1. Entidade adxudicadora. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Infraestructuras e Obras, Patrimonio e Contratación. Nº de expediente: 24406/450.
2. Obxecto do contrato. Descrición: execución das obras do proxecto de mellora de pavimento do camiño de Fragoselo (da C-550 ó límite do termo municipal).
Lotes: non.
Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).
Prazo de execución: tres meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento base: 24.778.529 ptas.
5. Garantías. Provisionais: dispensada.
6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono 986 81 01 48. Fax 986 81 02 40.
Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.
Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira na forma prevista nos artigos 16 e 17 da Lei de contratos das administracións públicas.
8. Presentación de ofertas. Prazo: 26 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e Diario Oficial de Galicia.
Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.
Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.
Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Apertura de ofertas. Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.
Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.
10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 8 do prego de condicións.
11. Gastos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.
Vigo, 9 de setembro de 1998.
Manuel Pérez Álvarez
Alcalde
8430