Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 16 de setembro de 1998 Páx. 10.396

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CAÑIZA

ANUNCIO.

No BOP nº 112, do 15 de xuño de 1998, publícanse de xeito definitivo as bases que rexerán a convocatoria pra prover, en propiedade, as seguintes prazas, incluídas na oferta de emprego público deste concello correspondente ó ano 1998:

Funcionarios de carreira:

Grupo: D.

Clasificación: escala Administración especial.

Vacantes: 1.

Denominación: policía local.

Persoal laboral:

Nivel de titulación: A.

Denominación do posto: encargado gabinete-alcaldía e relación cos medios de comunicación.

Categoría: técnico.

Vacantes: 1.

Nivel de titulación: C.

Denominación do posto: auxiliar-recepcionista.

Categoría: auxiliar.

Vacantes: 1.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o seguinte a aquel no que se teña publicado o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. As bases das convocatorias estarán, así mesmo, á disposición das persoas interesadas na secretaría xeral do concello.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no BOP de Pontevedra, e no taboleiro de anuncios do concello.

A Cañiza, 22 de xuño de 1998.

Manuel Gregorio Pérez

Tenente de alcalde

7664