Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 17 de setembro de 1998 Páx. 10.409

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 9 de setembro de 1998 pola que se regula a concesión de axudas para pequenas empresas, empresas artesanais e de servicios con actividades vinculadas ó mar.

Nunha situación da pesca como a actual cunha forte diminución dos recursos pesqueiros, a única posibilidade de xerar emprego neto no sector pasa por aquelas actividades que incorporan valor enga

dido nos productos pesqueiros, prestan servicios ás empresas pesqueiras ou desenvolven os recursos locais de calquera tipo. Isto permite por un lado manter unha masa crítica mínima no sector mar, e por outro, xerar actividade económica alternativa á pesca extractiva e ás industrias que nela se sustentan.

Ámbalas dúas alternativas son necesarias para poder manter a longo prazo un sector pesqueiro punteiro. Na primeira dirección porque unha masa de actividade suficiente no sector mar permite mante-lo saber facer que ó longo dos anos se foi adquirindo e, na segunda, porque permitirá recupera-los recursos mariños ata niveis que permitan mellora-la rendibilidade e garanti-la continuidade das empresas pesqueiras.

A reducción das flotas e da actividade pesqueira ten unha gran incidencia naquelas zonas altamente dependentes da pesca, non só polo que ten de diminución da actividade económica, senón polo que se refire ás esperanzas das poboacións afectadas que parecen verse abocadas a un futuro sen saída. Para evitar isto precísanse accións de apoio ó desenvolvemento de novas actividades vinculadas ó mar especialmente as que se apoien nos recursos locais de calquera tipo.

A Iniciativa Comunitaria Pesca recolle entre as súas propostas o apoio ás iniciativas que teñan como fin a creación ou desenvolvemento de pequenas empresas, empresas artesanais ou de servicios liga

das ó desenvolvemento dos recursos locais e vinculadas ó sector mar, ben sexa pola orixe das súas materias primas, polo obxecto das actividades que realiza, ou pola pertenza dos seus membros ás poboacións pescadoras.

No programa presentado pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura á dita iniciativa, inclúese unha liña de apoio á creación ou desenvolvemento deste tipo de empresas, que é conveniente desenvolver tendo en conta a situación de moitas das nosas comunidades pesqueiras e vinculadas a procesos de formación de xoves e as empresas de economía social. Polo exposto,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Convocar axudas para pequenas empresas, empresas artesanais e de servicios con actividades vinculadas ó mar conforme as normas contidas na presente orde, garantindo os preceptos legais de igualdade, concorrencia e publicidade.

As axudas concederanse con cargo á partida orzamentaria 12. 04. 771.0 e 771.1 do programa 752.A. Servicios ás actividades marítimas do orzamento da Comunidade Autónoma de Galicia para 1998 por un importe máximo de 20.000.000 e 10.000.000 de ptas.

Artigo 2º.-Investimentos elixibles.

Os investimentos que poderán acollerse a estas axudas serán aqueles que teñan por finalidade:

1. A construcción de novas instalacións ou a modernización das existentes.

2. A adquisición e instalación de maquinaria e equipos necesarios para o desenvolvemento da actividade.

3. A adquisición de vehículos adaptados cando sexan necesarios para o desenvolvemento da actividade ou a súa base.

Artigo 3º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios das axudas as empresas de creación posterior ó 1 de xaneiro de 1998, tanto se o titular é persoa fisica coma xurídica, que empreguen menos de 50 traballadores, que estean legalmente constituídas e que cumpran os requisitos da presente orde cando presenten proxectos de investimento:

1. Que teñan como fin o desenvolvemento de actividades:

a) Que incrementen directamente o valor engadido dos productos pesqueiros mediante o seu procesado, envasado ou transformación.

b) Que melloren os procesos de comercialización e distribución dos productos pesqueiros.

c) Que presten servicios, sexan auxiliares ou complementarios das empresas pesqueiras ou das de transformación dos productos da pesca.

2. Que teñan como fin a realización de calquera outra actividade vinculada ó mar, sempre e cando estean promovidas por pescadores que abandonen a pesca extractiva, ou ben por mulleres ou mozos de comunidades pescadoras que teñan participado en cursos de formación orientados a este tipo de actividade, impartidoso ou controlados por unha Administración pública.

Tódolos beneficiarios deberán ter o seu domicilio social, no caso das entidades, ou particular, no caso de persoas físicas, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4º.-Contía e límites da axuda.

As axudas concederanse en relación coas cantidades solicitadas e nas contías que permitan as dispoñibilidades orzamentarias e co límite máximo do 60 % do importe financiable, que se deduza do proxecto presentado para a solicitude da axuda.

Artigo 5º.-Compatibilidade da axuda.

A percepción desta axuda poderá ser compatible con calquera outra que concedan as diversas administracións públicas para a mesma finalidade, sempre que o conxunto delas mesmas non supere a limitación establecida na disposición cuarta desta orde. No caso de que fosen superadas estas limitacións, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura minorará o importe da axuda concedida ata alcanza-lo máximo porcentual permitido.

Artigo 6º.-Presentación das solicitudes.

As solicitudes axustaranse ó modelo do anexo que se poderá recoller nos servicios centrais ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, debendo ser presentadas nas delegacións territoriais correspondentes, ou ben a través do mecanismo establecido no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 7º.-Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo para a presentación de solicitudes rematará ós 60 días naturais contados a partir do seguinte ó da súa publicación.

Artigo 8º.-Documentación.

Xunto coa solicitude deberá presentarse a seguinte documentación:

1. Fotocopia compulsada do DNI do solicitante.

2. Fotocopia compulsada dos estatutos da sociedade e certificación do órgano competente na que se especifique o acordo polo que se concede autorización para face-la solicitude ó asinante dela. Se actuase en virtude de atribucións fixadas nos estatutos, indicarase así na solicitude, citando a disposición que recolle a competencia e xuntando unha certificación do órgano competente na que se acredite o desempeño actual do cargo.

3. Fotocopia da tarxeta de identificación fiscal, ou NIF, segundo se trate de persoas xurídicas ou físicas.

4. Certificación bancaria onde conste o titular, o número de conta e as claves do banco e da sucursal, así como o enderezo desta, para efectos do pagamento da axuda.

5. Memoria descritiva do obxecto do investimento, onde conste a súa localización e características principais e a xustificación dela; relación das actividades que xa realiza ou proxecte realiza-la empresa, da función que dentro delas vai realiza-la nova infraestructura, relación con outras actividades propias ou da zona, impacto económico e social que representa, postos de traballo fixos e temporais que crea e outras que se considere de interese.

6. Proxecto técnico (se é necesario) de realización da infraestructura ou equipamento, indicando características físicas e xeométricas das distintas instalacións, planos e orzamento de execución, asinado polo técnico competente segundo corresponda.

7. Memoria económica que teña en conta os seguintes aspectos:

a) Plan económico e estudio de viabilidade no que se indique a parte que corresponde a recursos propios da entidade solicitante e a axudas percibidas ou solicitadas para o mesmo fin procedentes de calquera Administración estatal, autonómica, local ou institucional, resultados esperados, amortización do investimento, etc.

b) Calendario de investimentos e plan de financiamento por anos.

c) Declaración de calquera tipo de axuda xa solicitada ou concedida ou que se pretenda solicitar a calquera Administración pública, destinada a subvencionar en todo ou en parte o proxecto presentado para acollerse a esta orde.

8. Declaración xurada de estar ó día nas obrigas fiscais e tributarios e de non ter débedas coa Xunta de Galicia.

9. Os que acrediten que o solicitante está en posesión das autorizacións e permisos necesarios para a realización da actividade e o investimento. En calquera caso será necesaria a súa presentación para o pagamento da axuda.

10. Certificado de situación de realización do investimento para o que se solicita a axuda no momento da solicitude.

11. Os que acrediten os datos rexistrais da empresa ou entidade (escrituras, poderes e imposto de actividades económicas ou equivalentes), se é o caso.

Artigo 9º.-Tramitación e resolución.

Á vista das solicitudes e documentación presentadas, o Servicio de Extensión Pesqueira da Con

sellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura solicitará a ampliación de datos ou os informes que considere necesarios, e efectuará as comprobacións pertinentes; seguidamente formularalle a proposta de resolución favorable ou denegatoria de cada solicitude ó director xeral de Formación Pesqueira e Investigación, na contía que se considere oportuna en función das dispoñibilidades do crédito existente.

O director xeral dictará resolución de concesión ou denegación da axuda solicitada, tendo en conta as prioridades e limitacións establecidas nesta disposición, no prazo máximo de tres meses desde o remate do prazo de presentación de solicitudes. No caso de non recaer resolución expresa de concesión, a solicitude quedará desestimada.

Artigo 10º.-Criterios obxectivos de prioridade.

Para a concesión das axudas establécense os seguintes criterios de prioridade que se terán en conta ó establece-lo baremo de adxudicación:

1. De primeira orde:

1.1. Terán preferencia as solicitudes presentadas por empresas de economía social e autónomos sobre o resto de peticionarios.

1.2. Terán preferencia as empresas constituídas maioritariamente por mulleres e mozos sobre as demais (máis do 75% dos socios).

2. De segunda orde:

2.1. Terán preferencia as solicitudes presentadas para empresas de transformación de productos pesqueiros e mariños sobre as demais.

2.2. Terán preferencia as solicitudes que xeren máis empregos por investimento realizado.

2.3 Terán preferencia as empresas que se instalen en concellos dependentes da pesca e menores de 15.000 habitantes.

No caso de igualdade de condicións valorarase a innovación da actividade obxecto da axuda e o interese para a zona onde se vaia realizar e a actividade inducida polo investimento.

Artigo 11º.-Prazo de realización.

O prazo no que debe ser realizada a actividade para a que se concede a axuda, será fixado na resolución de concesión de axuda, sen que en ningún caso poida exceder do 31 de decembro do ano 1998.

Cando o beneficiario considere que non pode remata-lo proxecto dentro do prazo sinalado, antes de rematar este poderá solicitar unha prórroga, expoñendo as razóns polas que non pode cumprir co devandito prazo, e presentando unha pequena memoria onde se especifique o grao de realización da actividade obxecto da axuda.

O director xeral dictará resolución pola que se aprobe ou denegue a prórroga solicitada; no caso de que sexa aprobada non poderá exceder de dous meses a partir do remate do prazo establecido na resolución de concesión da axuda. O incumprimento do prazo de execución dará lugar á revogación da concesión da axuda.

Artigo 12º.-Control das actividades obxecto das axudas.

A Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura a través das súas delegacións territoriais reserva para si a facultade de realiza-las comprobacións, inspeccións e controis que considere oportunos, verificando o cumprimento da finalidade da axuda. Para tal fin, o beneficiario deberá comunicar por escrito o inicio do investimento obxecto de axuda con prazo suficiente para poder efectua-las comprobacións que se estimen oportunas.

Os beneficiarios das axudas quedarán suxeitos, tanto ás actuacións de comprobación que acorde a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, como ás de control financeiro que lle correspondan á Consellería de Economía e Facenda e ás previstas na lexislación do Consello de Contas.

No suposto de que unha vez notificada a resolución de concesión houbera algunha variación no calendario, nos prazos de execución do investimento sinalado na memoria de solicitude, ou en calquera outro aspecto, seralle comunicada á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación coa antelación suficiente para que poida realiza-las comprobacións que considere necesarias, para os efectos de aprobar ou denega-la devandita modificación.

A Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación establecerá as medidas necesarias, para efectos de face-la comprobación efectiva da realización das finalidades obxecto da axuda.

Artigo 13º.-Pagamento das axudas.

Finalizada a execución do proxecto no prazo sinalado, ou no que resultase como consecuencia da prórroga concedida, a entidade beneficiaria deberalle presentar ó Servicio de Extensión Pesqueira, dentro do prazo dun mes, a seguinte documentación:

a) Facturas orixinais dos gastos realizados, xunto cunha relación delas cos importes agrupados polos conceptos que se describiron na memoria de solicitude, xunto cos documentos xustificativos do seu aboamento.

b) Declaración xurada na que se expresen as axudas solicitadas, concedidas ou percibidas para o mesmo fin por calquera organismo estatal, autónomo, local ou institucional.

c) Memoria sinxela de realización do investimento onde se indiquen as incidencias habidas na súa execución.

d) Certificación de estar ó día nas obrigas sociais e tributarias expedidas pola Axencia Tributaria e a Tesourería da Seguridade Social segundo corresponda.

e) Certificación de non ter débedas coa Xunta de Galicia expedido pola Consellería de Economía e Facenda.

A Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación certificará a execución completa do investimento obxecto da axuda despois de realiza-las comprobacións oportunas.

Artigo 14º.-Pagamentos con carácter de anticipo.

Os beneficiarios poderán solicitar pagamentos parciais, ata un máximo do 80% da axuda concedida. O seu aboamento farase logo de solicitude polo beneficiario e xustificación dos gastos realizados segundo o estipulado no artigo 13º e constitución dun aval bancario a favor da Xunta de Galicia, segundo o determinado na Lei de contratos das administracións públicas, pola cantidade que hai que aboar e ata o remate do investimento obxecto da axuda e a súa xustificación total.

O resto da axuda librarase unha vez rematado o investimento, segundo o disposto no artigo anterior. No caso de non ser finalizado o investimento o beneficiario está obrigado a reintegra-las cantidades recibidas con carácter de anticipo.

Artigo 15º.-Outras condicións.

O beneficiario comprométese a manter aberto e en funcionamento a instalación obxecto da axuda por un período mínimo de tres (3) anos contados a partir da data de xustificación da finalización do investimento.

Artigo 16º.-Obrigas de información.

En toda a documentación pública relacionada co investimento obxecto da axuda, farase constar que estes se realizaran cunha axuda da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura e con financiamento da Unión Europea a través da Iniciativa Comunitaria Pesca.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación para dicta-las resolucións necesarias para o desenvolvemento desta disposición.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 1998.

P.D. (17-12-1997, DOG nº 246, do 22)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura

7484