Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 16 de setembro de 1998 Páx. 10.393

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/185-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Hidreléctrica de Laracha, S.L.

Enderezo social: Tenente Xeneral Gómez Zamalloa, 9-1º, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T. aérea.

Situación: Laracha.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 412 metros de lonxitude en conductor LA-30, que parte da L.M.T. Viso-Brumións-Zantoxa e remata no C.T. que se construirá de 50 kVA en Cernadas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 18 de agosto de 1998.

O delegado provincial da Coruña en funcións

Rubricado

8417