Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 17 de setembro de 1998 Páx. 10.403

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 9 de setembro de 1998 de modificación da do 23 de xuño de 1998, pola que se nomean os vocais do Consello de Administración das autoridades portuarias da Coruña, Ferrol-San Cibrao, Marín-Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e Vigo.

Pola Orde do 23 de xuño de 1998, designáronse os vocais do Consello de Administración das autoridades portuarias da Coruña, Ferrol-San Cibrao, Marín-Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e Vigo, en virtude dos acordos do Consello da Xunta de Galicia do 5 e 26 de marzo de 1998 que facultan o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das competencias que a Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de novembro, lles atribúe ás comunidades autónomas para a designación e separacións

dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado, situados no seu territorio.

Recibidas as novas propostas feitas polas Cámaras Oficiais de Comercio, Industria e Navegación da Coruña, Vigo e Vilagarcía de Arousa, como consecuencia da renovación electoral dos órganos de goberno destas cámaras, consonte o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, segundo a súa redacción aprobada pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, é polo que

DISPOÑO:

Designar e nomea-los seguintes vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias e en representación das administracións que a seguir se relacionan:

Autoridade portuaria da Coruña:

-En representación da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación da Coruña:

* Julio Rey Corral, en substitución de Jesús García Fernández.

Autoridade portuaria de Vilagarcía de Arousa:

-En representación da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vilagarcía de Arousa:

* Ramón Barros Lage en substitución de Manuel Barreiro Romero.

* Daniel Otero Rey, en substitución de Manuel Alfonso Leiro.

Autoridade portuaria de Vigo:

-En representación da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo:

* José Silveira Cañizares, en substitución de Patricio Sáez Torres.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 1998.

Xosé Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda

8393