Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 16 de setembro de 1998 Páx. 10.396

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CAÑIZA

ANUNCIO de concurso.

1. Entidade adxudicadora:

Concello da Cañiza.

Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto do contrato: subministración dun tractor desbrozadora con remolque, con destino ós servicios operativos municipais, de acordo coas determinacións contidas no prego de prescricións técnicas.

Lugar de entrega: Casa do Concello.

Prazo de entrega: un mes desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación.

8.600.000 pesetas (inclúen tódolos impostos e gastos que se xeren).

5. Garantía.

Provisional: 172.000 ptas.

Definitiva: 344.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

Lugar: Secretaría Xeral do Concello.

Prazo : durante os trece días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG.

7. Presentación das ofertas.

Prazo de presentación: durante os trece días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG.

Documentacion que hai que presentar: a esixida no prego de condicións.

Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello da Cañiza.

8. Apertura das ofertas.

A mesa de contratación procederá á apertura das plicas no segundo día hábil seguinte ó do remate do prazo para a súa presentación, no salón de comisións da Casa do Concello.

9. Gastos.

Serán por conta do adxudicatario tódolos gastos que se puidesen xerar pola publicación dos correspondentes anuncios, toda clase de tributos derivados do contrato, e os de transporte, entrega e matriculación do vehículo.

A Cañiza, 26 de xuño de 1998.

Manuel Gregorio Pérez

Tenente de alcalde

7665