Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 17 de setembro de 1998 Páx. 10.407

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 5 de setembro de 1998 pola que se convoca o Premio Eugenio Montero Ríos de Investigación Social e o Premio para Investigadores Mozos (área de ciencias sociais), correspondentes ós Premios Galicia de Investigación 1998.

O Decreto 202/1998, do 25 de xuño, crea os Premios Galicia de Investigación para recompensa-lo traballo de investigadores prestixiosos realizado desde Galicia, por galegos e en prol de Galicia para estimula-los investigadores mozos e para favorece-lo recoñecemento social do seu labor, así como o papel da investigación como promotora do desenvolvemento a través da innovación empresarial. Procede agora ordena-la convocatoria dos devanditos premios correspondentes ó ano 1998, de acordo coas bases establecidas no decreto. Por iso, por a proposta da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo 1º

Convócase o Premio Eugenio Montero Ríos de Investigación Social, correspondente ó ano 1998, consonte as seguintes bases:

Primeira.-O premio estará dotado con 6.000.000 de ptas. que se aboarán con cargo á partida orzamentaria 04.07.432A.480.O do orzamento de gastos da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para o ano 1998, así como un diploma acreditativo e un medallón esculpido en bronce, coa efixie e o nome de Eugenio Montero Ríos no anverso e coa inscrición «Premio Galicia de Investigación Social 1998. Xunta de Galicia» e o nome do galardoado no reverso.

Segunda.-Poderán optar ó premio Eugenio Montero Ríos de Investigación Social aquellas persoas que veñan realizando investigación, polo menos, desde hai quince anos na área de ciencias sociais e que se encadren en nalgunha das seguintes letras:

a) Os investigadores adscritos a centros públicos ou privados de investigación situados en Galicia.

b) Os investigadores galegos non vinculados a centros situados en Galicia.

c) Os investigadores que, non estando incluídos en ningunha das letras anteriores, abordasen temas directamente relacionados con Galicia.

Terceira.-Para concorrer ó premio, os candidatos serán propostos por algunha institución académico-científica, pública ou privada, ou estarán avalados, alomenos, por dez investigadores da área, no caso de que concorran por iniciativa propia.

Cuarta.-As candidaturas, formalizadas no modelo oficial que se publica como anexo I á presente orde, irán acompañadas da seguinte documentación:

a) Currículum vitae completo do candidato (pro sextuplicado).

b) Breve memoria na que se xustifica que o traballo do candidato o fai acredor do premio (por sextuplicado).

c) Copia dalgunhas publicacións máis relevantes, ata un máximo de dez.

d) Calquera outra documentación que se considere oportuna.

Quinta.-As solicitudes presentaranse ata o 25 de outubro na Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, Xunta de Galicia, situada na rúa Feáns, 7 local C, 15706, Santiago de Compostela, ou por calquera dos procedementos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común.

Sexta.-O xurado será nomeado polo conselleiro da Presidencia e Administración Pública e estará formado por sete expertos na área, dos cales un actuará como presidente. Tres deles poderán ser propostos polas universidades do sistema universitario de Galicia, un por cada unha. OUtro polas outras institucións académico-científicas galegas competentes na área. Os restantes pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, que tamén propoñerá un funcionario que exercerá as funcións de secretario sen dereito a voto. O xurado elaborará a súa proposta tendo en conta a relevancia das contribucións realizadas na área polos candidatos presentados.

Artigo 2º

Convócase o Premio de Investigación Social para Investigadores Mozos correspondente á convocatoria de 1998, consonte as seguintes bases:

Primeira.-O premio estará dotado con 1.000.000 de ptas., con cargo á práctica orzamentaria 04.07.432A.480.O do orzamento de gastos da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para o ano 1998 así como un diploma acreditativo.

Segunda.-Poderán concorrer a este premio os investigadores que poidan encadrarse nalgunha das letras da base segunda do artigo 1º desta orde, sempre que non transcorresen máis de sete anos desde a presentación da súa tese de doutoramento.

Terceira.-As solicitudes dos candidatos, formalizadas non modelo oficial que se publica como anexo II á presente orde, irán acompañadas da seguinte documentación:

a) Currículum vitae completo (por sextuplicado).

b) Breve memoria xustificativa de que o traballo do candidato o fai acredor ó premio (por sextuplicado).

c) Copia das publicacións máis relevantes, ata un máximo de cinco.

d) Calquera outra documentación que se considere oportuna.

Cuarta.-O prazo e lugar de presentación das solicitudes serán os establecidos na base quinta do artigo 1º desta orde.

Quinta.-Actuará como xurado o establecido na base sexta do artigo 1º desta orde, que elaborará a súa proposta en atención ó esforzo e á creatividade dos candidatos presentados.

Artigo 3º

Os premios poderán ser declarados desertos. Os xurados adoptarán os seus acordos por maioría simple, dirimindo o voto de calidade do presidente no caso de empate. Os acordos dos xurados serán inapelables. Os xurados trasladarán as súas propostas á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, que pola súa banda llas elevará ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública para a súa resolución definitiva. A resolución, que porá fin a vía administrativa, publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 4º

Os premios obxecto desta convocatoria, unha vez resoltos, serán entregados en acto público que se anunciará oportunamente.

Artigo 5º

A convocatoria, as súas bases e todos cantos actos administrativos se deriven dela, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Secretario Xeral de Investigación e Desenvolvemento

8397