Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 16 de setembro de 1998 Páx. 10.398

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización dos terreos de Refrey.(Expediente 4076/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 21 de agosto de 1998, acordou definitivamente o proxecto de urbanización dos terreos da fábrica de Refrey, redactado polo arquitecto José E. Pérez-Ardá Criado, e o enxeñeiro técnico de obras públicas Luis A. Navarro Carbajal, visado os días 9 de marzo e 13 de maio de 1998 e a nova documentación sobre iluminación pública de xuño de 1998.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 8 de setembro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde, presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

8428