar eventual ou interinamente prazas de auxiliar de segunda obreiro.

O persoal que traballase na empresa, mediante contratos eventuais ou de interinidade, non terá dereito a reserva da praza para novas contratacións; malia iso, procurarase nutri-la escala do persoal que presta servicios en traballos que teñan o carácter de fixo-descontinuo con traballadores que fosen contratados baixo esta modalidade, para o cal se terá en conta o seu comportamento anterior e que as aptitudes persoais e profesionais sexan as adecuadas para o posto que se desexe cubrir.

Artigo 35º.-Comunicación de vacantes e solicitude de ingreso.

Os postos vacantes por calquera causa e os de nova creación que se produzan, de calquera categoría, publicaranse no taboleiro de anuncios, logo de llo comunicar ó comité de empresa.

Quen desexe ingresar na empresa deberá presentar solicitude por escrito, segundo o modelo establecido e dirixido á dirección. A falsidade nos datos persoais, profesionais ou familiares anulará a solicitude presentada e será considerada como falta moi grave.

A empresa establece como condición previa a todo ingreso do persoal a realización dunhas probas de aptitude que serán fundamentalmente médicas, culturais, profesionais e psicotécnicas; do seu resultado dependerá a admisión. Cando se trate de persoal de libre elección, a dirección determinará, en cada caso, as condicións de admisión.

Artigo 36º.-Ascensos.

1. Os postos vacantes que por calquera causa non fosen amortizados e os de nova creación que se produzan na empresa cubriranse da seguinte forma:

1.1. Por libre designación absoluta da dirección da empresa: cargos de mando, así como subalternos, oficial de 1º e 2º técnico ou administrativo, promotores de venda e prevendista.

1.2. Por libre designación da dirección dentro do persoal da empresa: o resto de persoal.

Neste suposto a dirección designará logo de reunión consultiva coas persoas designadas polo comité de empresa, entre as solicitudes dos traballadores recibidas pola dirección da empresa ou presentadas polo propio comité, a persoa o persoas que vaian ocupar vacante e poderá a empresa somete-los aspirantes a unhas probas de aptitude, encargándoselle a unha empresa especializada a realización destas probas. Se as ditas vacantes non se cubrisen, a dirección poderá decidir convocalas entre persoas alleas á empresa.

2. Tódolos auxiliares de segunda obreiro con antigüidade de dez anos nesta categoría como traballadores fixos na empresa, ascenderán automaticamente á categoría de auxiliar de primeira obreiro, sen outro requisito.

3. Tódolos carretistas con antigüidade de quince anos neste posto como traballadores fixos na empresa, ascenderán automaticamente á categoría de oficiais de primeira obreiro, sen outro requisito.

Capítulo VI

Cadro de persoal, escala e mobilidade funcional

Artigo 37º.-Cadro de persoal.

A dirección da empresa confeccionará a cadro de persoal, segundo as necesidades de persoal que esixa o proceso de producción.

Artigo 38º.-Escala.

1. A dirección da empresa redactará a escala do persoal ó seu servicio, con separación dos grupos que o integran, tendo en conta para a colocación nel os seguintes extremos:

Grupo laboral.

Categoría profesional.

Orde de antigüidade na categoría.

Antigüidade na categoría inmediata inferior.

Antigüidade no grupo laboral.

Antigüidade na empresa.

Data de nacemento.

2. Cada centro de traballo terá a súa escala.

3. A dirección da empresa publicará anualmente a escala para o coñecemento do persoal e o traballador que se considere prexudicado poderá reclamar ante ela sobre o lugar que lle fose asignado.

4. En caso de ser denegada a súa petición pola dirección da empresa, poderá exerce-las accións legais oportunas de acordo co disposto na lexislación laboral vixente.

Artigo 39º.-Funcións superiores.

O persoal poderá realizar traballos de categoría profesional superior á súa se existisen razóns téc

nicas ou organizativas que o xustificasen e polo tempo imprescindible para a súa atención, cunha duración máxima de seis meses durante un ano ou oito durante dous anos, percibindo durante o tempo de duración dos seus servicios a remuneración correspondente á categoría á que circunstancialmente resulta adscrito.

A empresa comunicaralles ós representantes dos traballadores, cunha periodicidade trimestral, polo menos, do persoal que está percibindo remuneración correspondente á categoría superior.

Transcorrido o prazo a que se refire o apartado anterior, e en caso de existir vacante, a dirección da empresa cubriraa de acordo co establecido no artigo 35º. Non existirá praza vacante nos supostos de incapacidade temporal do titular da praza, vacacións, licencias, excedencia forzosa ou calquera outro suposto que implique a reincorporación do titular á su praza.

O traballador unicamente poderá reclama-lo ascenso se a dita praza se encontra vacante.

Artigo 40º.-Funcións inferiores.

Se por razóns perentorias ou imprevisibles da actividade productiva se lle encomendasen ó traballador funcións inferiores, estas deberán ser polo tempo imprescindible para a súa atención, conservando o traballador a retribución correspondente á súa propia categoría.

Se o cambio de destino tivese a súa orixe na petición do traballador ou como consecuencia da imposición dunha sanción moi grave, asignaráselle a este a retribución correspondente á nova categoría.

A empresa comunicaralles ós representantes dos traballadores, cunha periodicidade trimestral, polo menos, o persoal que realiza funcións inferiores.

Capítulo VII

Xornada, horario de traballo, vacacións e licencias

Sección primeira

Xornada e horario de traballo

Artigo 41º.-Xornada.

1. A duración máxima da xornada ordinaria de traballo será de trinta e nove horas e trinta minutos semanais de traballo efectivo.

2. Tendo en conta que a industria cervexeira ten unha marcada intensificación do traballo en determinadas épocas do ano, no período comprendido desde o 15 de maio ó 15 de setembro de cada ano, ambos inclusive, a duración máxima da xornada ordinaria semanal de traballo pactada no parágrafo que antecede, poderá ser ampliada, sen exceder en ningún caso de nove horas ordinarias diarias de traballo efectivo, nin de 1.800 horas de traballo efectivo, en cómputo anual, é dicir, sen que, no dito cómputo anual a media semanal supere as trinta e nove horas e trinta minutos de traballo efectivo.

3. O persoal de distribución e reparto, inspectores, promotores e prevendistas comerciais, así como o persoal destinado á instalación e mantemento de aparellos arrefriadores de cervexa quedan excluídos do réxime de xornada normal, mentres subsistan as comisións e compensacións por reparto, primas de venda e incentivos para compensa-las posibles prolongacións de xornada.

Artigo 42º.-Horario de traballo.

1. O horario de traballo efectivo do persoal da empresa é o que a continuación se determina para as distintas seccións e quendas:

-Sección de cocemento:

Luns:

Quenda 1: de 0 a 6 horas.

Quenda 2: de 6 a 14 horas.

Quenda 3: de 14 a 22 horas.

Martes, mércores e xoves:

Quenda 1: de 22 a 6 horas.

Quenda 2: de 6 a 14 horas.

Quenda 3: de 14 a 22 horas.

Venres:

Quenda 1: de 22 a 6 horas.

Quenda 2: de 6 a 13.30 horas.

Quenda 3: de 13.30 a 21 horas.

-Sección de máquinas:

Luns:

Quenda 1: de 0 a 6 horas.

Quenda 2: de 6 a 14 horas.

Quenda 3: de 14 a 22 horas.

Martes, mércores e xoves:

Quenda 1: de 22 a 6 horas.

Quenda 2: de 6 a 14 horas.

Quenda 3: de 14 a 22 horas.

Venres:

Quenda 1: de 22 a 6 horas.

Quenda 2: de 6 a 13.30 horas.

Quenda 3: de 13.30 a 21 horas.

Coa incorporación de «correquendas» completaranse as necesarias xornadas de traballo desta sección.

-Sección de bodegas.

Para o persoal desta secciónd e bodegas que viña desfrutando dunha xornada laboral de seis horas dia

rias de traballo efectivo, establécese a título individual e como dereito adquirido o seguinte horario:

Luns, martes, mércores e xoves:

Quenda 1: de 0 a 6.30 horas.

Quenda 2: de 6 a 12.30 horas.

Quenda 3: de 12.30 a 19 horas.

Quenda 4: de 18 a 0.30 horas.

Venres:

Quenda 1: de 0 a 6 horas.

Quenda 2: de 6 a 12 horas.

Quenda 3: de 12 a 18 horas.

Quenda 4: de 18 a 24 horas.

Debido ás melloras introducidas no proceso de fabricación, non procede o establecido no parágrafo anterior referente á reducción de xornada, toda vez que non existen cámaras con temperatura por debaixo de 0ºC, polo que o persoal incorporado a esta sección a partir do 1 de xaneiro de 1982, se rexerá polo seguinte horario:

Luns:

Quenda 1: De 0 a 6 horas.

Quenda 2: De 6 a 14 horas

Quenda 3: De 14 a 22 horas

Martes, mércores e xoves:

Quenda 1: De 22 a 6 horas.

Quenda 2. De 6 a 14 horas.

Quenda 3: De 14 a 22 horas.

Venres:

Quenda 1: De 22 a 6 horas

Quenda 2: De 6 a 13.30 horas.

Quenda 3: De 13.30 a 21 horas.

-Seccións de envasado, carga e descarga, laboratorio, garaxe e servicios de mantemento.

A) O persoal destas seccións, no período abranguido entre o 15 de maio e o venres da última semana iniciada no mes de agosto de cada ano, ambos inclusive, traballará unha xornada ordinaria semanal máxima de corenta horas de traballo efectivo, de acordo cos seguintes horarios:

Luns:

Quenda 1: de 0 a 8 horas.

Quenda 2: de 6 a 14 horas.

Quenda 3: de 14 a 22 horas.

Martes a venres:

Luns:

Quenda 1: de 22 a 6 horas.

Quenda 2: de 6 a 14 horas.

Quenda 3: de 14 a 22 horas.

En compensación, o persoal destas seccións, no período abranguido entre o primeiro luns de setembro e o 14 de maio de cada ano, ambos inclusive, traballará unha xornada ordinaria semanal máxima de trinta e sete horas trinta minutos de traballo efectivo, de acordo cos seguintes horarios:

Luns:

Quenda 1: de 0 a 7.30 horas.

Quenda 2: de 7 a 14.30 horas.

Quenda 3: de 14.30 a 22 horas.

Martes a venres:

Luns:

Quenda 1: de 23.30 a 7 horas.

Quenda 2: de 7 a 14.30 horas.

Quenda 3: de 14.30 a 22 horas.

A xornada ordinaria semanal máxima de corenta horas prevista desde o 15 de maio ó venres da última semana iniciada no mes de agosto de cada no, poderá variarse a xuízo da empresa, segundo necesidades de producción, respectando en todo caso os días de traballo de cada un dos dous períodos.

B) Se por imperativos da producción ou períodos extraordinarios, a xuízo da dirección se tivese que traballar algún sábado non festivo do ano, a empresa queda facultada para dispor do persoal destas seccións que considere necesario, para da-lo servicio adecuado, logo de comunicación ó comité de empresa.

Para tales efectos establécense dous tipos de xornada para os ditos sábados, por elección da empresa en cada caso:

a) Xornada de 4 horas.

b) Xornada de 8 horas.

A xornada de 4 horas estará comprendida dentro do período das 6 ás 14 horas, segundo conveniencia da empresa, e cada traballador, sen distinción de categoría nin antigüidade, percibirá un plus cun importe de 4.750 pesetas pro xornada traballada.

A xornada de 8 horas terá lugar necesariamente desde as 6 ás 14 horas e cada traballador, sen distinción de categoría nin antigüidade, percibirá un plus cun importe de 8.250 pesetas, por xornada traballada.

Nos importes anteriores non está incluído o plus de asistencia, que se pagará na súa totalidade por cada sábado traballado, sexa cal sexa a xornada realizada.

c) As cantidades antes citadas como plus de xornada en sábados non festivos veranse incrementadas na mesma porcentaxe na que suba o salario base no convenio colectivo de cada ano.

-Depósitos e delegacións comerciais:

Para o persoal de depósitos e delegacións comerciais, establécese unha xornada semanal de luns a venres no período do 1 de setembro ó 14 de xuño de cada ano, e unha xornada de luns a sábado para o período comprendido entre o 15 de xuño e o 31 de agosto, ambos inclusive, de acordo cos seguintes horarios:

1 de setembro a 14 de xuño15 de xuño a 31 de agosto

Persoal de oficinasMañá: de 8.30 a 13Mañá: de 8.30 a 13
almacénsTarde: de 15.30 a 18.30Tarde: de 15.30 a 18.30
(luns a venres)

Persoal de distribuciónMañá: de 8.30 a (1)Mañá: de 8 a (1)
e reparto, comercial eTarde: de (1) a (1)Tarde: de (1) a (1)
de mantemento

(luns a venres)

Todo o persoal

(sábados)

Mañá: de 8 a 13

(1) O persoal de distribución e reparto, inspectores, promotores e prevendistas comerciais, así como o persoal destinado a instalación e mantemento de aparellos arrefriadores de cervexa, quedan excluídos do réxime de xornada normal, mentres subsistan as comisións e compensacións por reparto, primas de venda e incentivos para compensa-las posibles prolongacións de xornada.

2. As quendas de traballo durante o ano poderán ser nun mesmo día e sección dun, dous ou tres (en bodegas catro ), de acordo coa producción e a índole do traballo.

3. Os días 24 e 31 de decembro de cada ano, tódalas quendas se farán pola mañá.

4. Se por disposición legal obrigatoria fose necesario reduci-la xornada laboral establecida neste convenio colectivo, o presente artigo, será obxecto de revisión, se procede, para o adaptar ás novas normas nesta materia.

Sección segunda

Vacacións e licencias

Artigo 43º.-Vacacións.

1. Establécese para todo o persoal fixo de cadro de persoal, trinta días naturais de vacacións anuais.

2. O calendario de desfrute das vacacións organizarase por quendas durante os 12 meses do ano e será rotativo entre os traballadores da empresa. Darase coñecemento deste ó comité de empresa.

Para que os traballadores poidan coñece-las datas nas que lles corresponde desfruta-las súas vacacións, exporase no taboleiro de anuncios con dous meses de antelación, polo menos, cada quenda de saída.

3. Para todo o persoal que chegue a un acordo coa empresa, en canto á época de desfrute do seu

período vacacional, establécese unha bolsa de 49.150 pesetas brutas, que se fará efectiva o 18 de marzo ou o seguinte hábil se este coincide en festivo.

Artigo 44º.-Licencias.

Os traballadores, logo de aviso, e mediante xustificación por requirimento da empresa, poderán ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) 15 días naturais en caso de matrimonio.

b) 4 días naturais por falecemento do cónxuxe ou de fillos. Dous días, polo menos, serán laborables.

c) 2 días naturais por falecemento de pais dun ou outro cónxuxe. No caso de falecemento dos pais do traballador, un día polo menos será laborable.

d) 2 días naturais por falecemento de avós, irmáns, irmáns políticos e netos.

e) Polo tempo necesario para asistir ó enterramento de tíos carnais do traballador.

f) 3 días naturais por enfermidade grave de cónxuxe e fillos.

g) 2 días naturais por enfermidade grave de pais, avós e irmáns dun ou outro cónxuxe, e netos.

h) 3 días naturais por nacemento de fillos.

i) 1 día por traslado do domicilio habitual.

j) Polo tempo indespensable para acudir á consulta médica, con posterior xustificación.

k) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos legalmente establecidos.

l) En todos aqueles supostos non previstos no presente artigo e recollidos no Estatuto dos traballadores e demais leis vixentes.

Nos casos previstos nas alíneas b), c), d), f) e g), cando o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto fóra da provincia, o permiso será de 4 días.

As licencias especificadas nas alíneas b), c), d), f) e g) deste artigo enténdense así mesmo referidas a quen acredite debidamente a convivencia conxugal de feito.

Capítulo VIII

Réxime disciplinario

Artigo 45º.-Principio de ordenación.

1. As presentes normas de réxime disciplinario perseguen o mantemento da disciplina laboral, que é un aspecto fundamental para a normal convivencia, ordenación técnica e organización da empresa, así como a garantía e defensa dos dereitos e intereses lexítimos de traballadores e empresarios.

2. As faltas, sempre que sexan constitutivas de incumprimentos contractuais e culpable o traballa

dor, poderán ser sancionadas pola dirección da empresa de acordo coa graduación que se establece no presente capítulo.

3. Toda falta cometida polos traballadores clasificarase en leve, grave ou moi grave.

4. A falta, sexa cal for a súa cualificación, requirirá comunicación escrita e motivada da empresa ó traballador.

5. A imposición de sancións por faltas graves e moi graves seralles notificada ós representantes legais dos traballadores, se os houber.

Artigo 46º.-Graduación das faltas.

1. Consideraranse como faltas leves:

A) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo ata tres ocasións nun mes por un tempo total inferior a vinte minutos.

B) A inasistencia inxustificada ó traballo dun día durante o período dun mes.

C) A non comunicación coa antelación previa debida, da inasistencia ó traballo por causa xustificada, salvo que se acreditase a imposibilidade da notificación.

D) O abandono do posto de traballo sen causa xustificada por breves períodos de tempo e sempre que iso non causase risco á integridade das persoas ou das cousas; neste caso poderá ser cualificado, segundo a gravidade, como falta grave ou moi grave.

E) A desatención e falta de corrección no trato co público cando non prexudiquen gravemente a imaxe da empresa.

F) Os descoidos na conservación do material que se tivese a cargo ou fose responsable e que produzan deterioracións leves del.

2. Considéranse como faltas graves:

A) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo ata en tres ocasións nun mes por un tempo total de ata corenta minutos.

B) A inasistencia inxustificada ó traballo de dous a catro días durante o período dun mes.

C) O entorpecemento, a omisión maliciosa e o falseamento dos datos que tivesen incidencia na Seguridade Social.

D) A simulación de enfermidade ou accidente, sen prexuízo do prevido no parágrafo E) do seguinte número.

E) A suplantación doutro traballador, alterando os rexistros e controis de entrada e saída ó traballo.

F) A desobediencia ás ordes e instruccións de traballo, incluídas as relativas ás normas de seguridade e hixiene, así como a imprudencia ou neglixencia no traballo, salvo que delas derivasen prexuízos graves á empresa, causasen avarías ás instalacións,

maquinarias e, en xeral, bens da empresa ou comportasen risco de accidente para as persoas; neste caso serán consideradas como faltas moi graves.

G) A falta de comunicación á empresa dos desperfectos ou anormalidades observados nos utensilios, ferramentas, vehículos e obras ó seu cargo, cando diso se derivase un prexuízo grave para a empresa.

H) A realización, sen o oportuno permiso, de traballos particulares durante a xornada, así como o emprego de utensilios, ferramentas, maquinaria, vehículos e, en xeral, bens da empresa para os que non estivese autorizado ou para usos alleos ós do traballo encomendado, incluso fóra da xornada laboral.

I) O quebrantamento ou a violación de segredos de obrigada reserva que no produza grave prexuízo para a empresa.

J) A embriaguez non habitual no traballo.

K) A falta de aseo e limpeza persoal cando poida afecta-lo proceso productivo ou a prestación do servicio e sempre que, previamente, mediase a oportuna advertencia da empresa.

L) A execución deficiente dos traballos encomendados, sempre que diso non se derive prexuízo grave para as persoas ou as cousas.

LL) A diminución do rendemento normal no traballo de maneira non repetida.

M) As ofensas de palabra proferidas ou de obra cometidas contra as persoas, dentro do centro de traballo, cando non revistan acusada gravidade.

N) As derivadas do establecido nos apartados 1.D) e E) do presente artigo.

O) A reincidencia na comisión de cinco faltas leves, aínda que sexan de distinta natureza e sempre que mediase sanción distinta da amoestación verbal, dentro dun trimestre.

3. Consideraranse como faltas moi graves:

A) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo en dez ocasións durante seis meses ou en vinte durante un ano.

B) A inasistencia inxustificada ó traballo durante tres días consecutivos ou cinco alternos nun período dun mes.

C) A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas ou a apropiación, furto ou roubo de bens propiedade da empresa, de compañeiros ou de calquera outra persoa dentro das dependencias da empresa ou durante a xornada de traballo noutro lugar.

D) A simulación de enfermidade ou accidente ou a prolongación da baixa por enfermidade ou accidente coa finalidade de realizar calquera traballo por conta propia ou allea.

E) O quebrantamento ou violación de segredos de obrigada reserva que produza grave prexuízo para a empresa.

F) A embriaguez e a drogodependencia durante o traballo, sempre que afecte negativamente o rendemento.

G) A realización de actividades que impliquen competencia desleal á empresa.

H) As derivadas dos números 1.D) e 2.F), L) e M) do presente artigo

I) A diminución voluntaria e continuada no rendemento do traballo normal ou pactado.

J) A inobservancia dos servicios de mantemento en caso de folga.

K) O abuso de autoridade exercido por quen desempeñe funcións de mando.

L) O acoso sexual.

LL) A reiterada non utilización dos elementos de protección en materia de seguridade e hixiene.

M) A reincidencia ou reiteración na comisión de faltas graves, considerando como tal aquela situación na que, con anterioridade ó momento da comisión do feito, o traballador fose sancionado dúas ou máis veces por faltas graves, mesmo de distinta natureza, durante o período dun ano.

Artigo 47º.-Sancións.

1. As sancións máximas que poderán impoñerse pola comisión das faltas enumeradas no artigo anterior, son as seguintes:

A) Por falta leve: amoestación verbal ou escrita e suspensión de emprego e soldo de ata dous días.

B) Por falta grave: suspensión de emprego e soldo de tres a catorce días.

C) Por falta moi grave: suspensión de emprego e soldo de catorce a un mes, traslado a centro de traballo de localidade distinta durante un período de ata un ano e despedimento disciplinario.

2. As anotacións desfavorables que como consecuencia das sancións impostas puidesen facerse constar nos expedientes persoais quedarán canceladas ó se cumpriren os prazos de dous, catro ou oito meses, segundo se trate de falta leve, grave ou moi grave.

Capítulo IX

Compensación e garantía

Artigo 48º.-Compensación e absorción.

Os aumentos de retribución que poidan producirse con posterioridade á data de entrada en vigor deste convenio, por disposicións legais de xeral aplicación, unicamente terán eficacia práctica cando, consideradas globalmente e en cómputo anual, as novas retribucións superen as actualmente pactadas. En caso contrario, aqueles aumentos serán absorbidos por estas últimas.

Artigo 49º.-Garantía ad personam.

As retribucións que se fixan neste convenio enténdense que son mínimas, debendo respectarse as condicións máis beneficiosas que con anterioridade ó presente convenio se establecesen ou poidan establecerse durante o seu período de vixencia, manténdose con carácter estrictamente persoal e soamente para os traballadores que se vexan afectados, mentres non sexan absorbidas ou superadas pola aplicación de futuras normas laborables.

8320