Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 16 de setembro de 1998 Páx. 10.393

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete á información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/174-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese á información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eléctrica Los Molinos, S.L.

Domicilio social: Ponte, 15, 36820 Ponte Caldelas.

Denominación: L.M.T. e C.T. Valderrosa-centro de ensino secundario.

Situación: Ponte Caldelas.

Descricións técnicas: L.M.T. aéreo-subterránea, a 15/20 kV, de 674 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos, e 191 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 3 da L.M.T. Coveliño, rematando no C.T. que se proxecta en Valderrosa, no centro de ensino secundario, concello de Ponte Caldelas, C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15/20 kV-398/230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 6 de agosto de 1998.

P.A.

Rafael Rubio Maquieira

Secretario provincial de Pontevedra

8114