Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 16 de setembro de 1998 Páx. 10.395

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 475/98 e oito máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, ás que non se lles puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo.

Desígnase instructor do expediente o xefe do Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior, Rafael López Charques e secretaria a xefa do Negociado, Inés Docando Casanova, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992 (BOE do 27 de novembro).

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior desta delegación provincial, e para presentar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13 d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993 (BOE do 9 de agosto), determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para a imposición da sanción o delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (DOG do 30 de setembro).

Lugo, 19 de agosto de 1998.

José Mª Fernández Olea

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Nome-DNI/NIF-Nº Expediente-Precepto

infrinxido

-Último domicilio-Multa

José Expósito Pena33.317.419LU-E 475/9823 e) LO

1/1992

Momán, 19, CospeitoAta 50.000 ptas.

Manuel Manteica RodríguezLU-E 500/9823 e) LO

1/1992

Estrada A Coruña, 597 LugoAta 5.000.000 de ptas. e/ou clausura ata 6 meses

Mª del Carmen Álvarez Pérez76.938.963LU-E 486/9826 e) LO

1/1992

Avda. Calvo Sotelo, 30-1º D

Ribadeo

Ata 50.000 ptas.

Sodofer, S.L.LU-E 501/9826 e) LO

1/1992

Rúa San Roque, 58

Lugo

Ata 50.000 ptas.

Mar Ribadeo, C.B. (Manuel Cociña Díaz, Antonio Adolfo Díaz Pérez e Rocío Pertejo Vispo)LU-E 493/9823 o) en relación có 26 e) LO 1/1992Rúa Pasarón e Lastra, s/n

Ribadeo

Ata 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión licencia apertura ata 6 meses

Manuel A. Rodríguez Fontao33.859.419LU-E 482/9826 e) LO

1/1992

Rúa Pintor Luis Seoane, 26

Lugo

Ata 50.000 ptas.

Juan Rogero Ayllón35.556.655LU-E 490/9826 e) LO

1/1992

Avda. Carrero Blanco, 266-6º E

Lugo

Ata 50.000 ptas.

Antonio Rodríguez Franco33.991.955LU-E 494/9826 e) LO

1/1992

Rúa Rego, Ed. Costa Blanca, Esc. 4-1º D

Foz

Ata 50.000 ptas.

Mª Carmen Muñoz Bermúdez31.987.012LU-E 472/9826 e) LO

1/1992

Rúa Río Lor, 38-2º

Lugo

Ata 50.000 ptas.

7666