Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 16 de setembro de 1998 Páx. 10.398

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a adxudicación da concesión administrativa da redacción dos proxectos, construcción e explotación de dous aparcamentos subterráneos no subsolo da rúa Urzáiz e praza da Independencia de Vigo.

1. Entidade adxudicante. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Patrimonio e Contratación. Nº de expediente: 11395/240.

2. Obxecto do contrato. Descrición: redacción do proxecto básico e subseguintes proxectos de execución, construcción de dous aparcamentos subterráneos e a explotación do servicio de estacionamento para vehículos automóbiles nos subsolos da rúa Urzáiz e na praza da Independencia de Vigo.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo da concesión: máximo 75 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Canon mínimo: 2.000 ptas./praza aparcamento no aparcamento da rúa Urzáiz.

1.000 ptas./praza aparcamento no aparcamento na praza da Independencia.

5. Garantías. Provisional: 5.000.000 de ptas.

Definitiva: tres por cento do valor do dominio público ocupado e do orzamento de execución material das obras de cada aparcamento.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono 986 81 01 48. Fax 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: se o contratista executase por so as obras ou, de se-lo caso, a empresa coa que contrate a execución das obras obxecto do contrato terá que acredita-la seguinte clasificación:

Grupo A, subgrupo 1; grupo C, subgrupo 2.

A categoría de cada grupo será a que resulte do importe do proxecto básico, calculada na forma prevista para os contratos de obras na Orde do 24 de marzo de 1968 e disposicións complementarias que a modifiquen.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas. Data límite: 30 días hábiles seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra, no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.

Documentación: a esixida na cláusula XXII do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas. Entidade, domicilio e localidade: Secretaría Xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións, exposición ó público do prego de condicións: o prego de condicións administrativas e técnicas que rexerán a concesión administrativa de dominio público dos aparcamentos subterráneos, expoñerase ó público durante trinta días hábiles, para efectos de reclamacións ou suxestións polas persoas interesadas, a partir da inserción deste anuncio no BOP de Pontevedra.

As reclamacións presentaranse no rexistro xeral do Concello de Vigo en idéntico prazo ou por calquera dos procedementos previstos na lei.

11. Gastos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 9 de setembro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

8429