Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 16 de setembro de 1998 Páx. 10.394

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 1998 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, da subministración consistente na adquisición dun sistema de cromatografía líquida de alta resolución para purificación de proteínas con destino ó Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición dun sistema de cromatografía líquida de alta resolución para purificación de proteínas con destino ó Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) Número de unidades que hai que entregar: as que se especifican no prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número: un lote.

d) Lugar de entrega: Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Abegondo-A Coruña).

e) Prazo de execución: un (1) mes, contado a partir da data de sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cinco millóns duascentas mil pesetas (5.200.000 ptas.)

5. Garantías.

Provisional: cento catro mil pesetas (104.000 ptas.)

Definitiva: duascentas oito mil pesetas (208.000 ptas.)

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Centro Galego de Investigacións e Tecnoloxía Agraria da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Teléfono: 981 54 66 82.

e) Telefax: 981 54 66 76.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, excepto sábados, desde las 9 a las 14 horas.

También se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet no enderezo: http://xunta.es.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non é necesaria.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 13 de outubro de 1998.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas de la Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidad: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 16 de outubro de 1998.

e) Hora: 14 horas.

10. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, do 17 de decembro)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

8199