Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 16 de setembro de 1998 Páx. 10.393

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/345-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Hidreléctrica de Laracha, S.L.

Enderezo social: Tenente Xeneral Gómez Zamalloa, 9-1º, Est. 6, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. interconexión Laracha I-Laracha e derivacións.

Situación: Laracha (A Coruña).

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 1.677 metros de lonxitude en conductor LA-56, que

parte da L.M.T. Centulle-Xesta-Pazos e L.M.T. Fonteseca-Orxeiras-Vilar de Bois. Ramal que parte da L.M.T. anterior de 65 metros e final no C.T. Gosende que se vai construír de 25 kVA. Ramal que parte da L.M.T. principal de 267 metros e final no C.T. Vilar que se vai construír de 50 kVA Laracha.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 18 de agosto de 1998.

O delegado provincial da Coruñaen funcións

Rubricado

8113